Ortotipografía
Aparencia
A ortotipografía é o conxunto de convencións que ten unha lingua para darlle formato ós textos. Normalmente pasan desapercibidos polos lectores ata que chega o momento de escribir e/ou publicar. Os principais aspectos normativos da ortotipografía son:
- uso das maiúsculas;
- abreviacións, abreviaturas, siglas e acrónimos;
- signos de puntuación (espazo, punto, coma ou vírgula, punto e coma, dous puntos, puntos suspensivos, comiñas ou aspas , parénteses, signo de exclamación e signo de interrogación);
- uso de modificacións da letra (grosa[1], cursiva ou itálica, subliñado);
- uso das cifras ou dos números en letra;
Por extensión aplícase tamén ás seguintes características:
- corpo e tipo de letra;
- separación entre alíneas e entre parágrafos;
- formato das epígrafes;
- formato e uso de citas e enumeracións;
- numeración das páxinas e a súa posición;
- encabezamentos das páxinas co título e/ou autor do texto;
- pés de páxina e de imaxe (fotografías, gráficas ou esquemas);
A ortotipografía destas últimas (e moitas outras cuestións) é normalmente prerrogativa dos editores.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de outubro de 2013. Consultado o 15 de setembro de 2013.