Conversa usuario:Zarrulheiro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido á Galipedia, Zarrulheiro!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--. HombreDHojalata.conversa 08:40, 4 de marzo de 2012 (UTC)

Benvido Zarrulheiro. Aínda que a páxina de prodecencia dunha parte considerable da edición do artigo Lourenzo Fernández Prieto ten licenza compatible coa Galipedia unha das condicións da licenza CC BY 3.0 é a seguinte "Recoñecemento — Debe recoñecer os créditos da obra do xeito especificado polo autor ou polo licenciador (pero non de xeito que suxira que ten o seu apoio ou apoian o uso que fan da sua obra.". No caso concreto das biografías de persoas vivas utilizar de xeito literal o texto (outra cousa sería utilizala como unha posible fonte de datos dependendo de cada situación concreta, porque podería darse o caso de non poder facelo) pode supoñer un problema de conflito de intereses. Porque na práctica equivale, nesa parte, a que o autor é a persoa da biografía ou alguén do seu equipo. Aínda que a edición sexa neutra é unha incompatibilidade. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:55, 4 de marzo de 2012 (UTC)

Grazas pola resposta. Arranxar este tipo de temas ás veces non é doado xa que non abonda con mudar algunhas palabras. Teño que atender a unha serie de edicións pendentes e non podo revisar polo miúdo as correccións neste momento. Se algún compañeiro non pasa polo artigo antes nos próximos días tentarei buscar unha solución. Un cordial saúdo. --Prevertgl 08:54, 5 de marzo de 2012 (UTC)
Adiante coas correccións de datos inexactos, iso é independente da revisión. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:25, 5 de marzo de 2012 (UTC)
Re: c.i. 3. Grazas poloa aviso. Hoxe non podo miralo porque aínda teño pendente outras edicións. En canto poida vou alá. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:43, 5 de marzo de 2012 (UTC)