Saltar ao contido

Beauty and the Beast (filme de 2017)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Beauty and the Beast
Logotipo
 Instancia de
 Título
Beauty and the Beast (en)
La bella y la bestia (es)
Красавица и Чудовище (ru) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
 Caracterizado por
Características
 Cor
 Forma artística
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Universo ficticio
 Franquía de medios
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Coreógrafo/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
 Elenco
Simone Sault (en) Traducir (Wood Carrier (en) Traducir)
Norma Atallah (en) Traducir (Washer Woman (en) Traducir)
Wendy Baldock (en) Traducir (Washer Woman (en) Traducir)
Vivien Parry (en) Traducir (Village Lass's Mother (en) Traducir)
Rafaëlle Cohen (pt) Traducir (Village Lass (en) Traducir)
Sophie Reid (en) Traducir (Village Lass (en) Traducir)
Carla Nella (en) Traducir (Village Lass (en) Traducir)
DJ Bailey (en) Traducir (Vagrant (en) Traducir)
Jimmy Johnston (en) Traducir (Tom (en) Traducir)
Michael Jibson (Tavern Keeper (en) Traducir)
Alexis Loizon (en) Traducir (Stanley (en) Traducir)
William Bozier (en) Traducir (Stable Boy (en) Traducir)
Harriet Jones (en) Traducir (Queen (en) Traducir)
Ray Fearon (Père Robert (en) Traducir)
Jane Fowler (en) Traducir (Pretty Female Fishmonger (en) Traducir)
Gugu Mbatha-Raw (Plumette (en) Traducir)
Rita Davies (Old Woman (en) Traducir)
Chris Andrew Mellon (en) Traducir (Nasty Headmaster (en) Traducir)
Emma Thompson (Mrs. Potts (en) Traducir)
Adrian Schiller (pt) Traducir (Monsieur D'Arque (en) Traducir)
Kevin Kline (Maurice (en) Traducir)
Ewan McGregor (Lumière (en) Traducir)
Josh Gad (LeFou (en) Traducir)
Henry Garrett (King (en) Traducir)
Gerard Horan (Jean the Potter (en) Traducir)
Beth Willetts (en) Traducir (Jam Seller (en) Traducir)
Jemma Alexander (en) Traducir (Housewife (en) Traducir)
Alison Harding (en) Traducir (Head Washer (en) Traducir)
Luke Evans (Gaston (en) Traducir)
Audra McDonald (Garderobe (en) Traducir)
Obioma Ugoala (en) Traducir (Flirtatious Farmer (en) Traducir)
Tom Oakley (en) Traducir (Fishmonger (en) Traducir)
Rudi Goodman (en) Traducir (Fera (pt) Traducir, neno)
Dan Stevens (Fera (pt) Traducir)
Dean Street (en) Traducir (Dick (en) Traducir)
Clive Rowe (pt) Traducir (Cuisinier (en) Traducir)
Ian McKellen (Cogsworth (en) Traducir)
Sandy Strallen (en) Traducir (Cobbler (en) Traducir)
Haydn Gwynne (Clothilde (en) Traducir)
Nathan Mack (en) Traducir (Chip (en) Traducir)
Steven Butler (en) Traducir (Cheese Maker (en) Traducir)
Jacqui Jameson (en) Traducir (Cheese Maker (en) Traducir)
Sharon Gomez (en) Traducir (Cheese Maker (en) Traducir)
Thomas Padden (en) Traducir (Chapeau (en) Traducir)
Stanley Tucci (Cadenza (en) Traducir)
Peter Challis (en) Traducir (Butcher (en) Traducir)
Mandy Montanez (en) Traducir (Bread Buyer (en) Traducir)
Zoe Rainey (en) Traducir (Belle's Mother (en) Traducir)
Emma Watson (Belle (en) Traducir)
Lynne Wilmot (en) Traducir (Barmaid (en) Traducir)
Daniel Ioannou (en) Traducir (Barber (en) Traducir)
Dale Branston (en) Traducir (Baker (en) Traducir)
Jak Allen-Anderson (en) Traducir (Apothecary's Patient (en) Traducir)
Leo Andrew (en) Traducir (Apothecary (en) Traducir)
Hattie Morahan (Agathe/Enchantress (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata
 Compañía produtora
Datas
 Data de publicación
17 de marzo de 2017 (Suecia)
23 de marzo de 2017 (Hungría)
22 de marzo de 2017 (Francia)
17 de marzo de 2017 (Estados Unidos de América)
16 de marzo de 2017 (Alemaña, Dinamarca, Rusia) Editar o valor en Wikidata
Historia
18 de maio de 2015rodaxe
23 de febreiro de 2017Estrea (Odeon Leicester Square (pt) Traducir) Editar o valor en Wikidata
 Nomeamentos
Óscar ó mellor deseño de produción (23 de xaneiro de 2018)
Óscar ó mellor deseño de vestiario (23 de xaneiro de 2018)
Óscar ó mellor deseño de produción (23 de xaneiro de 2018) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración
 129 min Editar o valor en Wikidata
Formato de imaxe1.90:1 (en) Traducir, 16:9 e 2,39:1 Editar o valor en Wikidata
Custo160000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación1263521126 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
ISAN0000-0004-9258-0000-A-0000-0000-7 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
65/100 Metacritic (10 de novembro de 2024)
71% Rotten Tomatoes (2 de agosto de 2024)
6.7/10 Rotten Tomatoes (10 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt2771200 Filmaffinity: 861877 Allocine: 228322 Rottentomatoes: m/beauty_and_the_beast_2017 Mojo: beautyandthebeast2017 Allmovie: v601458 TCM: 2057037 Metacritic: movie/beauty-and-the-beast-2017
Facebook: DisneyBeautyAndTheBeast Twitter: beourguest Instagram: beautyandthebeast Netlix: 80135073 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Beauty and the Beast é un filme estadounidense de fantasía dirixido por Bill Condon e escrito por Evan Spiliotopoulos e Stephen Chbosky, baseado no conto de fadas do mesmo nome de Jeanne-Marie Leprince de Beaumont. É unha adpatación en imaxe real do filme de debuxos animados (tamén da Disney) de 1991: Beauty and the Beast.

