Edward Hawkins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEdward Hawkins

Edward Hawkins
nunha litografía de 1833 [1]

Biografía
Nacemento5 de maio de 1780
Macclesfield (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte22 de maio de 1867 (87 anos)
Londres.
Presidente da Real Sociedade Numismática
1849 – 1851
← William Debonaire HaggardAlbert Denison, 1st Baron Londesborough (en) Traducir →
Presidente da Real Sociedade Numismática
1839 – 1841
← John LeeHorace Hayman Wilson → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Británica
EducaciónMacclesfield Grammar School.
Actividade
Campo de traballoBanca, numismática e arqueoloxía.
Ocupaciónnumismático , banqueiro , arqueólogo Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeEliza Rohde (1806).
FillosEdward, Hebert Samuel, Rohde e Mary Eliza.
Premios

WikiTree: Hawkins-4624


Edward Hawkins, nado en Macclesfield, Cheshire, o 5 de maio de 1780 e finado en Londres o 22 de maio de 1862, foi un banqueiro, numismático e anticuario inglés.

Foi conservador de antigüidades do Museo Británico durante máis de tres décadas e presidente da Royal Numismatic Society en dúas ocasións.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Edward Hawkins era o fillo máis vello de Ellen Hodgson, de Ashbourne, Derbyshire, e do banqueiro Edward Hawkins, de Macclesfield. Recibiu a súa primeira educación na Macclesfield Grammar School, e de xeito privado en Londres, de 1797 a 1799, da man de Richard Ormerod, vigairo de Kensington.[2]

Cara a 1799, regresou a Macclesfield, e alí recibiu un nomeamento nun corpo de voluntarios que se constituíra na cidade. Traballou ás ordes do seu pai no banco de Macclesfield ata 1802, cando a familia abandonou Macclesfield e se estableceu en Cwrt Herbert, Glamorganshire. Alí foi socio do seu pai nun banco de Swansea e foi supervisor da fábrica de cobre de Neath Abbey.[2]

En 1807 marchou de Cwrt Herbert e viviu sucesivamente en Glanburne, en Drymon e en Dylais, no norte de Gales. Nesa época dedicouse á botánica e foi elixido membro da Sociedade Linneana de Londres en 1806. Tamén formou unha colección de libros e gravados relacionados con Chester, e engadiu un gran número de gravados ao seu exemplar de History of Cheshire ("Historia de Cheshire"), de George Ormerod. En 1816 finou o seu pai, deixando importantes débedas, que Hawkins cargou voluntariamente sobre os seus propios bens.[2]

En 1819, Edward Hawkins fixou a súa residencia no condado de Surrey, primeiro en Nutfield e despois en East Hill, Oxted. En 1821 foi elixido membro da Royal Society, da que chegou a ser vicepresidente.[2]

En 1826 Hawkins foi nomeado conservador de antigüidades —que daquela incluían moedas e medallas, e gravados e debuxos— do Museo Británico, como sucesor de Taylor Combe, de quen xa fora auxiliar desde maio de 1825. Ocupou o cargo ata a súa xubilación a finais de 1860.[2][3]

Tamén foi presidente da Royal Numismatic Society, de Londres, que presidiu durante dous períodos: 1839-1841 e 1849-1851.[4] En 1826 ingresou na Sociedade de Anticuarios de Londres, entidade da que en 1856 foi elixido vicepresidente. En 1846 foi nomeado como un dos tesoureiros da Sociedade para a Promoción do Coñecemento Cristián.[2] Hawkins foi tamén membro da Chetham Society, de cuxo consello de dirección formou parte entre 1848 e 1867.[5]

Obra[editar | editar a fonte]

Edward Hawkins editou e contribuíu á redacción da parte V e das partes VII a X da Description of Ancient Marbles in the British Museum, que se viña publicando en varios volumes desde 1812. Tamén completou e revisou a Description of the Anglo-Gallic Coins in the British Museum, publicada en 1826, e que fora iniciada por Taylor Combe. En 1841 publicou The Silver Coins of England, que se constituíu na obra de referencia sobre o tema e contou cunha segunda e unha terceira edicións en 1876 e en 1887, respectivamente.[2]

Debuxo da medalla de Steven van Herwijk co busto de Edmund Withipoll, extraída de Medallic illustrations of the history of Great Britain and Ireland to the death of George II (1885).[6]

Hwkins escribiu tamén un traballo descritivo acerca das medallas británicas, e en 1852 chegou a imprimirse un resumo dunha parte deste traballo —ata o final do reinado de Guillerme III—, mais os administradores do Museo Británico negáronse a publicalo, principalmente debido a varios parágrafos nos que Hawkins expresaba as súas firmes opinións protestantes e conservadoras. Con todo, cando se completou ata a morte de Xurxo II e foi revisada, con engadidos de A. W. Franks e de H. A. Grueber, apareceu finalmente como publicación do Museo Británico en 1885, baixo o título de Medallic Illustrations of the History of Great Britain and Ireland, en dous volumes, e converteuse tamén nunha obra de referencia nesta materia.[2]

Hawkins coñecía moi ben as medallas británicas e formara unha colección persoal delas, que foi adquirida polo Museo Británico cando Hawkins se xubilou en 1860. Tamén compuxo unha gran colección de máis de 10.000 caricaturas políticas inglesas, que o Museo Británico lle comprou ao fillo de Edward Hawkins en 1868, logo do seu falecemento, por 650 libras.[2][3]

Hawkins publicou ademais, para a Chetham Society unha obra propia acerca da vida do santo anglosaxón San Werburga en 1848, e tamén foi editor para esa sociedade doutras obras, entre elas Travels in Holland, the United Privinces, England, Scotland and Ireland (1844), de William Brereton.[2][7]

Monografías[editar | editar a fonte]

Estes son os traballos monográficos publicados por Edward Hawkins ao longo da súa traxectoria:[8]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Hawkins casou o 29 de setembro de 1806 con Eliza Rohde, con quen tivo tres fillos e unha filla.[2]

Finou o 22 de maio de 1867 na súa casa do número 6 de Lower Berkeley Street, en Londres, aos 87 anos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Object Number 1841,1113.150 ". The British Museum.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 Wroth, W. W. (1891).
  3. 3,0 3,1 "Edward Hawkins". The British Museum.
  4. "Presidents of the Society". The Royal Numismatic Society.
  5. Officers and Council, 1843-2013. The Chetam Society. Páxina 6.
  6. Hawkins, E. (1885). Medallic illustrations of the history of Great Britain and Ireland to the death of George II. Vol. I. British Museum. Páxina 108.
  7. Brereton, E. (1844). Travels in Holland, the United Privinces, England, Scotland and Ireland. Chatham Society, Londres.
  8. "Hawkins, Edward 1780-1867 Arquivado 22 de maio de 2023 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Wroth, W. W. (1891). "Hawkins, Edward (1780-1867)". En Stephen, Leslie; Lee, Sidney (eds.). Dictionary of National Biography. Vol. 25. Páxina 207. Smith, Elder & Co., Londres.

Predecesor:
John Lee
William Debonaire Haggard

Presidente da Royal Numismatic Society

1839-1841
1849-1851
Sucesor:
Horace Hayman Wilson
Albert Conyngham