Brais Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBrais Rodríguez
Biografía
Nacemento1980 Editar o valor em Wikidata (43/44 anos)
Brión, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Brais Rodríguez Verde, nado en Brión en 1980, é un debuxante e guionista galego de banda deseñada.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra especializándose en pintura. Comezou a publicar en fanzines, como Dynamo ou Carne líquida, do que foi un dos promotores. Participou no álbum do colectivo Chapapote H2Oil (2003) e formou parte do colectivo Polaqia, publicando arreo na súa revista Barsowia e en varios álbums colectivos. No ano 2009 publicou Doentes, adaptación da obra Doentes de Roberto Vidal Bolaño. En 2011 publicou A man do diaño.

En outubro de 2019 deseñou unha intervención no muro leste do CPI Camiño de Santiago, no Pedrouzo, capital do concello do Pino. Na súa execución participaron alumnos de 4º da ESO do centro escolar[1][2]. No mural atópanse motivos relacionados co concello, como o Camiño de Santiago, que pasa ao carón do muro, a Festa do Galo Piñeiro, a Feira Cabalar, a propia escola e unha benvida aos visitantes da vila.

Notas[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.