 Está protagonizado por Emma Watson, Dan Stevens, Luke Evans, Ewan McGregor, Ian McKellen, Emma Thompson, Kevin Kline, Josh Gad, Audra McDonald, Gugu Mbatha-Raw, Stanley Tucci e Bill Paxton. A fotografía principal comezou nos Estudios Shepperton de Londres o 18 de maio de 2015.

O filme estreouse o 17 de marzo de 2017 e a súa banda sonora inclúe cancións de artistas de renome como Celine Dion, John Legend e Ariana Grande.[1]

Bela (Emma Watson) é unha moza brillante, fermosa, e independente que é prendida por unha Besta (Dan Stevens) no seu castelo en troco da liberdade do seu pai Maurice (Kevin Kline). Malia o medo que ten, Bela fai amizade co persoal encantado do castelo e aprende a ver máis aló do horríbel exterior da Besta para recoñecer o corazón amábel e a alma do verdadeiro príncipe humano que mora no seu interior. Mentres tanto, un cazador chamado Gastón (Luke Evans) pretende conquistar a Bela, polo que tenta cazar a Besta a calquera prezo.

  • Emma Watson como Bela.
  • Dan Stevens como a Besta / O príncipe Adam.
  • Luke Evans coma Gaston, un cazador e ex-soldado malvado e desapiadado, que procura casar con Bela.
  • Ewan McGregor coma Lumière, o asistente real de Besta, que foi convertido nun candelabro.
  • Ian McKellen como Din Don, o mordomo leal de Besta, que foi convertido nun reloxo de mesa.
  • Emma Thompson como a Señora Potts, a asistente do castelo, que foi convertida nunha teteira.
  • Kevin Kline como Maurice, o pai de Bela.
  • Josh Gad como LeFou, o secuaz de Gastón.
  • Audra McDonald como Madame de Garderobe, a cantante de ópera italiana do castelo, que foi convertida nun armario.
  • Gugu Mbatha-Raw como Plumette, a coqueta criada do castelo e namorada de Lumière, que foi convertida nun plumeiro.
  • Stanley Tucci como Mestre Cadenza, o compositor do castelo e home de Garderobe, que foi convertido nun clavicordio, é un personaxe orixinal creado para o filme.
  • Henry Garrett como o Rei.
  • Nathan Mack como Chip, o fillo da señora Potts, que foi convertido nunha cunca de .
  • Harriet Jones como a Raíña.
  • Hattie Morahan como Agathe, a feiticeira que transformou o príncipe nunha besta pola súa arrogancia.
  • Adrian Schiller como Monsieur d'Arque, o dono do manicomio local, a quen Gaston suborna para que o axude no seu plan de casar con Bela.
  • Gerard Horan como Señor Potts.

