Brais: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
m lig. internas
Liña 6: Liña 6:


== Onomástica ==
== Onomástica ==
* [[3 de febreiro]]: [[Brais de Sebaste|San Brais]], venerado en occidente, importante en Galiza sendo padrón de moitas parroquias. San Brais era médico e foi coñecido porque retirou coa man unha espiña da gorxa dun neno; por ese motivo é padroeiro das doenzas da gorxa. Foi capturado polos romanos e decapitado no ano 316, sendo enterrado na cidade de Sebaste, Armenia (actual Sivas, Turquía).
* [[3 de febreiro]]: [[Brais de Sebaste|San Brais]], venerado en occidente, importante en Galiza sendo padrón de moitas parroquias. San Brais era médico e foi coñecido porque retirou coa man unha espiña da gorxa dun neno; por ese motivo é padroeiro das doenzas da gorxa. Foi capturado polos romanos e decapitado no ano 316, sendo enterrado na cidade de Sebaste, [[Armenia]] (actual Sivas, [[Turquía]]).


== O nome de Brais en Galiza ==
== O nome de Brais en Galiza ==

Revisión como estaba o 3 de outubro de 2013 ás 22:24

Brais de Sebaste par Hans Memling, 1491. Situado anteriormente na Catedral de Lübeck, agora no Museo de St. Annen en Lübeck, Alemaña.
San Brais nunha vidreira.

Brais (variante Bras, feminino Brasa) é un nome propio de varón de orixe latina na súa variante en galego. O seu significado é 'o que tatexa ou gaguexa', 'tatexo'. A variante portuguesa é Brás.

Onomástica

  • 3 de febreiro: San Brais, venerado en occidente, importante en Galiza sendo padrón de moitas parroquias. San Brais era médico e foi coñecido porque retirou coa man unha espiña da gorxa dun neno; por ese motivo é padroeiro das doenzas da gorxa. Foi capturado polos romanos e decapitado no ano 316, sendo enterrado na cidade de Sebaste, Armenia (actual Sivas, Turquía).

O nome de Brais en Galiza

Brais (Bras) foi un nome común en Galiza, San Brais é padroeiro de moitas parroquias, sendo moi venerado. A variante galega do nome foi moi empregada na antigüidade, sendo aos poucos substituída no século XX pola forma castelá Blas. Martín Sarmiento fala do nome Brais (Bras dô Montecelo): Brais, de Blasius, entre los rústicos se usa Bràs.[1].

Hoxe en día a variante galega do nome volveuse nun dos nomes máis populares de Galiza novamente, sendo un dos nomes máis populares entre os nenos varóns. Atopamos 5081 persoas coa variante galega Brais en Galiza[2]. Non existen persoas coa variante Bras nin mulleres coa variante feminina.

Ditos

  • Xa te entendo, Bras, significa que un alcanza a intención de outro[3].

Refraneiro

  • Ai Bras, que tanto dis que me queres e tanto sofrir me fas!
  • Bras, lávate e comerás: dispois de lavado, non comerás bocado.
  • Ende chegando o San Bras pon pan e viño na alforxa, que día non faltará.
  • Mira, Bras, por onde vas, e coida ben o que fas.
  • San Bras da Barca que afoga e non mata.
  • Se te lavas, Bras, a rèla quitarás e limpo quedarás.
  • Polo San Brais, teñen os días dúas horas máis[4].
  • Polo San Brais hora e media mais e se ben contaras dúas encontraras.
  • Vamos mozas a San Brais, que festas non quedan máis[5].

Variantes noutras linguas

Variantes noutras linguas
Lingua castelá Blas
Lingua alemá Blasius
Lingua bretoa Bleaz
Lingua catalá Blai
Lingua checa Blažej
Lingua corsa Biasgiu
Lingua croata Blaž
Lingua dinamarquesa Blasius
Lingua éuscara Balas, Balasi
Lingua finlandesa Blasius
Lingua francesa Blaise
Lingua galega Brais
Lingua grega Βλάσιος (Blasios)
Lingua neerlandesa Blasius
Lingua húngara Balázs
Lingua inglesa Blaise
Lingua islandesa Blasíus
Lingua italiana Biagio
Lingua latina Blasius
Lingua lituana Blažiejus
Lingua norueguesa Blasius
Lingua polonesa Błażej
Lingua portuguesa Brás
Lingua romanesa Blasiu
Lingua rusa Власий (Vlasij)
Lingua serbia Власије (Vlasije)
Lingua sueca Blasius
Lingua turca Vlas

Persoeiros

Santos

  • Brais de Sebaste (San Brais), foi un mártir, bispo e santo católico que viviu entre os séculos III e IV na Armenia.

Galegos

  • Brais Maceiras, Elviña, A Coruña , 1978 , é un gaiteiro e acordeonista galego.
  • Brais Abad, A Coruña , é un actor galego.
  • Brais Rodríguez, Brión, 1980, é un debuxante e guionista galego de banda deseñada.
  • Brais González Pérez, Salceda de Caselas, 1988 , é un escritor e político galego.
  • Brais Pinto, personaxe ficticio que dá nome a un grupo galeguista fundado no ano 1958 en Madrid.

Artistas e escritores estranxeiros

Científicos e investigadores

Deportistas

Políticos

Personaxes de ficción

Notas

  1. Martin Sarmiento (1746-1770): Colección de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca, 1970)
  2. Fonte do Instituto Nacional de Estatística - http://www.ine.es/tnombres/formGeneralresult.do?L=0&vista=1&orig=ine&cmb4=99&cmb6=Brais&cmb7=1&x=15&y=8
  3. Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo
  4. Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo
  5. Eligio Rivas Quintas (1988): Frampas, contribución al diccionario gallego, Alvarellos, Lugo

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Yáñez Solana, Manuel (1995). El gran libro de los Nombres. M. E. Editores, Madrid. ISBN 84-495-0232-2. 
  • Montes Vicente, José María (2001). El libro de los Santos. Alianza, Madrid. ISBN 84-206-7203-3.