O'Donell Lorenzo Codesido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Edelmiro II")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Edelmiro II
Información persoal
Nome completo O'Donell Lorenzo Codesido
Nacemento 20 de xullo de 1910
Lugar Pontevedra, Galiza Galicia Galicia
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Eiriña CF
Iberia
Eiriña CF
1933-1935 RCD Espanyol 21 (7)
1935-1939 Eiriña CF
1939-1940 Celta de Vigo 3 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.† Aparicións (Goles)

O'Donell Lorenzo Codesido, nado en Pontevedra o 20 de xullo de 1910, foi un futbolista galego, máis coñecido como Edelmiro II, que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formou parte dunha boa xeración de dianteiros xunto ao seu irmán xemelgo Edelmiro, por quen anos despois lle porían o alcume de Edelmiro II, e ao seu outro irmán Gonzalo Lorenzo Codesido. Comezou a xogar no equipo do seu barrio antes de fichar polo Eiriña CF. Ao pouco emigra a Cuba, xunto ao seu irmán Edelmiro, para xogar no Iberia chamados por uns amigos de Vilagarcía de Arousa cos que coincidiran no Eiriña.

En Cuba gañan o Campionato Nacional e Edelmiro é internacional coa Selección de fútbol de Cuba. Porén aos poucos anos volven a Galiza e xogan de novo no Eiriña, pero pronto Edelmiro ficha polo RCD Espanyol, do que sería unha peza importante nos próximos anos, ata a guerra civil, marcando 42 goles.

O'Donell segue os pasos do seu irmán e na tempada 1933/34 ficha polo club catalán. Ese mesmo ano o Espanyol enfrontase na Copa do Rei ao Celta de Vigo, equipo no que xoga o outro irmán, Gonzalo. Xogou no Espanyol ata o ano 1935, cando volve ao Eiriña.

Trala guerra civil o Celta de Vigo fixo varias fichaxes procedentes do Eiriña para reforzarse de cara ao debut na máxima categoría, desta maneira chega a Vigo xunto a Cons e Pirelo.

Debutou co Celta de Vigo en Primeira División o 3 de decembro de 1939 ante o Real Zaragoza, formando en dianteira xunto a Venancio, Nolete e Toro. Porén este sería un dos tres encontros que disputaría en todo o campionato máis dous en Copa do Rei, non marcou ningún tanto.

Rematada esa tempada abandonou o club.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]