Conversa usuario:Prevert: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Nova sección: →‎Resposta
Liña 225: Liña 225:
: Non hai problema. Así o farei. -- [[Usuario:JonnyJonny|JonnyJonny]] ([[Conversa usuario:JonnyJonny|conversa]]) 21:29, 5 de abril de 2012 (UTC)
: Non hai problema. Así o farei. -- [[Usuario:JonnyJonny|JonnyJonny]] ([[Conversa usuario:JonnyJonny|conversa]]) 21:29, 5 de abril de 2012 (UTC)
:: {{Feito}}. Non obstante, atopei as mesmas ligazóns mortas noutros artigos que non aparecían nesa lista. Tamén me poño con elas. -- [[Usuario:JonnyJonny|JonnyJonny]] ([[Conversa usuario:JonnyJonny|conversa]]) 22:13, 5 de abril de 2012 (UTC)
:: {{Feito}}. Non obstante, atopei as mesmas ligazóns mortas noutros artigos que non aparecían nesa lista. Tamén me poño con elas. -- [[Usuario:JonnyJonny|JonnyJonny]] ([[Conversa usuario:JonnyJonny|conversa]]) 22:13, 5 de abril de 2012 (UTC)

== Resposta ==

Eu tampouco teño ganas de pelexar, só digo que igual que se respectan unhas ideoloxías deberían respectarse as outras. Lamento incluir a todos os usuarios neste bloque pero é o que parece posto que "as normas" son algo separatistas.

O único que propoño é que na páxina do Cara al Sol permañeza a letra, igual que o fai no resto de páxinas da wikipedia e o fan o resto de himnos que non cumpren os 70 anos da morte do autor e si aparecen.

Entendo que non queras responder, e non o consideres un ataque contra ti. Moitas gracias por responder os meus pesares. --[[Especial:Contribucións/193.153.52.49|193.153.52.49]] 18:06, 6 de abril de 2012 (UTC)

Revisión como estaba o 6 de abril de 2012 ás 18:06

Galego: Por favor, engada a súa mensaxe na parte inferior da páxina e non esqueza asinar co segundo botón pola dereita da caixa de edición , ou con catro ~~~~ (escríbense con ALT+126.)
English: Remember to sign and date your post (by typing ~~~~, or by clicking the signature icon ).
Català: Afig un nou comentari. Si us plau signeu sempre els vostres missatges al final de la vostra intervenció amb el codi --~~~~.
Español: Para dejar un mensaje haga clic aquí. Por favor no olvide firmar con , o con cuatro ~~~~.
Português: Olá. Para deixar uma mensagem clique aqui.


Arquivo de mensaxes antigas:
Do 02/10/2004 ao 02/08/2010

  1  

2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12  

13    



Ben falado!

Grazas de novo, Prevert. Coido que os tic que teño non deixaron nada lúcida a entrevista.Un saúdo.--Agremon(contacto) 08:12, 24 de agosto de 2010 (UTC)

Chamada á participación / proselitismo

O que comentas tería moito sentido se non fora porque limiteime a chamar á participación, sen pedir o voto nin nun sentido nin no outro.

Chamo/chamei a votar a todos, incluíndo a usuarios que coñecen os dous sistemas e que estes días non asemellan activos e pode que non se decaten que hai unha votación aberta. Algúns dos que avisei votaron a favor e outros en contra da proposta, e varios deles comentaron comigo, varios dos que votaron en contra e varios dos que votaron a favor.

