Gran Premio de Austria de 1975: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
a edición deste artigo procede da información de en:1975 Austrian Grand Prix
Sen resumo de edición
Liña 11: Liña 11:
|carreira_nº = 12
|carreira_nº = 12
|temporada_nº = 14
|temporada_nº = 14
|localización = [[A1-Ring|Circuíto de Österreichring]], [[Spielberg, Styria|Spielberg]], [[Styria]], [[Austria]]
|localización = [[A1-Ring|Circuíto de Österreichring]], [[Spielberg, Stiria|Spielberg]], [[Estiria]], [[Austria]]
|percorrido = Percorrido permanente de carreira
|percorrido = Percorrido permanente de carreira
|km_percorrido = 5´911
|km_percorrido = 5´911

Revisión como estaba o 22 de decembro de 2013 ás 21:15

Austria Gran Premio de Austria de 1975
Detalles da carreira
Carreira 12 de 14 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1975.
Trazado do circuíto de Österreichring.
Trazado do circuíto de Österreichring.
Data 17 de agosto de 1975
Nome oficial VIII Großer Preis von Österreich
Localización Circuíto de Österreichring, Spielberg, Estiria, Austria
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5´911 km
Distancia 29 voltas, 171´427 km
ClimaChoiva forte
Pole position
Piloto Austria Niki Lauda Ferrari
Tempo 1:34.85[1]
Volta rápida
Piloto Italia Vittorio Brambilla March-Ford
Tempo 1:53.90[2]
Podio
Primeiro Italia Vittorio Brambilla March-Ford
Segundo Modelo:RUb James Hunt Hesketh-Ford
Terceiro Modelo:RUb Tom Pryce Shadow-Ford

O Gran Premio de Austria de 1975 foi unha carreira do Campionato do Mundo Formula 1 celebrada no Circuíto de Österreichring o 17 de agosto de 1975. Foi a 12ª carreira da tempada de Fórmula Un de 1975, e o oitavo Gran Premio de Austria o sexto, que se celebrou en Österreichring. Levouse a cabo sobre 29 das 54 voltas programadas para cubrir unha distancia de carreira de 171 quilómetros. A carreira foi acurtada pola choiva, o que significou que se outorgaron só a metade de puntos.

Baixo a forte choiva, a carreira foi gañada polo piloto italiano Vittorio Brambilla pilotando un March 751. Foi a única vitoria de Fórmula Un de Brambilla nos seus sete anos de andaina na Fórmula 1. Logrou a vitoria por 27 segundos sobre o británico James Hunt no seu Hesketh 308. Oito segundos máis atrás quedou o Shadow DN5 do piloto británico Tom Pryce no primeiro dos seus dous podios da súa curta carreira.

Con Carlos Reutemann e Emerson Fittipaldi fora dos puntos, a sexta posición de Niki Lauda permitiulle ampliar a súa vantaxe a 17´5 puntos. Si Lauda anotaba un punto no Gran Premio de Italia, o piloto austríaco lograría o campionato.

Resumo da carreira

Niki Lauda deleitou ao seu público ó lograr a súa sétima pole position do ano. Rolf Stommelen regresou logo do seu accidente en España, Chris Amon regresaba a Ensign e Brett Lunger cualificou ben no seu debut co Hesketh.

A práctica viuse empañada por unha serie de accidentes, Brian Henton estrelou o seu Lotus cando pisou unha mancha de aceite e Wilson Fittipaldi rompeu dous ósos da man. Durante a última sesión de adestramentos, Mark Donohue estrelouse en Vost-Hugel, a curva á dereita logo dos pits. O coche saltou por encima do garda rail e bateu contra nunha valla publicitaria. Morreron dous comisarios no accidente, e Donohue morreu por mor dunha hemorraxia cerebral tres días despois.

Cando formábase a grella de saída, informouse de choiva no lado oposto da pista. Nubes de tormenta formábanse rapidamente e os coches regresaron aos boxes para cambiar a pneumáticos de choiva.

Logo de 45 minutos, a grella estaba lista de novo. Lauda liderou por diante de James Hunt e Patrick Depailler que saíran desde a cuarta fila. Mario Andretti trompeou, e Bob Evans retirouse co BRM.

Vittorio Brambilla avanzou a través da cortina de auga para obter unha magnífica terceira posición, con Ronnie Peterson pasando do décimo ao cuarto lugar.

