Seabra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Marcio (conversa | contribucións)
Referencia xentilicio
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil
Marcio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil
Liña 13: Liña 13:
}}
}}
'''Seabra''' (en [[lingua española|castelán]] ''Sanabria'', en [[lingua leonesa]] ''Senabria'', e no dialecto galego das [[As Portelas|Portelas]] ''Xabra''<ref>http://eprints.ucm.es/3369/1/T19853.pdf</ref>) é o nome dunha comarca natural situada no noroeste da [[provincia de Zamora]].

O seu [[xentilicio]] <small>(véxase no Galizionario)</small> é «{{Dic|xabrés}}» <ref>{{Versaleta|[[Xosé-Henrique Costas González|Costas González, X.-H.]]}} (2016): ''Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega'', páx. 40. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7</ref>.

Localízase entre as serras de La Culebra, [[serra Segundeira|Segundeira]] e da Cabreira (Cabreira Baixa), lindando polo oeste con Galiza (provincia de Ourense), polo norte coa comarca leonesa da [[A Cabreira|La Cabreira]], e polo leste con a comarca zamorana de [[La Carballeda]] ; polo Sur limita con [[Portugal]] ([[distrito de Bragança]]).

Revisión como estaba o 26 de abril de 2016 ás 21:36

Modelo:Comarca de España Seabra (en castelán Sanabria, en lingua leonesa Senabria, e no dialecto galego das Portelas Xabra[1]) é o nome dunha comarca natural situada no noroeste da provincia de Zamora. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «xabrés» [2]. Localízase entre as serras de La Culebra, Segundeira e da Cabreira (Cabreira Baixa), lindando polo oeste con Galiza (provincia de Ourense), polo norte coa comarca leonesa da La Cabreira, e polo leste con a comarca zamorana de La Carballeda ; polo Sur limita con Portugal (distrito de Bragança).

Na maior parte do seu territorio falouse (actualmente con pouca vitalidade) leonés. Na zona occidental chamada As Portelas, a comprendida entre a Portela da Canda e a Portela do Padornelo fálase galego con bastante vitalidade, pero cunha poboación vella e en franca diminución. Tamén se fala galego na vila de Calabor, situada en Pedralba de la Pradería.

Historia

Seabra estivo habitada por tribos astures, do que perduran aínda castros. O seu nome, Senabriga – rexistrado aínda na documentación da Alta Idade Media, do que deriva o actual de Seabra– debe datar daquela época, amosando o elemento céltigo -briga "fortificación", que debeu designar algún castro concreto.

En 921 construíuse o mosteiro de San Martín de Castañeda, ou Castañeira, como se denominou orixinariamente, talvez por monxes mozárabes. En 952, o rei Ordoño III deulles os dereitos de pesca sobre o lago de Seabra. O dominio do mosteiro foi moi forte na comarca ata inicios do século XIX.

En 1103 o rei Afonso IX concedeu o Foro da Seabra.

Logo da Guerra de Independencia de Portugal, no século XVII, ficou incorporada a localidade de Hermisende, anteriormente portuguesa, e onde se fala galego[3], ao igual ca nos concellos de Lubián, Pías e Porto. Ademais, fálase o galego no lugar de Calabor, no concello de Pedralba de la Pradería.

Lista de concellos de Seabra

Notas

  1. http://eprints.ucm.es/3369/1/T19853.pdf
  2. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 40. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  3. Xavier Frías, "Sobre os bloques dialectais do galego: unha nova proposta. Revista de Filología Románica, núm. 14

Véxase tamén

Outros artigos