William Debonaire Haggard
William Debonaire Haggard nun gravado de 1836 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de febreiro de 1787 |
Morte | 4 de abril de 1866 (79 anos) |
6º Presidente da Real Sociedade Numismática | |
1847 – 1849 ← Horace Hayman Wilson – Edward Hawkins → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Actividade | |
Campo de traballo | Banca e numismática. |
Ocupación | numismático |
Familia | |
Cónxuxe | Emily Caroline Anstey. Jane Le Crew. |
Premios |
William Debonaire Haggard, nado o 2 de febreiro de 1787 e finado o 4 de abril de 1866, foi un banqueiro e numismático londiniense, experto en metais preciosos.
Na década de 1840 foi director da Oficina de Metais Preciosos do Banco de Inglaterra e presidente da Royal Numismatic Society.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Orixe e familia[editar | editar a fonte]
William Debonaire Haggard pertencía a unha reputada familia de comerciantes, chanceleres, escritores, almirantes e diplomáticos, e era descendente da familia hugonote Debonnaire.[1][2][3]
Haggard foi elixido membro da Sociedade de Anticuarios de Londres o 28 de febreiro de 1833, e na súa presentación foi considerado como "un cabaleiro particularmente versado nas antigüidades numismáticas deste país".[4] Tamén foi membro da Real Sociedade Asiática e da Real Sociedade Numismática de Londres, entidade que presidiu entre 1847 e 1849.[5]
Como xefe da Oficina de Metais Preciosos do Banco de Inglaterra,[6] foi levado a declarar ante unha comisión formada polo gobernador do banco, William Cotton, o comisario xeral, Edward Pine Coffin, o deputado Richard Lalor Sheil, e William Nairn Forbes, da Compañía das Indias Orientais. Esta comisión encargouse de investigar a constitución, a xestión e os gastos da Real Casa da Moeda de Londres baixo o reinado de Vitoria, en relación coa fundición de moedas de ouro en lingotes.[7]
Tamén foi coleccionista de arte e medallas,[8] e a súa colección foi vendida en poxa pública por Sotheby's, Wilkinson & Hodge entre os días 22 e 23 de agosto de 1866.[9]
No Museo Británico hai varios retratos de Haggard, entre eles un realizado en 1844 por Leonard Charles Wyon, que anos máis tarde sería gravador xefe da Royal Mint.[10]
William Debonaire Haggard casou en 1852 con Emily Caroline Anstey, descendente do artista Christopher Anstey,[1] con quen tivo dúas fillas.[11] En segundas nupcias casou con Jane Le Crew, con quen tivo polo menos un fillo.[12]
William Debonaire Haggard finou o 4 de abril de 1866 aos 79 anos e foi sepultado no cemiterio Kensal Green, en Kensington e Chelsea, Londres.[11]
Publicacións[editar | editar a fonte]
Esta é unha escolma das principais publicacións de William Debonaire Haggard ao longo da súa carreira:[13]
Artigos en Numismatic Chronicle[editar | editar a fonte]
- (1838). "Medals of the Pretender". En The Numismatic Chronicle. Vol. 1. Royal Numismatic Society. Páxinas 219-222.
- (1939). "Medals of the Pretender [Second Series] (continued)". The Numismatic Chronicle. Vol. 2. Royal Numismatic Society. Páxinas 37-42.
- (1939). "Medals of the Pretender [Third Series] (continued)". The Numismatic Chronicle. Vol. 2. Royal Numismatic Society. Páxinas 124-132.
- (1939). "Medals of the Pretender [Third Series] (continued)". The Numismatic Chronicle. Vol. 2. Royal Numismatic Society. Páxinas 149-152.
- (1939). "Medals of the Pretender [Third Series] (continued)". The Numismatic Chronicle. Vol. 2. Royal Numismatic Society. Páxinas 177-182.
- (1839). Observations on the standard of value and the circulating medium of this country. En The Numismatic Chronicle. Vol. 2. Royal Numismatic Society. Páxinas 17-35.
- (1848). "Notice of a medal of the Chevalier D'Eon". En The Numismatic Chronicle. Vol. 11. Royal Numismatic Society. Páxinas 48-56.
- (1850). "New Varieties of Gold and Silver Coins, Counterfeit Coins, and Bullion, with Mint Values" (con J. Eckfeldt, J.; Du Bois, W.) . En The Numismatic Chronicle. 13. Royal Numismatic Society. Páxinas 135-138.
- (1850). "Californian Gold". En The Numismatic Chronicle. Vol. 13. Royal Numismatic Society. Páxinas 37-41.
- "Notice of a medal of the Chevalier d'Eon". En The Numismatic Chronicle. 11. Royal Numismatic Society. Páxinas 48-56.
Outros[editar | editar a fonte]
- (1835). Some remarks on the English coinage.
- (1837). "Experiments made on a Piece of Peña Silver, Saved from the Lady Charlotte, Wrecked on the Coast of Ireland in December 1838, as to Its Capability of Holding Water". Abstracts of the Papers Printed in the Philosophical Transactions of the Royal Society of London. Vol. 4. Páxinas 118-119.
- (1866). The life of Abraham Newland, late principal cashier of the Bank of England, 1808. LSE Selected Pamphlets.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Winn Cato, M. (2022). British Art Rediscovered". Londres. Páxina 34.
- ↑ Burke, B. (1868). A Genealogical and Heraldic Dictionary of the Landed Gentry of [...] Volume 1. Harrison. Pall Mall. Páxina 622.
- ↑ Haggard Ray, J. (1938). History of the Haggard Family in England and America 1433 to 1899 to 1938. Regional Press, Dallas.
- ↑ The Gentleman's Magazine. Marzo de 1833. Páxina 254.
- ↑ "Presidents of the Society". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "Bullion in the Bank of England". En Scientific American. Vol. 4. Nº 52. 15 de setembro de 1849. Páxina 410.
- ↑ Report from the Select Committee on the Royal Mint [...]. Volume 2. William Clowes and Sons. 1849
- ↑ "Medals. Papers relating to collections and work of William Debonaire Haggard". Society of Antiquaries of London.
- ↑ A sale catalogue of the collection of William Debonaire Haggard. Sold by auction by Sotheby, Wilkinson & Hodge on Wednesday 22 August 1866 and following day. Londres, 1866.
- ↑ "William Debonaire Haggard". The British Museum.
- ↑ 11,0 11,1 "William Debonaire Haggard". Findagrave.com
- ↑ The Linzee family of Great Britain and the United States of America. 1917. Vol. 2. Páxina 647.
- ↑ "Haggard, William Debonaire". WorldCat.com
Predecesor: Horace Hayman Wilson |
Presidente da Royal Numismatic Society 1847 - 1849 |
Sucesor: Edward Hawkins |