Escudo de Bulgaria
A versión actual do escudo de Bulgaria aparece descrita na Lei do Escudo de Armas de Bulgaria que foi aprobada o 5 de agosto de 1997.
No escudo aparece, nun campo de goles, un león rampante, uñado, linguado e coroado de ouro . O brasón está flanqueado por dous leóns coroados de ouro que o sosteñen. As figuras dos dous leóns están situadas sobre dúas polas cruzadas de aciñeira con landras que simbolizan as 3 principais partes de Bulgaria Mesia, Tracia e Macedonia. Na parte inferior do escudo incorpórase unha cinta coas cores da bandeira na que se pode ler o lema nacional: "Съединението прави силата" (A unión fai a forza).
As armas de Bulgaria están timbradas cunha coroa pechada, a mesma que usaron os antigos monarcas dende 1878 até 1946, composta por oito cruces (vistas cinco), outros tantos diademas decorados con perlas e rematadas cun orbe e outra cruz.