Saltar ao contido

Emblema de Abkhazia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emblema de Abkhazia
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
23 de xullo de 1992 Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/07tbrc Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Actualmente existen dúas entidades que disputan o goberno de Abkhazia, a parcialmente recoñecida República de Abkhazia e o Goberno da República Autónoma de Abkhazia.

República de Abkhazia

[editar | editar a fonte]

O emblema da República de Abkhazia foi adoptado polo Soviet Supremo de Abkhazia o 23 de xullo de 1992, despois da declaración de secesión de Xeorxia.

O emblema está dividido verticalmente en verde e branco. Sobre este fondo hai figuras en dourado:

  • Na base, unha estrela de oito raios. A mesma estrela, máis pequena, tamén aparece na parte superior do lado verde e do branco.
  • No centro do brasón hai un xinete cabalgando no poldro chamado Arash, e disparando unha frecha cara ás estrelas. Esta é unha escena da epopea heroica Narts.

O verde simboliza a xuventude e a vida, mentres que o branco simboliza a espiritualidade. As estrelas representan o sol, así como a unión de Oriente e Occidente.

República Autónoma de Abkhazia

[editar | editar a fonte]

A República Autónoma de Abkhazia usa o escudo de armas de Xeorxia e tamén adoptou un logotipo que se utiliza cos símbolos nacionais de Xeorxia. O logotipo leva o nome da república autónoma en xeorxiano e abkhazo e representa á Casa de Goberno en Sukhumi.

Escudos históricos

[editar | editar a fonte]