Imperio Británico: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 30: Liña 30:
Así, en [[1670]] xa existían colonias inglesas estables na América do Norte (Nova Inglaterra, Virxinia, Carolina) e en [[Illa Antiga|Antiga]], [[Barbados]], [[Belize]] e [[Xamaica]], ben como unha penetración comercial na [[India]] desde 1600, grazas á [[Compañía Británica das Indias Orientais]]. Funda desde 1660, en África, postos de captación de escravos para as plantacións americanas, apoderándose, o século seguinte en [[1787]], de moitos territorios entre o [[Río Gambia]] (encravado no [[Senegal]] francés) e a [[Nixeria]], abarcando a famosa [[Costa do Ouro]], o actual [[Gana]]. O [[século XVIII]] é, deste modo, o período de afirmación e maduración do proxecto colonial británico.
Así, en [[1670]] xa existían colonias inglesas estables na América do Norte (Nova Inglaterra, Virxinia, Carolina) e en [[Illa Antiga|Antiga]], [[Barbados]], [[Belize]] e [[Xamaica]], ben como unha penetración comercial na [[India]] desde 1600, grazas á [[Compañía Británica das Indias Orientais]]. Funda desde 1660, en África, postos de captación de escravos para as plantacións americanas, apoderándose, o século seguinte en [[1787]], de moitos territorios entre o [[Río Gambia]] (encravado no [[Senegal]] francés) e a [[Nixeria]], abarcando a famosa [[Costa do Ouro]], o actual [[Gana]]. O [[século XVIII]] é, deste modo, o período de afirmación e maduración do proxecto colonial británico.


O seu único revés neste período, forte de feito, será a [[independencia dos Estados Unidos]], en [[1776]]. Esta perda será compensada co inicio da [[colonización de Australia]] en [[1783]] e máis tarde da [[Nova Celandia]] a partir de [[1840]], para onde envía inicialmente deportados.
O seu único revés neste período, forte de feito, será a [[Revolución Americana|independencia dos Estados Unidos]], en [[1776]]. Esta perda será compensada co inicio da [[colonización de Australia]] en [[1783]] e máis tarde da [[Nova Celandia]] a partir de [[1840]], para onde envía inicialmente deportados.


A súa armada mantense superior á demais coa [[Batalla de Trafalgar]] en [[1805]], impondo unha vez máis unha pesada derrota a un adversario. O dominio de novas colonias é constante nesta altura - [[Malaca]], desde [[1795]], [[Ceilán]], [[Trindade e Tobago - Trinidad and Tobago|Trindade e Tobago]], en [[1802]], [[Malta]], [[Santa Lucía]] e [[Mauricia]], en [[1815]], despois da derrota napoleónica e do seu bloqueo continental.
A súa armada mantense superior á demais coa [[Batalla de Trafalgar]] en [[1805]], impondo unha vez máis unha pesada derrota a un adversario. O dominio de novas colonias é constante nesta altura - [[Malaca]], desde [[1795]], [[Ceilán]], [[Trindade e Tobago - Trinidad and Tobago|Trindade e Tobago]], en [[1802]], [[Malta]], [[Santa Lucía]] e [[Mauricia]], en [[1815]], despois da derrota napoleónica e do seu bloqueo continental.
Liña 38: Liña 38:
O [[século XIX]] marca o auxe do Imperio Colonial Británico, cuxa expansión económica e humana é favorecida polo desenvolvemento do capitalismo financeiro e industrial, ben como pola presión demográfica elevada.
O [[século XIX]] marca o auxe do Imperio Colonial Británico, cuxa expansión económica e humana é favorecida polo desenvolvemento do capitalismo financeiro e industrial, ben como pola presión demográfica elevada.