De tódolos xeitos, tomo nota. Grazas--. HombreDHojalata.conversa 21:44, 22 de setembro de 2011 (UTC)

Tento telo en conta todo, dentro das miñas capacidades. Inda que non descarto chamar ó voto/participación proximamente a algún usuario que considero piar desta comunidade e que inda non se expresou. Penso que neste tema hai que mollarse. Espero que non teñas inconveniente--. HombreDHojalata.conversa 22:39, 22 de setembro de 2011 (UTC)

Boas

Dá gusto ver que sigues tendo interese polo proxecto da Galipedia. Eu son a de sempre que acolliches aqui, solo collin anos como calquera. A miña postura sobre o tema Tódolos ficheiros a Wikimedia Commons‎‎ é (e foi sempre inda que non tivese antes ocasion de expresalo) rotundamente a favor para os proxectos de WIKIMEDIA, e en base teño a cousa clara. Con todo cada comunidade ten que levar politicas de desenvolvemento propias da súa realidade e intento sempre adaptarme as decisións colectivas. No caso da votación en curso de debate votei coa miña base firme de comprensión do conxunto dos proxectos. E con todo vexo que XabierCid (para mín un piar) comezou a votar en contra e logo siguén usuarios mui valiosos. Nos vindeiros días teño que coller tempo para ler polo miúdo todo o debate. Non veño contarche esto para que me contestes, non son de levar as conversas da comunidade dise xeito, sen contar que seria falla de respecto para tí. É únicamente por ocasion de alegría de compañeirismo e darche un saúdo de benvida --Elvira (conversa comigo) 23:40, 22 de setembro de 2011 (UTC)

Ligazóns rotas a ficheiros

Boas!. Mira unha cousiña, resulta que no proxecto de mantenmento estamos limpando as ligazóns rotas a ficheiros, e tes unha [Usuario:Prevert/Experimentos|subpáxina]] que está nesa categoría porque ten ligazóns a imaxes que non existen. Se tiveras un momento agradeceríache moito que amañaras esas ligazóns para que se vaia vaciando esa categoría. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:37, 12 de decembro de 2011 (UTC)

Si, ó final fíxeno eu porque non sabía cándo pasarías por aquí e porque era pouca cousa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:55, 19 de xaneiro de 2012 (UTC)

Conflito de intereses

Non sei se te decataches, pero ultimamente ando argallando na política sobre os conflitos de intereses que iniciaches ti hai bastante tempo e que quedou incompleta. Gustaríame saber, aínda que sexa polo miúdo, os aspectos que querías tocar e remarcar. En principio, non pensaba facer unha versión da política de en.wp, malia que me estou baseando bastante nela, e quizais con un par de seccións máis quede completa para nós. Que me dis? Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 16:03, 9 de febreiro de 2012 (UTC)

Graciñas polos apuntamentos, tereinos en conta. Xa avisarei cando pense que está rematada pola miña parte para que a repasedes os demais. Coido que é unha política importante que deberiamos aprobar. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:31, 10 de febreiro de 2012 (UTC)
Perde coidado: sei ben que cómpre andar con moito tino nesas augas convulsas. Intentarei tomalo con calma... e sexan benvidas as achegas dos demais, por suposto. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 23:10, 28 de febreiro de 2012 (UTC)

Saúdos

É un pracer terte de volta ao proxecto. Só quería agradecer ter sido o meu "mestre" cando comecei a dar os meu primeiros pasiños aquí e alégrame moito que volvas a colaborar novamente. Un saúdo! --Beninho 18:25, 11 de febreiro de 2012 (UTC)

Grazas

Grazas pola información sobre os formatos das referencias. Fixen o que me dicías e agora xa está o problema solucionado.--Miguelferig 20:46, 21 de febreiro de 2012 (UTC)

Saúdo

Ola, Prevert. Lin a túa última mensaxe sobre na conversa da entrada sobre min mentres escribía eu a miña e soamente che escribo para aclarar que me parece perfectamente ben que pescudes, rebatas e fagas o que creas que debes facer como usuario; coméntocho porque ás veces por escrito pode parecer que nas conversas un emprega un ton máis duro ou apático do que en realidade pretende. Pásanos sobre todo a quen non usamos smileys. Saúdos outra vez. --Atobar (conversa comigo) 20:28, 23 de febreiro de 2012 (UTC)