Produción

[editar | editar a fonte]

O 4 de xuño de 2014, Bill Condon asinou un contrato para dirixir o remake con actores reais de carne e óso da orixinal animada A Bela e a Besta da Disney.[2] O 26 de xaneiro de 2015, anunciouse que Emma Watson sería Bela, a princesa protagonista da película.[3] Luke Evans estaba en conversacións para interpretar o papel do vilán Gastón, o cazador, o 4 de marzo de 2015, que foi confirmado polo tweet de Watson o 5 de marzo de 2015.[4][5] Dan Stevens tamén estaba en negociacións para interpretar a Besta/o Príncipe Adam, o segundo protagonista da película o 4 de marzo de 2015.[6] Stevens tamén foi confirmado por Watson o 5 de marzo de 2015.[7] Josh Gad foi incluído no elenco o 13 de marzo de 2015 para interpretar a LeFou, o compañeiro de Gastón.[8] Emma Thompson uniuse ao elenco o 16 de marzo de 2015 para interpretar a señora Potts e Kevin Kline para interpretar a Maurice, o pai de Bela. Audra McDonald foi incluída ao elenco como Garderobe, o armario, o 27 de marzo de 2015.[9] Ian McKellen foi incluído o 10 de abril de 2015 para interpretar a Din Don, leal mordomo da Besta, que foi maldicido dentro do castelo e convertido nun reloxo.[10] O 13 de abril de 2015, Gugu Mbatha-Raw confirmouse que interpretaría a Plumette, o plumeiro.[11] O 21 de abril, anunciouse que Ewan McGregor se unira ao elenco como Lumière, o candelabro, e máis tarde ese mesmo día, que Stanley Tucci estaría a interpretar a Cadenza, o piano, que é un personaxe orixinal creado para a película.[12][13]

A fotografía principal comezou nos Estudios Shepperton de Londres o 18 de maio de 2015.[14][15] A filmación cos principais actores concluíu o 21 de agosto de 2016. Seis días despois, o coprodutor Jack Morrisey confirmou que a película acabara oficialmente a produción.

O 16 de marzo de 2015, a Disney anunciou que o filme se estrearía en 3D o 17 de marzo de 2017.[16] A primeira presentación oficial do filme levouse a cabo en D23 Expo en agosto de 2015.[17]

Promoción

[editar | editar a fonte]

Tras un anuncio o 22 de maio de 2016, a Disney estreou o primeiro teaser oficial o 23 de maio de 2016.[18][19] Nas súas primeiras 24 horas, o tráiler alcanzou 91,8 millóns de visitas, o que superou o número de visitas nesa cantidade de tempo na historia, incluíndo para os resumos doutras películas distribuídas pola Disney coma Star Wars: The Force Awakens, Captain America: Civil War e Avengers: Age of Ultron.[20] O primeiro cartel promocional foi lanzado o 7 de xullo de 2016.[21] O 2 de novembro de 2016, Entertainment Weekly mostrou a primeira imaxe oficial na portada da súa revista desa semana xunto con nove fotos novas tamén.[22][23] Unha semana despois, Emma Watson e a Disney publicaron un novo póster para a película.[24] Durante o programa de Good Morning America, o 14 de novembro do 2016 estreouse o tráiler oficial do filme.[25] O tráiler alcanzou 127,6 millóns de visitas nas súas primeiras 24 horas, establecendo unha nova marca como o tráiler con máis vistas nun día, superando a Fifty Shades Darker.[26] Con todo, a marca foi rota de novo por The Fate of the Furious.[27] Un anuncio de televisión con Watson cantando mostrouse durante a 74ª Entrega dos Premios Globos de Ouro. A Disney lanzou o tráiler final o 30 de xaneiro de 2017.

Controversia

[editar | editar a fonte]

Nesta versión do filme, LeFou (interpretado por Gad) é homosexual, marcando o primeiro e único personaxe abertamente homosexual dunha película da Disney.[28] A decisión de inclusión foi recibida con eloxios pola crítica.[29] O goberno ruso considerou a prohibición da película no país, porén finalmente decidiu que calquera persoa menor de 16 anos entraría nos cines sempre con acompañantes adultos.[30][31] Ademais, un cine en Henagar, Alabama non proxectará a película debido á subtrama.[32] En Malaisia, postergouse o lanzamento en espera dunha “revisión interna”, xa que a censura da película de Malaisia esixe que se elimine dita escena. Así mesmo, neste país foi cualificada para maiores de 13 anos.[33][34]

