Brassica oleracea gongylodes: Diferenzas entre revisións
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9) |
Sen resumo de edición |
||
Liña 28: | Liña 28: | ||
== Contido nutricional == |
== Contido nutricional == |
||
[[Ficheiro:Kålrabbi,_Iduns_kokbok.jpg|miniatura|''Brassica oleracea gongylodes''.]] |
[[Ficheiro:Kålrabbi,_Iduns_kokbok.jpg|miniatura|''Brassica oleracea gongylodes''.]] |
||
{{Valor nutricional |
|||
| name=Col ravo |
|||
| kh=03 |
|||
| water= 91.00 g |
|||
| protein=1.7 g |
|||
| fat=0.1 g |
|||
| carbs=6.2 g |
|||
| fiber=3.6 g |
|||
| sugars=2.6 g |
|||
| calcium_mg=24 |
|||
| iron_mg=0.4 |
|||
| magnesium_mg=19 |
|||
| phosphorus_mg=46 |
|||
| potassium_mg=350 |
|||
| sodium_mg=20 |
|||
| manganese_mg=0.139 |
|||
| selenium_ug=0.7 |
|||
| vitA_ug=2 |
|||
| thiamin_mg=0.05 |
|||
| riboflavin_mg=0.02 |
|||
| niacin_mg=0.4 |
|||
| pantothenic_mg=0.165 |
|||
| vitB6_mg=0.15 |
|||
| vitB12_ug=0 |
|||
| folate_ug=16 |
|||
| vitC_mg=62 |
|||
|vitD_ug=0 |
|||
| vitE_mg=0.48 |
|||
| vitK_ug=0.1 |
|||
| source_usda = 1 |
|||
| note=[http://ndb.nal.usda.gov/ndb/search/list?qlookup=11241&format=Full Ligazón á base de datos USDA] |
|||
}} |
|||
''Brassica oleracea gongylodes'' pódese comer tanto cru como cocido (non máis dun cuarto de hora). Adoita ter un alto contido de elementos nutritivos como o [[selenio]], [[vitamina B]], ácido fólico, [[vitamina C]], [[potasio]], [[magnesio]] e [[cobre]] que adoitan achegar unha enerxía de 24 kcal/100 g.<ref>''Souci.Fachmann. Kraut 1994''</ref> |
''Brassica oleracea gongylodes'' pódese comer tanto cru como cocido (non máis dun cuarto de hora). Adoita ter un alto contido de elementos nutritivos como o [[selenio]], [[vitamina B]], ácido fólico, [[vitamina C]], [[potasio]], [[magnesio]] e [[cobre]] que adoitan achegar unha enerxía de 24 kcal/100 g.<ref>''Souci.Fachmann. Kraut 1994''</ref> |
||
Revisión como estaba o 11 de abril de 2019 ás 16:17
Brassica oleracea gongylodes | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Brassica oleracea var. gongylodes L. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome trinomial | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
(L.) Schübl. & G. Martens[1] |
Brassica oleracea gongylodes, ou col ravo, é unha planta da familia das crucíferas. Denominada no norte de Europa moi frecuentemente como Kohlrabi (xerm. kohl + rabí). É unha variedade de col con gran parte á inchume que posúe a súa carne, de forma case esférica (xocosamente comparada co Sputnik pola súa similitude na forma).
O Kohlrabi foi creado por selección artificial para ser unha planta de crecemento de tipo meristema, a súa orixe na natureza é un cruzamento da planta salvaxe da col silvestre e o ravo branco salvaxe.
Características
Trátase dunha planta con grandes capacidades de cultivo de carácter bienal. Acompaña facilmente aos cultivos de cebolas, florece desde os meses de maio a agosto e posúe unhas flores hermafroditas. A parte comestible da planta é unha especie de bulbo (en realidade é unha especie de talo inmaturo engrosado, a versión madura é de textura madeira) en forma esférica cos troncos saíndo de forma ostensible, o tamaño da parte comestible adoita ser de 5 cm de diámetro, aínda que é variable, podendo chegar diámetros máis grandes, denominados superschmeltz/xigante (todas elas adoitan ter calidade para ser comestible). A cor pode oscilar desde o verde claro (máis habitual), até o violeta (a cor violeta é superficial, no seu interior adoita ter unha carne amarela). Os talos adoitan chegar a crecer de 3 a 5 dm de longo cunha folla ampla (comestible, pero que a miúdo se refuga).
