Anxo Rei Ballesteros: Diferenzas entre revisións
Liña 59: | Liña 59: | ||
* [http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=AnxRey+B&alias=Anxo+A.+Rei+Ballesteros {{PAGENAME}}] na [[Biblioteca Virtual Galega]]. |
* [http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=AnxRey+B&alias=Anxo+A.+Rei+Ballesteros {{PAGENAME}}] na [[Biblioteca Virtual Galega]]. |
||
* [http://editorialgalaxia.gal/autor/anxo-a-rei-ballesteros/ Ficha na Editorial Galaxia] |
* [http://editorialgalaxia.gal/autor/anxo-a-rei-ballesteros/ Ficha na Editorial Galaxia] |
||
* [https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/lit/reiballesteros.html/ |
* [https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/lit/reiballesteros.html/ Manuel Castelao Mexuto: Anxo A. Rei Ballesteros. Intervención oral na Pobra, 20 de novembro de 2009] |
||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
Revisión como estaba o 25 de outubro de 2018 ás 21:02
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xaneiro de 1952 Ardesende, España |
Morte | 29 de outubro de 2008 (56 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua galega |
Familia | |
Irmáns | Paulo Rei Ballesteros |
Premios | |
Anxo Adolfo Rei Ballesteros, nado en Codeso (Boqueixón) o 24 de xaneiro de 1952 e finado na Coruña[1] o 29 de outubro de 2008, foi un escritor galego que cultivou a novela, o teatro, o ensaio e a tradución.
Traxectoria
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa traxectoria literaria comeza nos anos mozos colaborando coa revista efémera Bonaval. A súa primeira novela Dos anxos e dos mortos foi publicada por Edicións Castrelos en 1977, e nese mesmo ano recibiu o Pedrón de Ouro polo seu relato "Querido Brais". Coa súa segunda novela Loaira acadou o Premio Antón Losada Diéguez en 1993.
Tamén autor de teatro, a súa obra Xogos de damas estreouse en 1987 polo grupo Malbarate, e en 1991 dirixiu a versión de A voz humana de Jean Cocteau. Preocupado pola filosofía, publicou ensaios en revistas e catálogos de artistas, e en 2003 apareceu o seu libro Tempo e vinganza sobre o Hamlet de William Shakespeare e o problema do tempo.
Durante os últimos anos da súa vida viviu na Pobra do Caramiñal.
En novembro de 2009 aparece unha obra póstuma, a novela A noite do moucho, publicada por Galaxia.[2] Máis tarde apareceu entre os papeis do autor a que debe ser a súa primeira obra en galego, a novela Dezanove badaladas, publicada tamén por Galaxia no outono de 2018.[3] Ambientada na Galicia dos anos 1970, conta os cambios nunha sociedade na que o urbano vai gañando terreo ao rural[4].
Obras
Narrativa
- Dezanove badaladas, [1969-70]. Publicada en 2018 por Galaxia.[5]
- Dos anxos e dos mortos, 1977, Castrelos (reeditada en 1991 en Galaxia).[6]
- Querido Brais, 1977.
- Loaira, 1992, Galaxia.
- A sombra dos teus soños, 1998, Galaxia.
- Non sei cando nos veremos, 2005, Galaxia.
- A noite do moucho, 2009, Galaxia.
Teatro
- Xogos de damas, 1988, Edicións Xerais de Galicia.
Ensaio
- "A outra memoria", 1989, revista Grial.[7]
- Tempo e vinganza, 2003, Galaxia (Premio Ramón Piñeiro de Ensaio).
- Presenza dunha Ausencia (Sobre Maurice Blanchot), 2013, Axóuxere.
Traducións
- A voz humana, 1991, (La Voix humaine) de Jean Cocteau.
- Molloy, de Samuel Beckett, 2006, Galaxia.
Obras colectivas
- Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
Recoñecemento
En 2018, na Pobra do Caramiñal, o Concello e Barbantia realizaron diversas actividades para honrar a súa figura. Entre elas, a inauguración dunha rúa co seu nome e dunha estatua feita por Manuel Teira.[8] Tamén xurdiu a iniciativa de pedir o Día das Letras Galegas para Anxo Rei Ballesteros.[8]
Notas
- ↑ Suso de Toro. "Anxo Rei Ballesteros, escritor gallego", El País, 3/11/2008 (en castelán).
- ↑ "Nova vida literaria para Anxo Rei Ballesteros" Vieiros, 31/10/2009.
- ↑ "Badaladas na memoria do mozo Anxo Rei Ballesteros". La Voz de Galicia. 19/10/2018.
- ↑ "Malores Villanueva: «O proxecto de escrita de Anxo Rei Ballesteros levedará co paso do tempo»". La Voz de Galicia. Consultado o 23/10/2018.
- ↑ "Xa nas librarías Dezanove badaladas, unha novela inédita de Rei Ballesteros"
- ↑ Despois incluída na Biblioteca Galega 120 co número 55.
- ↑ Grial n.º 104 pp. 494-505
- ↑ 8,0 8,1 "A Pobra do Caramiñal celebra a Anxo Rei Ballesteros". Cultura Galega. 17/10/2018. Consultado o 17/10/2018.
Véxase tamén
Bibliografía
- "Rei Ballesteros, Anxo A.". Diccionario enciclopédico galego universal 52. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 58. ISBN 84-7680-429-6.
- "Rei Ballesteros, Anxo Adolfo". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 158.
- "Rei Ballesteros, Anxo A.". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1773. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Rei Ballesteros, Anxo Adolfo". Enciclopedia Galega Universal 14. Ir Indo. 1999-2002. p. 354. ISBN 84-7680-288-9.
- "Rei Ballesteros, Anxo A.". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 365. ISBN 84-7492-465-0.