Skanderbeg
Nome orixinal | (sq) Skënderbeu |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de maio de 1405 (Gregoriano) Sinë (Principality of Kastrioti) |
Morte | 17 de xaneiro de 1468 (Gregoriano) (62 anos) Lezhë (República de Venecia) |
Causa da morte | malaria |
Lugar de sepultura | Lezhë Igrexa de San Nicolás |
Monarca | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo, catolicismo, Cristianismo ortodoxo, Islam e Igrexas católicas orientais |
Educación | Escola Enderun |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata, estadista, comandante |
Membro de | |
Carreira militar | |
Rango militar | comandante |
Familia | |
Familia | Familia Castriota |
Cónxuxe | Donika Castriota |
Fillos | Gjon Castriota II |
Pais | Gjon Castriota e Voisava Tripalda |
Irmáns | Mara Castriota |
Parentes | Irene Castriota Scanderbeg, bisneta |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Enciclopédia militar Sytin (pt) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Xurxo Castriota, máis coñecido como Skanderbeg (Gjergj Kastrioti Skënderbeu en albanés, Iskender Beg en turco-otomán), nado o 6 de maio de 1405 e finado en Lezhë o 17 de xaneiro de 1468, foi un aristócrata e militar albanés, considerado o heroe nacional do país.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mocidade
[editar | editar a fonte]Era fillo de Xoán Castriota (Gjon Kastrioti), príncipe de Croia, e da princesa Vojsava Tripalda, orixinaria do val do Polog, na parte nor-occidental da actual Macedonia do Norte.
Entre finais dol século XIV e o primeiro decenio do XV as forzas otomás ocuparon Albania e fixeron fronte ás revoltas dos príncipes albaneses. Xoán Castriota foi un dos señores albaneses que se rebelaron contra a ocupación das forzas do sultán Murad II que capturaron os catro fillos da liñaxe dos Castriota: Stanisha, Reposhi, Costantino e Xurxo e que os mantiveron como reféns na corte de Edirne. Dous morreron, outro síxose monxe e o cuarto, Xurxo, combateu para o turco.
Na corte do sultán, Xurxo Castriota distínguese pola súa capacidade e intelixencia; falaba perfectamente, ademais do albanés, o grego, o turco, o latín, o búlgaro e o serbocroata. Converteuse nun experto no uso das armas, e da estratexia militar, contando coa estima do sultán que lle deu o nome de Iskender (Alexandre) Beg, que os albaneses nacionalizaron en Skënderbej.
Volta a Albania
[editar | editar a fonte]Tras unha serie de empresas militares efectuadas brillantemente para os intereses dos turcos, a fama do novo Castriota fano popular en Albania. Emisarios da súa familia informáronlle da dramática situación dos albaneses, sen aparentemente obter resultado. O 28 de novembro de 1443, o sultán encargoulle enfrontarse cunha coalición de exércitos cristiáns, nos que os húngaros tiñan o liderado e guiados polo señor de Transilvania János Hunyadi ("o cabaleiro branco"), para reconquistar Serbia, que os nobres húngaros liberaran dos otománs.. Skanderbeg, influenciado polas súplicas da súa xente, desoiu as ordes do sultán e mandou por medio dun home de confianza unha mensaxe segreda a Hunyadi onde lle informaba da súa intención de abandonar o exército turco ao seu encontro. E así a noite anterior ao encontro, Scanderbeg deixou o exército turco con 300 fieis albanesesi. Co seu grupo tomaron o castelo de Krujë, e nunha rápida sucesión conquistou todas as fortalezas ocupadas polos turcos.
Skanderbeg, logo de conquistar a fortaleza de Croia, autoproclamouse vingador da súa propia familia e do seu país, pronunciando a famosa frase: "Non viña eu a traer a liberdade, mais atopeina aquí entre vós".
Guerra contra os turcos
[editar | editar a fonte]O 2 de marzo de 1444, na catedral veneciana de San Nicolao en Lezhë, Skanderbeg organizou unha concello coa maior parte dos príncipes albaneses que contou tamén con representantes da República de Venecia, no que se coñece como a Liga de Lezhë; e no que Skanderbeg foi proclamado guía da nación albanesa. Mentres tanto o sultán Murad II, enviou contra os albaneses un poderoso exército de 25000 homes ás ordes de Alì Pasha. O encontro coas forzas netamente inferiores de Skanderbeg celebrouse o 29 de xuño de 1444, en Torvioll. A vitoria de Skanderbeg tivo unha ampla resonancia, chegando ata o papa Uxío IV, que mesmo chegou a pensar nunha nova cruzada contra o islam, dirixida por Skanderbeg[1][2][3]. Nunha nova batalla contra 15000 cabaleiros ao mando de Firuz Pasha que se realizou en Prizren o 10 de outubro de 1445 saíu de novo vencedor Skanderbeg.
