Enrique Ferreirós Candamo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Enrique Ferreirós Candamio»)
Infotaula de personaEnrique Ferreirós Candamo
Biografía
Nacemento1921 Editar o valor em Wikidata
Muros, España Editar o valor em Wikidata
Morteagosto de 1947 Editar o valor em Wikidata (25/26 anos)
Frades, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesGumersindo
Moreno Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Enrique Ferreirós Candamo,[1] coñecido como Gumersindo e Moreno, nado en Muros en 1921 e finado en Frades en agosto de 1947, foi guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Eladio Ferreirós Canosa e María Candamo Fernández. O seu pai, sarxento de carabineiros no Grove, foi detido logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Entre 1937 e 1940 intentou, xunto con outros mozos fillos de represaliados, asaltar os cárceres nos que foi entrando o pai. En 1940 buscou traballo na Coruña. Militante do PCE, era membro da célula do Grupo de Automóbiles da Coruña, onde traballaba como mecánico. En 1946 actuaba na célula de José Gómez Gayoso, sendo responsable de colocar a bandeira da República en varios lugares de Coruña, polo que foi denunciado. Escapou da caída de maio de 1946 cunha orde de captura. Pasou á clandestinidade e integrouse na guerrilla. Foi ferido cando a Garda Civil atacou en xuño de 1946 un grupo de guerrilleiros entre os que estaban Pedro Rodríguez Gómez, José Blanco Núñez, José Santiago Temprano e Antonio Recouso Boquete, pola delación do infiltrado Claudio Díaz Milia na Chousa de Urzal, lugar de Cestaños, parroquia de Parada (Ordes). Ao ser ascendido Manuel Ponte a máximo responsable da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, Ferreirós pasou a controlar o destacamento Del Río Botana. Logo da caída de Avelino Rivas Pombo en maio de 1947, trasladouse a este destacamento, e despois comprobouse que mantiña correspondencia con altos mando do exército na Coruña. Isto, unido a caídas de puntos de apoio nos que se sospeitaba a súa responsabilidade, fixo que os responsables do Exército Guerrilleiro e da IV Agrupación, Antonio Seoane, Emilio Pérez Vilariño e Francisco Rey Balbís nunha reunión celebrada en Mugardos en xullo de 1947, tomaran a decisión de fusilalo. Foi asasinado nos montes de Frades en agosto de 1947. A finais dese mesmo mes aparece unha requisitoria do Xulgado Militar de Santiago de Compostela reclamando a súa presentación polo delito de asalto a man armada.[2]

O Xulgado Especial de Accidentes Ferroviarios da Oitava Rexión Militar publicou en outubro de 1948 unha requisitoria contra el e José María Díaz Pan, Emilio Claudio Díaz, Francisco Rey Balbís, José Remuiñán Barreiro, José Pedreira de la Iglesia, José Blanco Núñez, Jesús Valeiro Gómez, José Antonio Cortiñas Blas e Antonio López Arias.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nalgunhas fontes o seu segundo apelido aparece como Candamio
  2. "Requisitoria", El Correo Gallego, 31-8-1947, p. 4.
  3. "Requisitoria", La Voz de Galicia, 20-10-1948, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]