Karl Verner
Aparencia
(1878) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de marzo de 1846 Aarhus |
| Morte | 5 de novembro de 1896 Frederiksberg |
| Lugar de sepultura | cemiterio de Bispebjerg |
| Educación | Aarhus Katedralskole |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Lingüística e xermanística |
| Ocupación | antropólogo, lingüista |
| Empregador | Universidade de Copenhague |
| Membro de | |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947) Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Karl Adolf Verner, nado en Århus o 7 de marzo de 1846 e morto en Copenhague o 5 de novembro de 1896, foi un filólogo danés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Verner é coñecido sobre todo polo seu artigo "Eine Ausnahme der ersten Lautverschiebung", Unha expepción á primeira mutación consonántica (1875), no que apareceu unha nova lei fonética chamada Lei de Verner na honra do seu descubridor, que é válida para explicar, mediante a comparación, algúns fenómenos fonéticos que ata daquela se consideraban simples excepcións (mesmo Verner usa o termo 'Ausnahme', 'excepción') á primeira mutación consonántica xermánica, comunmente coñecida como Lei de Grimm.