Entendo, Prevert, pero insisto: eu nada sei nin pedín nin escoitei da ip anónima que creou o artigo. Por suposto, pode ser un amigo, un familiar ou mesmo alguén que secretamente me quere ben, pero eu diso non teño ningunha noticia e nin sequera sospeitas nin especulacións, co cal non me parece de borrado. De calquera maneira, seguro que me entendes se che digo que dende este momento prefiro manterme á marxe e aceptar o que se decida, sexa nun ou noutro sentido. Así pois, a próxima mensaxe que cruzamos esperamos que xa sexa sobre outro tema. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:27, 23 de febreiro de 2012 (UTC)

Pilar Rojo

Ola Prevert, benvido de novo a Galipedia. Moito me alegra verte de novo por aquí. E si, claro, no artigo do Pilar Rojo tes toda a razón do mundo. O procedemento correcto sería borralo e empezar de novo... se non o fixen así foi un pouco por preguiza... Xa o fago agora... Grazas e Saúdos! --Xas (conversa) 14:33, 24 de febreiro de 2012 (UTC)

Vale, entón agardaremos a resposta de Pargal. Grazas de novo. --Xas (conversa) 14:39, 24 de febreiro de 2012 (UTC)

sección demografía

Pois ao respecto do que me preguntas sobre a sección demografía para os lugares e parroquias, a verdade non o teño moi claro. A ver: Por unha parte os datos que imos manexar correspóndense cun período moi curto de tempo (10 anos) que non me parece moi significativo ao respecto dos lugares, quizais si tivera un certo interese se o facemos para as parroquias, aínda que tampouco o vexo moi claro... Por outra parte facer iso con todos os lugares de Galicia sería un traballo inmenso, que non sei se seriamos quen de abordar... E sobre todo, paréceme moito máis importante ir completando a información que temos sobre as parroquias e lugares con algúns outros datos (situación, patrimonio, etc...), xa que a maioría dos artigos son moi pobres de contido. Dito todo isto, a túa iniciativa paréceme moi boa, sobre todo porque parece fácil de aplicar, e si que polo menos axudaría a completar un pouco a información sobre os lugares e parroquias. Ben isto é o que se me ocorre sobre o asunto e non sei moi ben se paga a pena deixar estas reflexións na Taberna... Saúdos e grazas tamén por arrincarme este cacho de conversa...--Xas (conversa) 15:36, 24 de febreiro de 2012 (UTC)

Dakota

Ok, non tiña en mente todo o que me dis, grazas, gardo as ligazóns. Eu fieime da EGU [1] [2].

Curiosamente, entre ducias e ducias de linguas, só a wikipedia en latín e nós escribiremos Dakota con c. --. HombreDHojalata.conversa 15:20, 25 de febreiro de 2012 (UTC)

Pois si, é un problemón. Nas referencias que puxeches nin sequera aparecen os nomes de tódolos estados, as veces se contradín [Lusiana (UDC), Luisiana (UVIGO)... e Louisiana (EGU)].
Temos artigos, carpetas e subcarpetas dispares. O nome do artigo Delaware, por exemplo, escrito así en infinidade de textos en multitude de linguas, dentro e fora da Wikipedia. Pois nas ligazóns de marras (non sei se os da UDC de 2007 partiron dos da UVIGO de 2004) aparece Delawere!
Deberíamos mudar o noso artigo DelawareDelawere? Pois... eu penso que non. E, en xeral, se me preguntas a miña opinión, prefiro o criterio da EGU ao das outras dúas publicacións. --. HombreDHojalata.conversa 16:01, 25 de febreiro de 2012 (UTC)

Consulta sobre bots

Prevert, como fas para que Prebot saiba distinguir o homónimo axeitado en cada caso?--. HombreDHojalata.conversa 12:58, 26 de febreiro de 2012 (UTC)

Saúdos!

