Saltar ao contido

Horace Hayman Wilson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHorace Hayman Wilson

William Debonaire Haggard
nunha acuarela de James Atkinson 1821[1]

Biografía
Nacemento26 de setembro de 1786
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte8 de maio de 1860 (73 anos)
Londres.
Inglaterra
Lugar de sepulturacemiterio de Kensal Green Editar o valor en Wikidata
Presidente da Real Sociedade Numismática
1845 – 1847
← Albert Denison, 1st Baron Londesborough (en) TraducirWilliam Debonaire Haggard →
Presidente da Real Sociedade Numismática
1841 – 1843
← Edward HawkinsAlbert Denison, 1st Baron Londesborough (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Británica
Actividade
Campo de traballoLexicografía, tradución e numismática.
Ocupaciónnumismático, tradutor, lexicógrafo, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oxford Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeFrances Sarah Parr Siddons (1829). Editar o valor en Wikidata
FillosFrances Mary Wilson, Harriet Wilson, Cecilia Siddons Wilson, Elizabeth Hannah Wilson, Maria Jane Wilson, Martha Wilson, Fanny Paterson Wilson Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Small Brockhaus and Efron Encyclopedic Dictionary (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Horace Hayman Wilson, nado en Londres o 26 de setembro de 1786 e finado na mesma cidade o 8 de maio de 1860, foi un historiador, lexicógrafo e numismático orientalista, o primeiro en ocupar a cátedra de Lingua Sánscrita na Universidade de Oxford.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Horace Hayman Wilson cursou o seu ensino secundario en Soho Square, no seu Londres natal.[3][4]

En 1804, Wilson comezou os seus estudos de Medicina no Hospital Saint Thomas, de Londres, e en 1805 aprobou o seu ingreso no Colexio de Cirurxiáns.[3][4][5] En 1808 viaxou á India como cirurxián asistente no establecemento de Bengala da Compañía Británica das Indias Orientais. Nesta primeira viaxe, que durou seis meses, iniciou os seus estudos orientais e aprendeu a lingua hindustana.[3] Os seus coñecementos de química e metalurxia levárono nesa época á Casa da Moeda de Calcuta, onde colaborou durante un tempo con John Leyden.[5][6]

Durante moitos anos foi secretario do comité de instrución pública e supervisou os estudos do Sanskrit College de Calcuta.[6] Foi un dos máis firmes opositores á proposta de que o inglés fose o único medio de instrución nas escolas nativas, e durante un tempo foi obxecto de duros ataques.[5]

En 1832, a Universidade de Oxford elixiu a Horace H. Wilson para ocupar por primeira vez a cátedra Boden de Lingua Sánscrita, acabada de crear,[5] polo que residiu nesa cidade entre 1833 e 1836.[6] Wilson publicara un anuncio dunha columna na páxina 3 de The Times do 6 de marzo de 1832, cunha listaxe dos seus logros e das actividades previstas, xunto con testemuños, entre eles o dun candidato rival, sobre a súa idoneidade para o posto. En 1836 foi nomeado bibliotecario da Compañía das Indias Orientais,[5] o que o obrigou a visitar a súa cátedra en Oxford só uns días cada trimestre. Tamén impartiu clases no East India Company College.[7] O 10 de abril de 1834 foi elixido membro da Royal Society de Londres.[6][8]

Por recomendación de Henry Thomas Colebrooke, Wilson foi nomeado o 2 de abril de 1811 secretario da Sociedade Asiática de Bengala, en cuxa revista colaborou con artigos moi relevantes.[6] Foi tamén membro da Sociedade Médica e Física de Calcuta, e membro fundador da Royal Asiatic Society, que dirixiu desde 1837 ata a súa morte.[5][6]

Así mesmo, pertenceu á Royal Numismatic Society, de Londres, da que foi o seu terceiro presidente, entre 1841 e 1843, e posteriormente foi restituído no cargo entre 1845 e 1847.[9]

Wilson casou con Frances Siddons, neta da famosa actriz Sarah Siddons.[6][10]

