Antonio Recouso Boquete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Recouso Boquete
Biografía
Nacemento7 de xullo de 1909 Editar o valor em Wikidata
Ordes, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xuño de 1946 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Parada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Antonio Recouso Boquete, nado en Ordes o 7 de xullo de 1909 e finado en Parada (Ordes) o 26 de xuño de 1946, foi guerrileiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante a II República foi garda de asalto en Barcelona. Ao final da guerra foi expulsado e volveu a Ordes. Enlace da guerrilla antifranquista, morreu nun tiroteo coa Garda Civil cando esta atacou un grupo de guerrilleiros entre os que estaban Pedro Rodríguez Gómez, José Blanco Núñez, José Santiago Temprano e Enrique Ferreirós Candamo (os tres últimos resultaron feridos), pola delación do infiltrado Claudio Díaz Milia na Chousa de Urzal, lugar de Cestaños, parroquia de Parada (Ordes).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Consejo de guerra sumarísimo", La Voz de Galicia, 5-11-1948, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]