Saúdos, vello amigo!--Agremon(contacto) 07:27, 27 de febreiro de 2012 (UTC)

Tradución

Ola, Prevert. Revisei a tradución: ese matiz que mencionabas e tamén un par de palabriñas máis. Apertas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 08:19, 27 de febreiro de 2012 (UTC)

Re : Dictionnaire raisonné de l’architecture française

Ola Prevert ! Si o Dictionnaire raisonné de l’architecture française du XIe au XVIe siècle - Index Tome 6 ten datos relacionados co artigo Casa do concello. Non resulta doado engadilos no estado actual do artigo. En francés, hoxe, podese falar do hôtel de ville sen problema para refirirse a casa do concello. Isto non quita ca palabra adecuada é mairie. Hôtel de ville e o nomme adecuado, en Francia, para falar das casas dos concellos antes da revolución francesa. Unha carateristica mui vistoza, e importante do punta de vista arquitectónico e simbólico do hôtel de ville é o beffroi (que non sei traducir ao galego) e que xa non esta na arquitectura da mairie. Xa cavilo un pouco como colaborar nise artigo, estando claro que para non perder tempo podese que faga edicións que sexan problemáticas por calquera razón, e conto que non dubides en corrixir, retirar ou o que sexa sen preocuparte de ofenderme. Sen saber si serei de axuda niste caso, alegrome que contes comigo. Saúdos Prevert --Elvira (fálame) 08:20, 29 de febreiro de 2012 (UTC) Esta claro que si necesitas que che traduza algo para que entendas, non hai problema, si non sei a palabra podo esplicarche igual--Elvira (fálame) 08:22, 29 de febreiro de 2012 (UTC)

Pois non estou eu tan contenta, por falta de tempo, subina a Galipedia, e xa sabes que eu estou a favor de (case) todas imaxes a commons. En commons hai un montòn increible de imaxes de Viollet le Duc e esa imaxe esta xá, pero escaneada nas páxinas do seu dicionario. Por outra banda, sabés co tema dos concellos na colaboraciòn na Galipedia gustame moito. A ver si nos vindeiros meses volto o tema. Tempo sempre o podo atopar, o que necesito é tempo con real disponibilidade mental. A ver si no vraú collo vacaciòns de verdade e metome a traballos mais serios (na Galipedia como na wiki en francés, onde teño tarefas mui interesantes (sobre galegos e Galicia) pendentes). Un saúdo Prevert e sempre encantada de verte acá.--Elvira (fálame) 15:19, 3 de marzo de 2012 (UTC)

RE: Aviso de edición

Éche doado. Na Wikipedia én inglés teñen o modelo {{BLP editintro}}. Adaptando algún código de MediaWiki:Common.js debería funcionar. Cales serían as categorías? --Toliño Fala aquí comigo 22:21, 1 de marzo de 2012 (UTC)

Categoría persoas vivas

Supoño que xa saberás todo isto, pero por se non é así. Nalgunhas wikis o tema da inclusión dos artigos de biografías na "categoría persoas vivas" ven dado pola implantación dun modelo onde se introduce o ano de nacemento (e a data de falecemento no seu caso). É dicir, a categoría non se engade manualmente. Se o modelo inclúe ano de nacemento, e se deixa en branco o de pasamento, a clasificación é automática. Así mesmo o artigo queda automaticamente clasificado na correspondente cat "Nados en X" (onde X é un ano) e mete o criterio do DEFAULTSORT. O modelo é sinxelo de usar e ten unha tripla función. P.ex. {{BD|1965| |Vazquez, Jesus} en es:Jesús Vázquez. Véxanse as instrucións de uso en es:Plantilla:BD.

Indo máis aló e como anécdota, na italiana, por exemplo, non redactan o primeiro parágrafo das biografías. Meten un cadro de datos e é un modelo o que debuxa a ficha e xera tamén automaticamente o texto.

