Boloña: Diferenzas entre revisións
m r2.7.2) (Bot: Modifico: ar:بولونيا (إميليا رومانيا) |
|||
Liña 109: | Liña 109: | ||
[[af:Bologna]] |
[[af:Bologna]] |
||
[[ar:بولونيا ( |
[[ar:بولونيا (إميليا رومانيا)]] |
||
[[ast:Boloña]] |
[[ast:Boloña]] |
||
[[ay:Bologna]] |
[[ay:Bologna]] |
Revisión como estaba o 25 de decembro de 2011 ás 14:18
Bologna (Bulåggna en boloñés) é unha cidade de Italia de 374.561 habitantes (2008), capital da provincia homónima, así como da rexión de Emilia-Romagna. Situada entre o río Reno e o río Sávena, cerca dos Apeninos, é unha das cidades históricas mellor conservadas e que posúe o segundo casco antigo medieval máis grande de Europa, despois do de Venecia.
Antiquísima cidade universitaria (oficialmente dende 1088), acolle numerosos estudantes que a enriquecen e animan a súa vida cultural e social. Coñecida polas súas torres e os longos pórticos, posúe un ben conservado centro histórico (entre os máis extensos de Italia), grazas a unha atenta política de restauración e conservación posta en práctica dende finais dos anos 60 do século pasado, establecida para solucionar os estragamentos urbanísticos de finais do século XIX e das destrucións bélicas.
Bologna é un importante nó de comunicacións rodoviario e ferroviario do norte de Italia, relevante polo feiral e área na que residen importantes industrias mecánicas, electrónicas e alimentares. É sede de importantes institución culturais, económicas e políticas.
Evolución demográfica
Historia
A rexión está habitada desde o século IX a.C., os etruscos substituíron aos umbros a partir do século VI a.C. dándolle o nome de Velzna, latinizano como Felsina.
Cidades irmás
- Modelo:RUb Coventry, Reino Unido, desde 1984
- Kharkiv, Ucraína, desde 1966
- La Plata, Arxentina, desde 1988
- Leipzig, Alemaña, desde 1962
- St. Louis, Missouri, Estados Unidos, desde 1987
- Portland, Oregon, Estados Unidos, desde 2003
- Salónica, Grecia, desde 1981
- San Carlos, Nicaragua, desde 1988
- Saint-Louis, Senegal, desde 1991
- Toulouse, Francia, desde 1981
- - Tuzla, Bosnia Herzegovina, desde 1994
- Valencia, España, desde 1976
- Zagreb, Croacia, desde 1963