Emrys
Biografía | |
---|---|
País de nacionalidade | Britania posromana |
Grupo étnico | romano-britano |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Período de tempo | Imperio Romano |
Familia | |
Pai | Constantino III de Bretaña |
Irmáns | Uther Pendragon Digain Meirchion Erbin of Dumnonia |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Dictionnaire infernal |
Ambrosius Aurelianus (en galés: Emrys Wledig; anglicizado Ambrose Aurelian, chamado Aurelius Ambrosius na Historia Regum Britanniae e coñecido en galego como Ambros ou Emrys) foi un poderoso líder romano-británico na Gran Bretaña posromana a mediados do século V. Foi identificado co lendario Rei Artur por historiadores como John Morris.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ambrosio Aureliano naceu na Britania romana nos anos en que as lexións romanas se retiraron das illas británicas e comezaron a conquista anglosaxoa. Parece que naceu nunha nobre familia romana, residente na illa de Gran Bretaña desde facía moitas xeracións. Tamén apareceu de xeito independente nas lendas dos británicos, comezando pola Historia Brittonum, escrita por Nennius, do século IX.
A súa importancia vén de ser o único líder romano-británico nomeado por Gildas ap Kaw (Xildas), que foi o único historiador que viviu na época da Britania posromana: este feito converte a Ambrosio Aureliano nunha personalidade histórica e "real" nas lendas do Rei Artur.
Era coñecido polas súas campañas contra os anglosaxóns, e hai algunha especulación de que el (ou o seu fillo, segundo o historiador Xildas) puidera comandar as forzas romano-británicas na batalla de Badon Hill, onde os bárbaros foron vencidos ao redor do ano 500 da era actual. Despois desta batalla durante cincuenta anos, os anglosaxóns foron impedidos de conquistar toda Gran Bretaña.
Segundo Xildas
[editar | editar a fonte]Ambrosius Aurelianus é unha das poucas persoas que Xildas, historiador do século VI que viviu no suroeste de Gran Bretaña (Gales), e que escribiu De Excidio Britanniae, que se centraba en gran medida na historia da Bretaña cristiá, identifica polo seu nome no seu sermón "De excidio et conquestu Britanniae", e o único nomeado dende o século V. [2] Tras o asalto destrutivo dos saxóns, os superviventes reúnense baixo o liderado de Ambrosius, quen se describe como:
- "... un señor que, quizais só dos romanos, sobrevivira ao choque desta notable tormenta. Certamente os seus pais, que levaran o roxo, foron asasinados por el. Os seus descendentes nos nosos días fixéronse moi inferiores á excelencia [ avita ] do seu avó".
Sabemos por Xildas que era de gran nacemento, e tiña ascendencia romana; presuntamente era un romano-británico, máis que un romano doutros lugares do imperio, aínda que é imposible estar seguro.[2] Tamén parece ser que Ambrosio era cristián: Xildas di que gañou as súas batallas "coa axuda de Deus".[2] Segundo Xildas, Ambrosio organizou aos superviventes nunha forza armada e logrou a primeira vitoria militar sobre os invasores saxóns. Porén, esta vitoria non foi decisiva: "Ás veces os saxóns e ás veces os cidadáns (é dicir, os habitantes romano-británicos) foron vitoriosos". [3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Reno (2007)
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Fletcher (1989)
- ↑ "Original "De excidio Britannae"". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2014. Consultado o 24 de xullo de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fletcher, Richard A. (1989). Who's who in Roman Britain and Anglo-Saxon England (en inglés). Londres: Shepheard-Walwyn. ISBN 978-0-85683-089-1.
- Gidlow, Christopher (2004). The Reign of Arthur: From History to Legend (en inglés). Londres: Sutton Publishing. ISBN 0-7509-3418-2.
- Higham, N. J. (2002). King Arthur, Myth-Making and History (en inglés). Londres: Routledge. ISBN 978-0-415-21305-9.
- Morris, John (1973). The Age of Arthur: A History of the British Isles from 350 to 650 (en inglés). Nova York: Scribner. ISBN 978-0-684-13313-3.
- Reno, Frank (2007). Historic King Arthur: Authenticating the Celtic Hero of Post-Roman Britain (en inglés). Londres: McFarland. ISBN 978-0-7864-3025-3.