Coméntocho porque é un xeito de facelo a considerar, se chegaramos á conclusión de que ten utilidade o de meter o de "persoas vivas".--. HombreDHojalata.conversa 10:05, 2 de marzo de 2012 (UTC)

Imaxe borrada en Commons

Feito! Feito!--. HombreDHojalata.conversa 19:59, 4 de marzo de 2012 (UTC)

conflito de intereses

Grazas pola orientación e a advertencia. Procurei amañar e aquilatar o texto, aínda que non estou certo de ter arranxado o conflito. --Zarrulheiro (conversa) 23:11, 4 de marzo de 2012 (UTC)

conflito de intereses (2)

Beizón pola axuda; comprendo. Agardo entón pola revisión antes de corrixir algunha data que, ademais, vexo vai inexacta. --Zarrulheiro (conversa) 09:22, 5 de marzo de 2012 (UTC)

c.i. 3

Corrixín, atordei nunha altura, e engadín elementos. Saúdos cordiais. --Zarrulheiro (conversa) 17:36, 5 de marzo de 2012 (UTC)

Borrar conversa

Feito! Feito!--. HombreDHojalata.conversa 20:59, 6 de marzo de 2012 (UTC)

Imaxe

Todo OK, Prevert.--Agremon(contacto) 19:05, 8 de marzo de 2012 (UTC)

Onde?

En que apartado do Wikipedia:Taboleiro dos administradores? Por favor. --. HombreDHojalata.conversa 10:12, 9 de marzo de 2012 (UTC)

Posse

Ola, Prevert. O novo usuario que achega o artigo é un coñecido meu con moitas ganas de aprender a editar na Galipedia. Efectivamente, hai moito que modificar, pero non creo que presente ningún problema de compatibilidade (unha vez resoltos os moito fallos que como digo ten, porque o usuario está moi, moi verde na edición wiki). Estarei atento. --Atobar (conversa comigo) 11:09, 9 de marzo de 2012 (UTC)

Non ten, sei de boa fe que esté redactado pasiño a paso nun documento de word para despois chantalo de vez aquí. Se despois andas con tempo e ganas, dálle ti tamén unha revisión ao artigo e márcalle os erros ao usuario, porque saber sabe moito pero de wikis nada de nada. Graciñas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 11:24, 9 de marzo de 2012 (UTC)

WikiSkills

Ok Prevert, que fago entón??Borro o artigo???

Torres de delay

Botareille un ollo entón. Non é que sexa un experto nese tema, pero procurarei limpalo un pouco e facelo máis entendible. Un saúdo! --Beninho (conversa) 13:03, 11 de marzo de 2012 (UTC)

Galicia/Galiza

Grazas polo comentario, Prevert :) a verdade que actuei mal no artigo, ao mirar os trocos feitos, como había unha IP anónima polo medio trabuqueime pensando que o trocara ela, e creo que actuei algo impulsivo. Fixareime ben a partir de agora. Un saúdo!--Adorian (fálame) 08:44, 12 de marzo de 2012 (UTC)

Graciñas !!! ....

Graciñas !!! .... Agora xa sabes, vaiche tocando a ti tamén o de falece-la páxina de usuario ;) .--Xabier Cancela (fálame) 12:18, 12 de marzo de 2012 (UTC)

RE: Categoría oculta automática

Apañámonos cun simple {{#if:...}}. Fíxeno así. Avisa se atopas algún problema. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:59, 12 de marzo de 2012 (UTC)

