Escudo de Gales
| Escudo de Gales | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
O escudo de Gales foi aprobado no mes de maio do ano 2008 para ser empregado como símbolo oficial pola Asemblea e Goberno autónomos do País de Gales.
Consiste nun escudo acuartelado de ouro (o primeiro e terceiro cuartel) e goles (o segundo e cuarto cuartel), catro leóns pasantes (un en cada cuartel). No primeiro e cuarto cuartel o león é de goles e no segundo e terceiro, de ouro, e todos eles están armados de azur.
Está todo rodeado por unha cinta de sínople (verde) bordeada de ouro e cargada co lema “PLEIDIOL WYF I'M GWLAD” (Son fiel á miña terra), escrito en letras do mesmo metal. A cinta está rodeada por unha coroa formada polos símbolos vexetais de Gales, Escocia, Irlanda do Norte e Inglaterra: o narciso, o cardo, o trevo e a rosa heráldica. Ó timbre, a Coroa de San Eduardo, que é a coroa real do Reino Unido.

Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Gales |