Por outro lado, marca unha nova administración e xestión da realidade colonial. Exemplo diso é o goberno directo da Coroa na India. Aí, porén, producirase a primeira gran revolta contra o dominio colonial británico: a [[revolta dos sipais]], en [[1858]], que ditará o fin da [[Compañía Británica das Indias Orientais]]. En [[1877]], a [[raíña Vitoria]] - nun xesto de cohesión fronte ás autonomías ou aspiracións máis radicais - proclámase imperatriz da India, que comprendía un extenso territorio entre a fronteira irano-paquistaní e a [[Birmania]] e entre o [[Océano Índico]] e o [[Tibet]]. Na [[China]], estabeleceuse en [[Xangai]]. Na África, aliméntase cada vez máis o soño de construír un imperio inglés entre o [[Cairo]], no Exipto, e a [[Cidade do Cabo]], na [[África do Sur]], o que é conseguido despois da [[Conferencia de Berlín]] ([[1884]]-[[1885]]), que lexitima a anexión de todos os territorios ao longo dese corredor africano (Exipto, [[Sudán]], [[Quenia]], [[Rodesia]], [[Transvaal]], etc.).
Por outro lado, marca unha nova administración e xestión da realidade colonial. Exemplo diso é o goberno directo da Coroa na India. Aí, porén, producirase a primeira gran revolta contra o dominio colonial británico: a [[revolta dos sipais]], en [[1858]], que ditará o fin da [[Compañía Británica das Indias Orientais]]. En [[1877]], a [[raíña Vitoria]] - nun xesto de cohesión fronte ás autonomías ou aspiracións máis radicais - proclámase imperatriz da India, que comprendía un extenso territorio entre a fronteira irano-paquistaní e a [[Birmania]] e entre o [[Océano Índico]] e o [[Tibet]]. Na [[China]], estabeleceuse en [[Xangai]]. Na África, aliméntase cada vez máis o soño de construír un imperio inglés entre o [[Cairo]], no Exipto, e a [[Cidade do Cabo]], na [[África do Sur]], o que é conseguido despois da [[Conferencia de Berlín]] ([[1884]]-[[1885]]), que lexitima a anexión de todos os territorios ao longo dese corredor africano (Exipto, [[Sudán]], [[Quenia]], [[Cimbabue - Zimbabwe|Rodesia]], [[Transvaal]], etc.).
Neste último, entre [[1899]] e [[1902]], trabará a primeira guerra do imperio, contra os bóers (descendentes de colonos holandeses estabelecidos desde o século XVII na África do Sur), que se tornarán autónomos en [[1910]] (Unión Surafricana).
Neste último, entre [[1899]] e [[1902]], trabará a primeira guerra do imperio, contra os bóers (descendentes de colonos holandeses estabelecidos desde o século XVII na África do Sur), que se tornarán autónomos en [[1910]] (Unión Surafricana).



Revisión como estaba o 11 de febreiro de 2011 ás 19:50

O Imperio colonial británico en cor rosa, cor tradicional para as delineacións en mapas das posesións imperialistas británicas.
Mapa anacrónico dos territorios Británicos e, anterior ao Tratado de Unión de 1707, das posesións Inglesas.

O Imperio Británico foi o conxunto das colonias que os exploradores ao servizo dos reis da Gran Bretaña foron ocupando en practicamente todo o mundo, a partir do século XVI. En 1921, coa sinatura do Tratado de Versalles, que rematou oficialmente a Primeira Guerra Mundial, o Reino Unido obtivo o mandato de administrar algunhas das antigas colonias alemás, chegando dese modo a estender o seu dominio a unha área de cerca de 33 millóns de km² e unha poboación de cerca de 458 millóns de persoas, na América do Norte (o Canadá), en África (practicamente toda a África oriental e parte da occidental), en Asia (parte do Medio Oriente e do subcontinente indio) e tamén Australia e partes de Oceanía.


Colonias Británicas

Ex-colonias

Historia da colonización británica

Os ingleses lanzáronse á conquista do mundo durante o reinado de Henrique VIII (1509-1547), que promoveu a industria naval, como forma de expandir o comercio para alén das Illas Británicas. Mais as primeiras colonias británicas só foron fundadas durante o reinado de Isabel I, cando Sir Francis Drake circumnavegou o globo os anos 1577 a 1580 (Fernão de Magalhães xa a realizara en 1522). En 1579, Drake chegou á California e proclamou aquela rexión "colonia da Coroa", chamándolle "Nova Albion" ("Nova Inglaterra"), mais non promoveu a súa ocupación. Humphrey Gilbert chegou á Terra Nova en 1583 e declarouna colonia inglesa, mentres Sir Walter Raleigh organizou a colonia da Virxinia en 1587, mais ambas estas colonias tiveron pouco tempo de vida e tiveron que ser abandonadas, por falta de comida e encontros hostís coas tribos indíxenas do continente Americano.

Foi só o século seguinte, durante o reinado de Xacobe I da Inglaterra, despois da derrota da Armada Invencible de España, que foi asinado o Tratado de Londres, permitindo o estabelecemento da colonia da Virxinia en 1607. Durante os tres séculos seguintes, os ingleses expandiron o seu imperio a practicamente todo o mundo, incluíndo gran parte de África, case toda a América do Norte, a India e rexións veciñas e varias illas ao redor do mundo.

Así, en 1670 xa existían colonias inglesas estables na América do Norte (Nova Inglaterra, Virxinia, Carolina) e en Antiga, Barbados, Belize e Xamaica, ben como unha penetración comercial na India desde 1600, grazas á Compañía Británica das Indias Orientais. Funda desde 1660, en África, postos de captación de escravos para as plantacións americanas, apoderándose, o século seguinte en 1787, de moitos territorios entre o Río Gambia (encravado no Senegal francés) e a Nixeria, abarcando a famosa Costa do Ouro, o actual Gana. O século XVIII é, deste modo, o período de afirmación e maduración do proxecto colonial británico.