Sobre o comentario para separar as categorías ocultas, non é necesario colocalo, porque non sei se te decataches de que a categoría non se engade "fisicamente" (por así dicilo) no corpo do artigo. Non sei se me explico. Dos outros temas déixoche noutro momento unha resposta, que agora ando fedellando noutras cousas :) --Toliño Fala aquí comigo 15:47, 12 de marzo de 2012 (UTC)
O que vin eu é que moitas páxinas ligan coa páxina wbe do INE desde o corpo do artigo, no canto de facelo mediante ligazóns internas. A lista completa está aquí. Vou ver de poñer o bot, porque nalgún dos primeiros resultados o uso é lexítimo. E agora míroche o outro! --Toliño Fala aquí comigo 16:14, 12 de marzo de 2012 (UTC)
Agora vou co modelo "Parroquia2". En principio, non vexo motivo para a creación. Se o modelo actual non ten o campo para o ano, engadámosllo! Coido que é moito máis laborioso termos dous modelos e logo fusionar todo nun que engadir directamente o campo no actual e ir incluíndo a información en base ao que temos. Engadir un novo campo non provoca que o modelo deixe de funcionar, se era iso o que che preocupaba. A única tarefa que vexo entón é colocar os anos en todas as parroquias, pero polo menos non é tanto como do outro xeito, non? --Toliño Fala aquí comigo 16:18, 12 de marzo de 2012 (UTC)
Desta volta, si que era necesario empregar un {{#switch:...}} e non complicar a vida. Fago que comprobe se provincia = Coruña e configuro a sentenza de selección para que categorice en A Coruña poboación {{{ano poboación}}}, en caso contrario, van en {{{provincia}}} poboación {{{ano poboación}}}. Se ves algún erro avísame. E para calquera outra cousa, encantado de axudar. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:28, 13 de marzo de 2012 (UTC)
Non se me ocorre xeito doado e rápido de arranxar os problemas coas contraccións. Síntoo, imos ter que facelo do outro modo, aínda que non sexa coherente coas categorías xa existentes. --Toliño Fala aquí comigo 14:33, 14 de marzo de 2012 (UTC)
Feito! Feito! E o que eu dicía da ligazón ao INE era que estaría ben mudar as ligazóns externas por internas dado que están no corpo do artigo. O problema é que intentei facelo eu co meu bot pero non puiden. --Toliño Fala aquí comigo 15:49, 14 de marzo de 2012 (UTC)

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Feito! Arranxado. Coido que xa corrixín o problema que tiñamos co modelo {{Lugar}}. --Toliño Fala aquí comigo 11:59, 19 de marzo de 2012 (UTC)

RE: Igrexa de Santiago da Coruña

Non teño apenas información sobre Coruña, nin sabía nada do que me dis do uso desta igrexa para reuniósn do Concello, pero, efectiavemente, na Gran Enciclopedia Galega di o seguinte: "Nesta igrexa, no seu antigo portal e aínda dentro, reuníase o Concello por pregón e a son de campá tanxida. Consta que se facía isto xa en 1380". Xa pasei a encarga a unha compañeira natural da Coruña para ver se me pode dar máis datos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:02, 12 de marzo de 2012 (UTC)

Dado que ti iniciaches a redacción da política, gustaríame informarche de que dei por rematada a elaboración do texto pola miña banda. Deixo agora que a comunidade fale na conversa sobre todos os aspectos antes de pasarmos á votación para facela oficial. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 15:08, 13 de marzo de 2012 (UTC)

RE:Ticket OTRS

Non, eu non teño acceso a ese sistema pero coñezo ben a varios usuarios que si o poden ver, se queres dígolles que me pasen a información. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:54, 13 de marzo de 2012 (UTC)

Boas, xa me mandaron a información do ticket e dixéronme:
Básicamente, el ministerio afirma (sic):
"En este sentido se le informa, que se pueden capturar las imágenes de la pantalla del visor SIGPAC, ya que son de carácter público y se pueden descargar de forma gratuita en las Webs del SIGPAC, sin ningún tipo de licencia, siempre que se mencione la fuente de procedencia ( SIGPAC, Fondo Español de Garantía Agraria- FEGA.)". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:23, 14 de marzo de 2012 (UTC)
Dixéronme que a mensaxe é do dominio fega.mapya.es do que debe ser o servizo de axuda do SIGPAC e que nese correo eles mesmos reenvían unha copia unha persoa concreta do mesmo domino e a outra do dominio mma.es. Se queres os detalles concretos mándame un correo e reenvíoche a información. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:39, 15 de marzo de 2012 (UTC)

Modelo de lugar

Boas Prevert, grazas polas explicacións. O erro ao que me refería xa desapareceu. Canto á nova categoría de lugares sen imaxe é normal que non a teñades feita aínda pois mira que non temos milleiros de lugares neste país!Saúdos,--Xosé Antonio (fálame sempre) 19:09, 14 de marzo de 2012 (UTC)

Borrar foto aniversario

Feito--. HombreDHojalata.conversa 23:30, 14 de marzo de 2012 (UTC)

