Escudo de Kosovo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo oficial de Kosovo
O logo das Institucións Provisionais de Autogoberno.

O escudo de Kosovo foi adoptado polos organismos transitorios de goberno de dito territorio xunto coa declaración de independencia do país, proclamada o 17 de febreiro de 2008.

O escudo é unha versión modificada da bandeira de Kosovo adoptada nesa mesma data, e está composto por un escudo de fondo azul e bordo dourado, sobre o cal se sitúa un mapa de Kosovo en cor amarelo e seis estrelas brancas de cinco puntas sobre este, que representan respectivamente a cada un dos pobos que habitan o territorio de Kosovo: albanés, bosnio, goraní, romanés, serbio e turco.

Escudo do Goberno Transitorio[editar | editar a fonte]

A Administración das Nacións Unidas para Kosovo (UNMIK) aprobou o deseño dun logotipo para as Institucións Provisionais de Autogoberno (IPAG) de dito territorio, o cal non era en si un escudo de armas pero tiña o mesmo uso que este.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]