Baixo as ordes de Mustafá Pasha, os turcos atopáronse de novo cos albaneses o 27 de setembro de 1446, foi unha nova derrota para os otománs.
Aínda que os venecianos ao comezo apoiaban a Skanderbeg, o seu ascenso como unha forza poderosa na rexión alterou a súa posición e acabaron do lado do sultán.
Pero a derrota dos otománs en Dibër forzou os venecianos a asinar a paz cos albaneses o 4 de outubro de 1448 mentres o húngaro Hunyad avanzaba co seu exército en Kosovo e invitou a Skanderbeg a unirse na batalla contra o sultán, mais non participou por impedimentos do rei serbio Đurađ Branković, aliado de Murad II.[4][5][6][7] Por mor diso, Skanderbeg destruíu algunhas aldeas serbias ao longo do seu camiño.[4][8] [9]
En xuño de 1450, Murad II en persoa intevén contra os albaneses á cabeza duns 100 000 soldados, asediando o castelo de Kruje, defendido por un dos homes de confianza de Skanderbeg, Vrana Konti, mentres Skanderbeg atacaba as subministracións do sultán, este tras fracasar no intento de tomar a fortaleza acabou por levantar o asedio. Skanderbeg intensificou as súas relacións con Afonso de Aragón, principal rival de Venecia no Mediterráneo. .
Mehmed II, sucesor de Murad, e consciente das graves consecuencias da alianza do Reino de Nápoles e os albaneses, decidiu mandar dúas armadas contra Albania, unha comandada por Hamza Bey e outra por Dalip Pashá. que foron destruídas en xullo de 1452 rematando coa captura de Hamza Bey e a morte en batalla de Dalip Pashá.
Paráronse outras incursións turcas: Skopje o 22 de abril de 1453, Oranik en 1456, no val do río Mati o 7 de setembro de 1457. No transcurso de 1458, Skanderbeg realizou unha serie de ofensivas, que remataron na destrución de tres exércitos turcos.
A fama de Scanderbeg aumentaba progresivamente, reforzado por só ter uns 20000 homes á súa disposición. O sultán turco intentou asinar un tratado de paz, pero os albaneses non cederon. En febreiro de 1462 dous exércitos turcos ao mando de Hussein Bey e Sinan Bey avanzaban contra os albaneses que entraron en batalla preto de Skopjë, e que se saldou cunha nova derrota turca, que levou á sinatura dun tratado de paz entre Mehmed e Skanderbeg asinado o 27 de abril de 1463. Ferdinando I no anol 1464, en sinal de recoñecemento pola axuda recibida de Skanderbeg concedeulle o feudo de Monte Sant'Angelo, Trani e San Giovanni Rotondo. Tras unha invasión fracasada o ano anterior na primavera de 1466, o sultán reúne unha forza impoñente e pon sitio a Krujë pero o seu novo fracaso supuxo unha extraordinaria vitoria para o líder albanés. Ao ano seguinte Mehmed volveu poñer sitio a Krujë, mais tras innumerables intentos de atacar a cidade, levantou o campo. Durante o conflito Skanderbeg enfermou de malaria na cidade de Lezhë, controlada polos venecianos, e morreu o 17 de xaneiro de 1468, xusto cando un exército mandado por Leke Dukagjini derrotaba os otománs en Shkodra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Giorgio Castriota Scanderbeg, di Barbara Barletta, Personaggi del Medioevo
- ↑ Famiglia Castriota Scanderbech
- ↑ InStoria - Scanderbeg
- ↑ 4,0 4,1 Frashëri 2002, pp. 160–161
- ↑ Dorothy Margaret Vaughan, Europe and the Turk: a pattern of alliances, 1350-1700, AMS Press, 1º giugno 1954, p. 62, ISBN 978-0-404-56332-5.
- ↑ Jean W.
- ↑ Babinger 1992, p. 40
- ↑ Setton 1978, p. 100
- ↑ Malcolm, Noel, Kosovo: A Short History, 1998, pp. 89-90
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Giorgio Sfranze, Paleologo Grandezza e caduta di Bisanzio, Palermo, Sellerio 2008, ISBN 88-389-2226-8
- Alban Kraja, Skenderbeg - La Campagna d'Italia, Roma-Rimini 2003.
- Tajar Zavalani, Historia e Shqipërisë, 2 vol., Londres 1961-1966.
- Jaho Brahaj - Skender Sina, Gjergj Kastrioti Skënderbeu, Tirana 1967.
- Gino Pallotta, Skanderbeg Principe degli Albanesi, 1968.
- Anton Logoreci, The Albanians, Londres 1977.
- Papàs Lino Bellizzi, Giorgio Kastriota Skanderbeg - Monografia su Villa Badessa.
- Deuxième Conférence des études albanologiques à l'occasion du 5e centenaire de la mort de Georges Kastriote Skanderbeg (Tirana, 12-18 de xaneiro de 1968), Tirana 1969-1970.