Saúdos e RE:Saúdos

Con todo o afecto e inda agradecendo os teus comentarios, véxote a ti e a Galipedia con tanta distancia que me podo permitir dicir que non me sinto implicado. Desculpa, noutro tempo impliqueime moito, actualmente non estou disposto a manter relacións exclusivamente virtuais. É unha mágoa. Que che vaia ben, sabes que te quero inda que non saiba quen es nin coñeza máis ca túa voz polo teléfono. Non vexo que as cousas teñan que estar distintas a como están-- Lmbuga / Conversa comigo  02:59, 17 de marzo de 2012 (UTC)

Hoxe, reparando no tempo pasado, entendo ou considero que cometiches un erro (non un pecado). Dígoo desde a miña perspectiva, desde a miña moi persoal perspectiva. Cando deixaches de ser administrador, debiches afortalar lazos comigo. Ti saberás-- Lmbuga / Conversa comigo  03:12, 17 de marzo de 2012 (UTC)
Por certo, eu cometín moitos erros e máis graves, pero -isto vai para outros usuarios- teño dereito a existir-- Lmbuga / Conversa comigo  03:16, 17 de marzo de 2012 (UTC)

RE:Les mains sales‎

Pois a verdade non sei moi ben como será a forma correcta. Mañá pregunto a algún especialista. Grazas. Da gusto traballar con xente coma ti, sempre atento. Saúdos. --Xas (conversa) 22:26, 21 de marzo de 2012 (UTC)

Perdoar de meterme : As regras da ortotipografía en francés din ca primeira palabra dun titulo leva maiuscula, inda que teña diante un artigo. Mais moitos editores non na respetan, a coberta da edición que teño eu (é xa ten un montón de anos) :"Les mains sales", igual nesta edición que sendo mais recente tamén leva minuscula ; e nas publicacións vense as dúas formas. Agora ben, si queremos respetar a regra convencional en francés é : "Les Mains sales". --Elvira (Conversa comigo) 21:28, 22 de marzo de 2012 (UTC)

Data nos marcadores

Paréceme moi acertado ir metendo ese parámetro nos marcadores de mantemento. Adiante e grazas. --. HombreDHojalata.conversa 10:53, 25 de marzo de 2012 (UTC)

Permíteme dicir que estou en contra de empregar subst: para transcluír o contido do modelo, non cumpre. A categoría débese engadir de fondo automaticamente a partir do parámetro que se lle pase ao modelo. Algo similar ao que fixemos estes días cos modelos de lugares. --Toliño Fala aquí comigo 12:10, 25 de marzo de 2012 (UTC)
Retiro o que dixen, falei antes de tempo. Acabo de comprobar que o uso do subst: engade o parámetro da data, non traslada os contidos do modelo ao artigo no que se inclúe. Desculpas. O que si hai que modificar é o uso transversal que se fai do modelo de probas que creaches. --Toliño Fala aquí comigo 12:14, 25 de marzo de 2012 (UTC)

RE: Código para situar lugares nos mapas

Descoñézoo, pero coido que non. En calquera caso, pódese estudar a posible incorporación, supoño que non será demasiado traballo. Se o cres conveniente, póñome con iso. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:05, 25 de marzo de 2012 (UTC)

Auditorio de Galicia

Ola Prevert! Tentei non facer copia literal na medida do posible, mais non atopei polo momento o xeito de expresar os datos de dimensións do Auditorio, tentarei facelo mañán, xa que hoxe non creo que poda, ou se cres que debería cambiarse canto antes vai mirandoo ti. Moitas grazas, un saúdo. --Piquito (conversa) 19:59, 26 de marzo de 2012 (UTC)

Grazas pola Corrección Prevert, o certo é que onte non tiña moito tempo para mirar o xeito de cadralo, se logo se quere ampliar hai tempo, de momento mellor que quede como o deixaches para evitar problemas. Saúdos!!! --Piquito (conversa) 07:12, 28 de marzo de 2012 (UTC)

2 horas

A ti polo aviso. --. HombreDHojalata.conversa 20:20, 27 de marzo de 2012 (UTC)

