Epi e Brais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Epi e Blas")
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Epi e Brais[1][2] (ou Ernie and Bert na versión orixinal en inglés) son dous monicreques con aparición regular no programa televisivo Sesame Street. Os seus nomes foron traducidos tomando a primeira letra dos nomes na versión en inglés Bert (Brais) e Ernie (Epi). Aparecen en moitos números cómicos que se converteron nunha das principais atraccións do programa.

Orixe[editar | editar a fonte]

Construídos por Don Sahlin con espuma sintética e felpa a partir dun bosquexo simple de Jim Henson, apareceron por vez primeira no programa nos Estados Unidos en 1969 (sendo os dous únicos Muppets que apareceron no episodio piloto de Sesame Street), entre outros personaxes como Kermit the Frog (a Ra Gustavo), como parte dun programa educativo para nenos xunto co resto do programa, que acabaría tendo un éxito internacional.

Personalidade[editar | editar a fonte]

Segundo Frank Oz, a personalidade básica dos personaxes foi desenvolvida polo propio Sahlin baseándose no contraste do seu aspecto (Ernie/Epi é pequeno e de rostro horizontal mentres que Bert/Brais é alto e vertical), posto que o que se procuraba para Sesame Street era a interacción entrambos. O personaje de Epi interpreta un papel infantil e fedello e o de Brais o dun adulto responsábel aínda que fungón e aparentemente aburrecido. Son comúns as escenas nas que a Epi se lle ocorre algunha idea disparatada e Brais intenta convencelo de que a abandone, normalmente con pouco éxito, polo que acaba perdendo os estribos ou chega incluso até desfalecer, mentres que Epi permanece alleo ao que está a acontecer.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Epi e Brais tamén apareceron nun episodio de Family Guy, no que aparecen compartindo cama e comportándose coma unha parella homosexual.

Jim Henson dedicouse desde o principio e durante anos a dar vida e voz (en inglés) a Epi, mentres que o papel de Brais quedou a cargo de Frank Oz.

A voz galega de Epi en galego foi dobrada por Monti Castiñeiras e a de Brais por Gonzalo Faílde.

En 2012 os responsábeis do telescopio de neutrinos IceCube anunciaron a detección de dous neutrinos superenerxéticos, de máis de 1 000 teralectronvoltios. Os seus descubridores denomináronons Bert e Ernie en honra a estes personaxes.[3]

Estes personaxes aparecen coma monicreques no parque de atraccións de Port Aventura en Tarragona.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Estes son os nomes datos na dobraxe galega de Sesame Street, emitida na TVG na década de 80.
  2. Fragmento da dobraxe galega de Epi e Brais, coas voces de Monti Castiñeiras e Gonzalo Faílde: Vídeo no Twitter
  3. Alicia, Rivera (21 de novembro de 2013). "Los neutrinos captados en la Antártida abren una nueva ventana al universo". Diario El País. Consultado o 21 de novembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]