Escudo de Eslovenia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coat of arms of Slovenia.svg

No escudo de Eslovenia aparece, nun campo de azur con bordura de goles, o debuxo do monte Triglav de prata, o cumio máis alto de Eslovenia. O monte Triglav está surmontado no xefe por tres estrelas de seis puntas, de ouro, colocadas dous e unha. Estas estrelas foron adoptadas do escudo dos condes de Celje (en esloveno «Grofje Celjski»), a gran casa dinástica de fins do século XIV e comezos do século XV. Ao pé, dentro do escudo, dúas liñas onduladas de azur que representan ao mar Adriático e aos ríos de Eslovenia. Foi deseñado por Marko Pogačnik.

A versión actual foi declarada como escudo oficial de Eslovenia pola Asemblea Nacional o 24 de xuño de 1991.

República Socialista de Eslovenia (República Federal Socialista de Iugoslavia)[editar | editar a fonte]