Horace Hayman Wilson finou o 8 de maio de 1860 aos 73 anos,[5][6][4][11] e foi soterrado no cemiterio de Kensal Green.[12]

Retrato en óleo de Horace Hayman Wilson, de autor descoñecido.[13]

Wilson interesouse fondamente pola lingua e a literatura antigas da India e foi o primeiro en traducir o Rigveda ao inglés. En 1814 publicou o texto sánscrito cunha tradución libre en verso rimado inglés do poema lírico de Kālidāsa, o Meghadūta ("Mensaxeiro das nubes").[5][6][14]

Preparou o primeiro dicionario sánscrito-inglés, publicado en 1919, a partir de materiais compilados por eruditos nativos, complementados coas súas propias investigacións, que conta cunha segunda edición aumentada en 1832.[6] Esta obra só foi superada polo Sanskritwörterbuch (1853-1876) de Rudolf Roth e Otto von Böhtlingk, que expresaron o seu recoñecemento cara a Wilson no limiar da súa grande obra.[5]

Wilson interesouse tamén polo Āyurveda e as prácticas médicas e cirúrxicas tradicionais da India. Compilou as prácticas locais observadas para o cólera e a lepra nas súas publicacións na Sociedade Médica e Física de Calcuta.[15][16]

En 1827, Wilson publicou Select Specimens of the Theatre of the Hindus, que contiña un estudo moi completo da dramaturxia india, traducións de seis obras completas e breves recensións doutras vinte e tres. A súa Mackenzie Collection (1828) é un catálogo descritivo da extensa colección de manuscritos e antigüidades orientais, sinaladamente do sur da India, realizada polo coronel Colin Mackenzie, depositada daquela en parte na Oficina da India de Londres —posteriormente parte das Coleccións da Oficina Oriental e da India da Biblioteca Británica— e en parte en Madrás.[5]

Escolma de publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha listaxe dos traballos monográficos máis salientables publicados por Horace Hayman Wilson ao longo da súa traxectoria:.[17][18]

Edicións póstumas

[editar | editar a fonte]
  1. "Horace Hayman Wilson NPG (826)". National Portrait Gallery.
  2. "Biography: Horace Hayman Wilson (26 September 1786 – 8 May 1860)". Rare Book Society of India.
  3. 3,0 3,1 3,2 Lee, S. (ed.) (1900). Páxina 97.
  4. 4,0 4,1 4,2 "Death of Prof. Wilson, The Orientalist". En The New York Times. 25 de maio de 1860.
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 Chisholm, H. (ed.) (1911). Páxina 692.
  6. 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 Lee, S. (ed.) (1900). Páxina 98.
  7. Temple, R. (1882). Men and Events of My Time in India. .John Murray, Londres. Páxina 19.
  8. The Record of the Royal Society of London for the promotion of Natural Knowledge (4ª ed.). Royal Society, Londres. 1940.
  9. "Presidents of the Society". The Royal Numismatic Society.
  10. Crawford, D. G. (1930). Roll of the India Medical Service. W. Thacker & Co., Londres. Páxina 58.
  11. "Proceedings of the Numismatic Society. Session 1858-59". En Numismatic Chronicle. Vol. 20. Páxinas 30-33.
  12. "Famous residents". Kensal Green Cementery.
  13. "Horace Hayman Wilson (NPG 2748)". National Portrait Gallery.
  14. "Megha-Duta". En Truebner & Co. (1872). Linguistic Publications. Páxina 26.
  15. Wilson, H. H. (1825). "Kushta, or leprosy, as known to the Hindus". En Transactions of the Medical and Physical Society of Calcutta. 1. Páxinas 1-44.
  16. Wilson, H. H. (1826). "On the native practice in cholera, with remarks". En Transactions of the Medical and Physical Society of Calcutta. 2. Páxinas 282-292
  17. Annual Report of the Royal Asiatic Society. 1860.
  18. "Horace Hayman Wilson". WorldCat.org

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Edward Hawkins
Lord Albert Conyngham

Presidente da Royal Numismatic Society

1841-1843
1845-1847
Sucesor:
Lord Albert Conyngham
William Debonaire Haggard