Parágrafo
Na escrita, un parágrafo é unha unidade organizativa do texto que serve para indicar como se agrupan as ideas principais.
Características
[editar | editar a fonte]En lingüística textual, os parágrafos trátanse como indicadores da macro-estrutura dun texto. Agrupan oracións que van xuntas, normalmente porque tratan do mesmo tema. Así, un parágrafo novo indica unha mudanza de tema ou sub-tema[1].
En tipografía, un parágrafo é un bloque de texto. Os parágrafos sepáranse entre si mediante unha liña en branco e a súa primeira liña vai normalmente indentada (máis separada da marxe). Esta última convención non é frecuente nas páxinas web. Os símbolos de parágrafo son § e ¶. Estes símbolos utilizábanse na Idade Media para separar temas cando aínda non se establecera a convención de separalos en parágrafos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2006). Gramática da Lingua Galega IV. Gramática do texto. Vigo: Edicións A Nosa Terra. p. 41. ISBN 8483410672.