Contido nutricional
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
6.2 g | |
Azucres | 2.6 g |
Fibra alimentaria | 3.6 g |
0.1 g | |
1.7 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Vitamina A equiv. | 0% 2 μg |
Tiamina (B1) | 4% 0.05 mg |
Riboflavina (B2) | 2% 0.02 mg |
Niacina (B3) | 3% 0.4 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 3% 0.165 mg |
Vitamina B6 | 12% 0.15 mg |
Ácido fólico (B9) | 4% 16 μg |
Vitamina B12 | 0% 0 μg |
Vitamina C | 75% 62 mg |
Vitamina D | 0% 0 μg |
Vitamina E | 3% 0.48 mg |
Vitamina K | 0% 0.1 μg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 2% 24 mg |
Ferro | 3% 0.4 mg |
Magnesio | 5% 19 mg |
Manganeso | 7% 0.139 mg |
Fósforo | 7% 46 mg |
Potasio | 7% 350 mg |
Selenio | 1% 0.7 μg |
Sodio | 1% 20 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 91.00 g |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
Brassica oleracea gongylodes pódese comer tanto cru como cocido (non máis dun cuarto de hora). Adoita ter un alto contido de elementos nutritivos como o selenio, vitamina B, ácido fólico, vitamina C, potasio, magnesio e cobre que adoitan achegar unha enerxía de 24 kcal/100 g.[2]
Usos
O principal uso da planta é culinario, adoita atoparse con relativa facilidade nas verdulerías e nas cociñas de Alemaña, Austria e de Suíza. Aínda que en menor medida pode verse en Países Baixos e Suecia. Sexa como sexa, por regra xeral adóitase cortar en dados alargados dun centímetro de grosor e é un ingrediente que forma parte das sopas ou das ensaladas tras ser cocido (non máis dun cuarto de hora).
As follas son comestibles, crúas en ensaladas, adoitan cocerse ás veces e servirse como unha col.
Nos Estados Unidos emprégase principalmente como alimento para a gandaría, adóitase empregar por ser das hortalizas de achegue máis importante en carbohidratos, chegando a 6,5 g por cada 100 g de Kohlrabi comestible. Existe no entanto en Hamburg Township, Míchigan a cidade se autodenominado como a "capital mundial do Kohlrabi" na que se celebra anualmente un festival que chegou a acoller a 600 persoas.[3]
Alimentos que se combinan con Brassica oleracea gongylodes
Existen algúns alimentos que se poden combinar con Brassica oleracea gongylodes para elaborar sopas, salsas ou ensaladas.
Bos "veciños"
- Xudía verde
- Chícharos
- Patacas
- Leitugas
- Allo porro
- Ravo
- Remolacha
- Scorzonera (raíz negra ou nabo negro)
- Raíz de apio
- Espárrago
- Espinacas
- Tomate
- Melón
- Cenoria
Malos "veciños"
Notas
- ↑ Ref. GRIN
- ↑ Souci.Fachmann. Kraut 1994
- ↑ "Don't be afraid to try odd-looking kohlrabi". 1999-04-29. Consultado o 2017-03-31.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brassica oleracea gongylodes |
Bibliografía
- "Cole crops. Botany, cultivation, and utilization", M. Nueuwhof. Leonard Hill Book Co., London, England, 1969
Ligazóns externas
- Contido nutricional
- O Kohlrabi e as coles de Bruxelas son Europeas
- O Kohlrabi para os xardineiros
- O Kohlrabi: plantas para a futura base de datos
- Receita de Kohlrabi
- «Brassica oleracea var. gongylodes L.».
- «Brassica oleracea var.