Quixen dicir, bloqueado por 2 horas, grazas a ti polo aviso. --. HombreDHojalata.conversa 20:21, 27 de marzo de 2012 (UTC)

subst

Tes máis razón cun santo. Perdoa, é a forza do costume. --. HombreDHojalata.conversa 15:49, 30 de marzo de 2012 (UTC)

OKs --. HombreDHojalata.conversa 18:51, 30 de marzo de 2012 (UTC)

Borrado de páxinas

Grazas pola información, xa vin que a categoría borrouna HombreDHojalata. Saúdos,--Xosé Antonio (fálame sempre) 18:59, 30 de marzo de 2012 (UTC)

Filtro

A min tampouco me deixa, Prevert.

Dime: "A páxina que quixo gardar foi bloqueada polo filtro antispam. Isto, probabelmente, se debe a unha ligazón cara a un sitio externo que está na lista negra.

O seguinte texto foi o que activou o noso filtro de spam: http://birdwatc..." --. HombreDHojalata.conversa 22:50, 30 de marzo de 2012 (UTC)

Lugares de Abadín

Moi ben, moitas grazas. Tereino en conta para futuros artigos. Un saúdo e bo traballo. --Chairego (si?) 21:03, 31 de marzo de 2012 (UTC)

Vaites, non o sabía! Tentarei corrixilo en tódolos artigos que levo feito. Por certo, non saberás onde podo atopar a miña listaxe de artigos creados? e que así éme máis cómodo traballar para saber en que artigos cometín erros. Antes usaba unha táboa de toolserver.org, pero coido que expirou e non hai sinais de que volva a estar activa de novo. Un saúdo e darlle duro ó choio!! --Chairego (si?) 16:20, 02 de marzo de 2012 (UTC)
Grazas!!! Un saúdo --Chairego (si?) 16:35, 02 de marzo de 2012 (UTC)

Tarefas pendentes

Non vou estar moi activo estes días (de feito, poida que non se me vexa en absoluto ata o remate das vacacións). Simplemente deixo esta mensaxe para que saibas que non me esquezo dos plans de mellora do proxecto que levamos entre mans. E se esquezo algo ao meu regreso agradecería que se me avisase. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:01, 2 de abril de 2012 (UTC)

pazos

Pois si, se fose posible, e así evitamos parénteses innecesarios. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 12:29, 5 de abril de 2012 (UTC)

RE:Wikipedia:Caixas de usuario

Pois vale. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 13:04, 5 de abril de 2012 (UTC)

Ligazóns rotas

Ei Prevert, tes toda a razón. As ligazóns corresponden a un antigo foro de rugby xa desaparecido hai mais dun ano e á antiga páxina oficial da federación galega de rugby, que cambiou de dominio e de formato haberá só un par de meses. Xa me encargo eu de substituir esas ligazóns rotas por outras actuais. Graciñas polo aviso. -- JonnyJonny (conversa) 21:23, 5 de abril de 2012 (UTC)

Non hai problema. Así o farei. -- JonnyJonny (conversa) 21:29, 5 de abril de 2012 (UTC)
Feito! Feito!. Non obstante, atopei as mesmas ligazóns mortas noutros artigos que non aparecían nesa lista. Tamén me poño con elas. -- JonnyJonny (conversa) 22:13, 5 de abril de 2012 (UTC)

Resposta

Eu tampouco teño ganas de pelexar, só digo que igual que se respectan unhas ideoloxías deberían respectarse as outras. Lamento incluir a todos os usuarios neste bloque pero é o que parece posto que "as normas" son algo separatistas.

O único que propoño é que na páxina do Cara al Sol permañeza a letra, igual que o fai no resto de páxinas da wikipedia e o fan o resto de himnos que non cumpren os 70 anos da morte do autor e si aparecen.

Entendo que non queras responder, e non o consideres un ataque contra ti. Moitas gracias por responder os meus pesares. --193.153.52.49 18:06, 6 de abril de 2012 (UTC)