Saltar ao contido

Escudo de Albania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Albania
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
21 de outubro de 1998 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Xurisdición
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/029r9d Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O escudo de Albania é unha adaptación da bandeira estatal. Está baseado no selo de Gjergj Kastrioti Skanderbeg (1405-1468), heroe nacional durante a loita contra a ocupación otomá. Precisamente o emblema por riba da cabeza da aguia bicéfala é o casco de Skanderbeg, con dous cornos de cabra.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Casco de Skanderbeg.

É un escudo de armas con fondo de goles, cunha aguia bicéfala de sabre (cor negra en heráldica). Coroada cunha representación do casco de Skanderbeg de ouro.

Descrito na Constitución de 1999, foi adoptado oficialmente o 31 de xullo de 2002, en substitución do da antiga República Popular de Albania, de tipo socialista, coa aguia de sabre coroada cunha estrela vermella de cinco puntas cercada por feixes de espigas de ouro, ligadas cunha cinta vermella coa inscrición «24 de maio de 1944», data do Congreso de Përmet, onde se proclamou Enver Hoxha primeiro ministro do Goberno provisional albanés durante a ocupación nazi.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]