Sopron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Como indican os seguintes signos, Sopron/Ödenburg é unha cidade bilingüe en alemán e en húngaro.
Fotografía aérea de Sopron

Sopron, pronunciado xopron (en alemán Ödenburg), é unha cidade de Hungría situada preto da fronteira con Austria, na rexión montañosa de Alpokalja. A cidade ten 56.394 habitantes (2005) e caracterízase pola súa importante produción de viños branco e tinto.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

A arquitectura da zona antiga da cidade amosa a súa longa historia; existen numerosos muros do tempo do Imperio Romano, xunto coas barrocas estruturas medievais, renacentistas, e barrocas froito de longas décadas de prosperidade.

Na cidade existe unha antiga sinagoga testemuño da antiga comunidade xudía expulsada no século XVI.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]