Escudo de Moldavia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Moldavia

O escudo de Moldavia está composto por unha figura dunha aguia de ouro, con pico e garras de goles que sostén no seu pico unha cruz ortodoxa de ouro e, coas súas gadoupas, unha póla de loureiro de sinople e un cetro de ouro. A figura da aguia é practicamente idéntica á que figura no escudo de Romanía.

Sobre o peito da aguia figura o brasón que é un campo partido de goles e azur cos elementos heráldicos tradicionais de Moldavia, unha testa de uro de ouro cun sol do mesmo metal entre os seus cornos e rodeada, á súa esquerda, por unha rosa de cinco pétalos de goles (representada en ocasións de ouro) e, á súa dereita, un crecente tamén de ouro. Este brasón con algunhas diferenzas tamén figura nun dos cuarteis do escudo de Romanía.

O escudo de Moldavia figura no centro da bandeira de Moldavia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]