O seu único revés neste período, forte de feito, será a independencia dos Estados Unidos, en 1776. Esta perda será compensada co inicio da colonización de Australia en 1783 e máis tarde da Nova Celandia a partir de 1840, para onde envía inicialmente deportados.

A súa armada mantense superior á demais coa Batalla de Trafalgar en 1805, impondo unha vez máis unha pesada derrota a un adversario. O dominio de novas colonias é constante nesta altura - Malaca, desde 1795, Ceilán, Trindade e Tobago, en 1802, Malta, Santa Lucía e Mauricia, en 1815, despois da derrota napoleónica e do seu bloqueo continental.

Singapur é fundada por Thomas Raffles en 1819. No Canadá rexístrase o adianto para oeste, abrindo novas frontes de colonización, o mesmo sucedendo na India, coa explotación do interior do Decán e de Assam, Bengala, etc.

O século XIX marca o auxe do Imperio Colonial Británico, cuxa expansión económica e humana é favorecida polo desenvolvemento do capitalismo financeiro e industrial, ben como pola presión demográfica elevada.

Por outro lado, marca unha nova administración e xestión da realidade colonial. Exemplo diso é o goberno directo da Coroa na India. Aí, porén, producirase a primeira gran revolta contra o dominio colonial británico: a revolta dos sipais, en 1858, que ditará o fin da Compañía Británica das Indias Orientais. En 1877, a raíña Vitoria - nun xesto de cohesión fronte ás autonomías ou aspiracións máis radicais - proclámase imperatriz da India, que comprendía un extenso territorio entre a fronteira irano-paquistaní e a Birmania e entre o Océano Índico e o Tibet. Na China, estabeleceuse en Xangai. Na África, aliméntase cada vez máis o soño de construír un imperio inglés entre o Cairo, no Exipto, e a Cidade do Cabo, na África do Sur, o que é conseguido despois da Conferencia de Berlín (1884-1885), que lexitima a anexión de todos os territorios ao longo dese corredor africano (Exipto, Sudán, Quenia, Rodesia, Transvaal, etc.). Neste último, entre 1899 e 1902, trabará a primeira guerra do imperio, contra os bóers (descendentes de colonos holandeses estabelecidos desde o século XVII na África do Sur), que se tornarán autónomos en 1910 (Unión Surafricana).

Este conflito demostra a desaparición gradual dos últimos obstáculos para a plena soberanía das colonias desde o comezo da segunda metade do século XIX. Nese período, é dada autonomía á colonias de maioría de poboación europea, como o Canadá, a Australia, a Nova Celandia e as rexións da África do Sur (Cabo, Orange, Natal e Transvaal), que gañan un estatuto de dominios (soberanía case total, mais leais á Coroa británica), respectivamente, en 1867, 1901, 1907 e 1910. De feito, xa só dependían da metrópole, até esa data, para asuntos externos e de defensa.

Estes dominios participarán ao lado da Inglaterra na Primeira Guerra Mundial, o que orixina unha nova organización do imperio, cada vez máis diminuto debido á independencia daqueles dominios de poboación maioritariamente europea, aínda que asociados á Inglaterra a través da Commonwealth (Estatuto de Westminster, 1931). Irlanda, Canadá e África do Sur aceptan o Estatuto nesa data, facer máis tarde a Australia en 1942 e a Nova Celandia en 1947: perden así o vínculo ao Reino Unido, a pesar de recoñeceren a soberanía simbólica da Coroa británica.

No resto do imperio - que o Exipto é a primeira colonia non-branca en o abandonar -, de poboación basicamente autóctona, novas fórmulas de asociación política e económica son adoptadas: na India, por exemplo, téntase aproximar a poboación da administración, aínda que con custos elevados. De feito, tras a Segunda Guerra Mundial e co despertar dos nacionalismos, India e Paquistán tórnanse independentes e a Irlanda pasa a república.

As décadas seguintes serán o escenario histórico da disgregación do imperio, nomeadamente en África. Actualmente, despois da devolución de Hong Kong, en 1997, á China, o Imperio Colonial Británico resúmese a Xibraltar, á Illa de Man e á illas da Canle da Mancha, na Europa, o Territorio Británico do Océano Índico, Pitcairn e dependencias no Pacífico, Illas Malvinas, Anguila, Bermudas, Xeorxia do Sur, as Illas Caimán, Turks e Caicos, Montserrat, Illas Virxes Británicas e Santa Helena e dependencias (Tristão da Cunha e Ascensión) no Atlántico.

Modelo:Link FA