Brais Maceiras
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de agosto de 1978 (45 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Brais Maceiras, nado en Elviña (A Coruña), o 10 de agosto de 1978, é un gaiteiro e acordeonista galego que desenvolveu a súa carreira na banda da gaiteira Susana Seivane e noutros grupos cos que colabora. Actualmente forma parte do grupo Luar na Lubre.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aos doce anos iniciou os seus primeiros contactos coa música a través da gaita nos Rexumeiros de Elviña, dirixidos no seu primeiro momento por Bieito Romero, da Asociación Cultural Tempo Novo. Nesta asociación tamén foi mestre gaiteiro durante varios anos e actualmente dá clases de acordeón diatónico. Posteriormente, iniciouse no acordeón por iniciativa de Bieito Romero, o instrumento que na actualidade utiliza nos grupos de que forma parte, Susana Seivane e Ruote, principalmente.
Participou na gravación e nas xiras dos catro discos editados de Susana Seivane e adoita xirar coa artista cambresa por Europa (Francia, Países Baixos, España, Escocia, Portugal...) e América (Buenos Aires, Río da Prata).