Ante estas críticas, os propios actores que protagonizaron o filme, pronunciáronse respecto disto. Ewan McGregor, que interpreta Lumière, declaraba o seguinte: "Se vives preto de Alabama non deberías ir ver esta película. Que pensaría Xesús?". Por outra banda, Josh Gad, que caracteriza a LeFou, afirmou durante a estrea da película nos Ánxeles: "Bill Condon fixo un traballo incríbel ao darnos a oportunidade de crear unha versión de LeFou que non é como a orixinal ... pero que o fai máis humano e en certa medida un personaxe marabillosamente complexo".[34]

  1. "Disney announced all its movies coming in the next 4 years — here's what you have to look forward to". Tech Insider. 27 de outubro de 2015. Consultado o 3 de novembro de 2015.
  2. "Bill Condon to Direct Live-Action ‘Beauty and the Beast’ Film for Disney". Variety.
  3. "Emma Watson Cast in Disney's Live-Action 'Beauty and the Beast'". The Hollywood Reporter.
  4. "Luke Evans to Play Gaston in Disney’s ‘Beauty and the Beast’ (EXCLUSIVE)". Variety.
  5. "Luke Evans cast in Beauty and the Beast". Twitter.
  6. "Disney's 'Beauty and the Beast' Casting Dan Stevens as the Beast (Exclusive)". The Hollywood Reporter.
  7. "Dan Stevens cast in Beauty and the Beast". Twitter.
  8. "Josh Gad Joining Disney's Live-Action 'Beauty and the Beast' (Exclusive)". The Hollywood Reporter.
  9. "Audra McDonald Joining Disney's Live-Action 'Beauty and the Beast' (Exclusive)". The Hollywood Reporter.
  10. "Ian McKellen to Play Cogsworth in Disney’s ‘Beauty and the Beast’ (EXCLUSIVE)". Variety.
  11. "‘Beyond the Lights’ Star Gugu Mbatha-Raw Joins ‘Beauty and the Beast’ (EXCLUSIVE)". Variety.
  12. "Ewan McGregor to Play Lumiere in 'Beauty and the Beast' (Exclusive)". The Hollywood Reporter.
  13. "Stanley Tucci Rounds Out Cast of ‘Beauty and the Beast’ (EXCLUSIVE)". Variety.
  14. "Todd Lieberman Offers Updates on Allegiant and Disney’s Beauty and the Beast". collider.com.
  15. "On the Set for 5/18/15: Emma Watson Starts ‘Beauty and the Beast’, Oliver Stone Wraps ‘Snowden’, Melissa Mccarthy Finishes ‘Michelle Darnell’ & More". SSN Insider. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2015. Consultado o 16 de marzo de 2017.
  16. "Disney's Live-Action 'Beauty and the Beast' Gets Release Date". The Hollywood Reporter.
  17. "Disney Shows off 'Pirates 5,' 'Beauty and the Beast' at D23". The Hollywood Reporter.
  18. "Disney's Live Action Beauty & The Beast Trailer Debuts Tomorrow".
  19. "Beauty and the Beast trailer: Disney's live-action remake debuts first teaser".
  20. "Beauty and the Beast teaser outpaces Star Wars, Marvel in first day".
  21. "Beauty and the Beast debuts new teaser poster with flower power".
  22. "This Week's Cover: Be our guest for an exclusive look at Disney's live-action Beauty and the Beast".
  23. EW Staff. "'Beauty and the Beast': See 9 Enchanting, Exclusive Photos".
  24. Danielle Jackson. "Emma Watson shares stunning new teaser poster for Beauty and the Beast".
  25. Jessica Derschowitz. "Beauty and the Beast debuts magical new trailer".
  26. Clark Collis. "Beauty and the Beast trailer beats Fifty Shades, Star Wars for new record".
  27. Kofi Outlaw. "Fate of the Furious Trailer Breaks Record for Most Views in 24 Hours".
  28. "Beauty and the Beast: Disney's First Gay Character Is Here". Time.com.
  29. "Why 'Beauty and the Beast's gay character is not as groundbreaking as Disney believes". The Daily Dot.
  30. "Russia May Ban Disney's 'Beauty and the Beast' Over Gay Character". Variety.
  31. "Russia won't ban Beauty and the Beast — but will have an age restriction". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2017. Consultado o 16 de marzo de 2017.
  32. "Alabama Theater Won't Show 'Beauty And The Beast' Because Of Gay Subplot". The Huffington Post.
  33. "‘La Bella y la Bestia’ quita el momento gay para estrenarse en algunos países". CinemasComics. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2017. Consultado o 16 de marzo de 2017.
  34. 1 2 "Las primeras consecuencias del personaje gay en ‘La Bella y la Bestia’". hipertextual. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2017. Consultado o 16 de marzo de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]