Seabra: Diferenzas entre revisións
m →Outros artigos: Arranxos varios +cda |
|||
Liña 55: | Liña 55: | ||
* [[Lenda do Lago de Seabra]] |
* [[Lenda do Lago de Seabra]] |
||
* [[Mosteiro de San Martín de Castañeda]] |
* [[Mosteiro de San Martín de Castañeda]] |
||
{{Control de autoridades}} |
|||
[[Categoría:Comarcas de Castela e León]] |
[[Categoría:Comarcas de Castela e León]] |
Revisión como estaba o 27 de setembro de 2017 ás 12:02
Modelo:Comarca de España Seabra (no dialecto galego das Portelas: Xabra[1], en castelán: Sanabria, en leonés: Senabria) é o nome dunha comarca natural situada no noroeste da provincia de Zamora. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «xabrés» [2].
Localízase entre as serras de La Culebra, Segundeira e da Cabreira (Cabreira Baixa), lindando polo oeste coa provincia de Ourense (Galicia), polo norte coa comarca leonesa de Cabreira, polo leste coa comarca zamorana de La Carballeda e polo sur con Portugal (distrito de Bragança).
Na maior parte do seu territorio falouse (actualmente con pouca vitalidade) leonés. Na zona occidental chamada As Portelas, a comprendida entre a Portela da Canda e a Portela do Padornelo fálase galego con bastante vitalidade, pero cunha poboación vella e en franca diminución. Tamén se fala galego na vila de Calabor, situada en Pedralba de la Pradería.
Historia
Seabra estivo habitada por tribos astures, do que perduran aínda castros. O seu nome, Senabriga – rexistrado aínda na documentación da Alta Idade Media, do que deriva o actual de Seabra– debe datar daquela época, amosando o elemento céltigo -briga "fortificación", que debeu designar algún castro concreto.
En 921 construíuse o mosteiro de San Martín de Castañeda, ou Castañeira, como se denominou orixinariamente, talvez por monxes mozárabes. En 952, o rei Ordoño III deulles os dereitos de pesca sobre o lago de Seabra. O dominio do mosteiro foi moi forte na comarca ata inicios do século XIX.
En 1103 o rei Afonso IX concedeu o Foro da Seabra.
Logo da Guerra de Independencia de Portugal, no século XVII, ficou incorporada a localidade de Hermisende, anteriormente portuguesa, e onde se fala galego[3], ao igual ca nos concellos de Lubián, Pías e Porto. Ademais, fálase o galego no lugar de Calabor, no concello de Pedralba de la Pradería.
Concellos
- Asturianos
- Cobreiros
- Galende
- Hermisende
- Lubián
- Palacios de Sanabria
- Pedralba de la Pradería
- Pías
- Pobra de Seabra
- Porto
- Requeixo
- Robleda-Cervantes
- Rosinos de la Requejada
- San Justo
- San Martín
- Trefacio
Notas
- ↑ http://eprints.ucm.es/3369/1/T19853.pdf
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 40. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
- ↑ Xavier Frías, "Sobre os bloques dialectais do galego: unha nova proposta. Revista de Filología Románica, núm. 14