Saltar ao contido

Escudo de Grecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Grecia
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
7 de xuño de 1975 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/08kh8v Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O escudo de Grecia está composto por un único campo de azur cunha cruz grega de prata co que se quixo representar á Igrexa Ortodoxa Grega en 1828. É a mesma composición existente na bandeira vixente até 1978 e que actualmente figura nun recadro situado na esquina superior da Bandeira de Grecia xunto ao mastro.

O devandito escudo aparece rodeado por dúas ramas de loureiro. A súa versión actual foi aprobada o 7 de xuño de 1975 cando se eliminaron a coroa real e outros elementos asociados coa antiga monarquía grega e os seus vencellos dinásticos.

Escudos históricos

[editar | editar a fonte]