Na volta 12, era obvio que o coche de Lauda non se adaptara plenamente para facer fronte a condicións de mollado e na volta 15 Hunt adiantouno por quinta vez na tempada. Foi por pouco tempo. O motor do Hesketh funcionaba só con sete cilindros e Brambilla estaba acosándoo. Diante deles Lunger conducía con coidado na súa primeira carreira en mollado e non podía ver como se aproximaban os lideres por detrás. Brambilla adiantouno, pero pasaron outras dúas voltas antes de que Hunt puidera pasar finalmente ao seu compañeiro de equipo. Jochen Mass trompeou e perdeu o terceiro posto, pronto houbo unha actividade frenética entre a Asociación de Pilotos de Grandes Premios e os comisarios de carreira en canto a si a carreira debía seguir, detívose na volta 29.

Cando Brambilla pasou á bandeira, estrelouse contra as barreiras e o equipo March celebrou unha vitoria histórica. Pero, detrás destas escenas, había confusión. Algúns equipos preparábanse para o reinicio, pero como a carreira fora detida ca bandeira a cadros, isto non podía suceder. Os resultados da carreira eran válidos, pero con só a metade de puntos outorgados. Brambilla de 37 anos, o piloto máis vello na pista, gañou o seu primeiro Gran Premio.

Esta foi a primeira das dúas únicas carreiras nas que Shadow utilizou un motor Matra en lugar do Cosworth DFV no Shadow DN7 de Jean-Pierre Jarier.[3]

Clasificación

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 9 Italia Vittorio Brambilla March-Ford 29 0:57:56.69 8 4´5
2 24 Modelo:RUb James Hunt Hesketh-Ford 29 + 27.03 2 3
3 16 Modelo:RUb Tom Pryce Shadow-Ford 29 + 34.85 15 2
4 2 Modelo:GERb Jochen Mass McLaren-Ford 29 + 1:12.66 9 1´5
5 5 Ronnie Peterson Lotus-Ford 29 + 1:23.33 13 1
6 12 Austria Niki Lauda Ferrari 29 + 1:30.28 1 0´5
7 11 Suíza Clay Regazzoni Ferrari 29 + 1:39.07 5
8 3 Unión Sudafricana Jody Scheckter Tyrrell-Ford 28 + 1 volta 10
9 1 Emerson Fittipaldi McLaren-Ford 28 + 1 volta 3
10 18 Modelo:RUb John Watson Surtees-Ford 28 + 1 volta 18
11 4 Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford 28 + 1 volta 7
12 31 Modelo:NCEb Chris Amon Ensign-Ford 28 + 1 volta 23
13 25 Brett Lunger Hesketh-Ford 28 + 1 volta 17
14 7 Carlos Reutemann Brabham-Ford 28 + 1 volta 11
15 23 Modelo:RUb Tony Brise Hill-Ford 28 + 1 volta 16
16 22 Modelo:GERb Rolf Stommelen Hill-Ford 27 + 2 voltas 25
17 29 Italia Lella Lombardi March-Ford 26 + 3 voltas 21
NC 33 Países Baixos Roelof Wunderink Ensign-Ford 25 Non clasificado 27
Ret 32 Austria Harald Ertl Hesketh-Ford 23 Eléctrico 26
Ret 21 Francia Jacques Laffite Williams-Ford 21 Dirección 12
Ret 8 Carlos Pace Brabham-Ford 17 Motor 6
Ret 20 Suíza Jo Vonlanthen Williams-Ford 14 Motor 28
Ret 10 Modelo:GERb Hans Joachim Stuck March-Ford 10 Accidente 4
Ret 17 Francia Jean-Pierre Jarier Shadow-Matra 10 Inxección 14
Ret 14 Modelo:RUb Bob Evans BRM 2 Motor 24
Ret 27 Mario Andretti Parnelli-Ford 1 Accidente 19
NTS 28 Mark Donohue March-Ford 0 Accidente mortal 20
NTS 6 Modelo:RUb Brian Henton Lotus-Ford 0 Accidente 22
NSC 35 Modelo:RUb Tony Trimmer Maki-Ford
NSC 30 Wilson Fittipaldi Fittipaldi-Ford

Posicións logo da carreira

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 6 mellores resultados das primeiras 7 roldas e os 6 mellores resultados das últimas 7 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.


Carreira anterior:
Gran Premio de Alemaña de 1975
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1975
Carreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 1975
Carreira anterior:
Gran Premio de Austria de 1974
Gran Premio de Austria Carreira seguinte:
Gran Premio de Austria de 1976

Notas

  1. Lang, Mike (1983). Grand Prix! Vol 3. Haynes Publishing Group. p. 93. ISBN 0-85429-380-9. 
  2. Lang, Mike (1983). Grand Prix! Vol 3. Haynes Publishing Group. p. 95. ISBN 0-85429-380-9. 
  3. Jones, Bruce (1998). "Statistics". The Complete Encyclopedia of Formula One. Carlton Books. pp. 400–401. ISBN 1-85868-515-X. [1]

Ligazóns externas

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-15.