Manuel Chorens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Chorens
Nome completoManuel Chorens García
Nacemento22 de xaneiro de 1916
 A Coruña
Falecementovalor descoñecido
 Cuba
NacionalidadeCuba
Ocupaciónfutbolista
editar datos en Wikidata ]

Manuel Chorens García, nado na Coruña o 22 de xaneiro de 1916 e finado en data descoñecida, foi un futbolista galego, que xogaba en Cuba, onde chegou a ser o capitán da selección cubana.

Gañou seis veces o Campionato Nacional de Fútbol de Cuba defendendo as cores do Deportivo Centro Gallego e foi o capitán da histórica selección cubana que disputou a Copa do Mundo de 1938.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Clubs[editar | editar a fonte]

Deu os seus primeiros pasos futbolísticos na Coruña, onde xogou nos equipos Britis, Ferrolán, Hércules CF e Deportivo da Coruña, neste último só uns poucos partidos.[2] Despois marchou a Cuba, onde pasou a xogar no Deportivo Centro Gallego da Habana, club ao que se incorporou en xuño de 1929.[3] Pasou a ser un dos xogadores máis destacados do equipo e pouco despois da súa chegada xa era capitán. Co club "galego" gañou a liga cubana en 1932 e 1933 e comezou a actuar tamén como adestrador.[2] A pesar dos rumores da súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, e de recibir ofertas tamén do Celta e de equipos mexicanos,[2] finalmente fichou polo Sporting de Xixón en 1934.[4] Con todo, volveu poucos meses despois ao DC Gallego,[5] onde se desempeñou de novo como defensa e en ocasións como adestrador[6] e onde volveu ser un dos xogadores máis destacados do campionato.[7][8] Con este equipo gañou catro campionatos nacionais de xeito consecutivo entre 1937 e 1940.[9]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Xogou na selección cubana, da que foi capitán. Participou como capitán de Cuba na Copa Mundial da FIFA de 1938 en Francia, a única participación dun país caribeño nun Mundial.[10] Eliminaron a selección romanesa e caeron en cuartos de final contra Suecia.[11]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en marzo de 1937 con Emilia García Rouco, na Igrexa de Nosa Señora do Carme da Habana.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Unha ducia de pezas históricas do fútbol galego". Praza.gal. Consultado o 29 de maio de 202. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "La historia Deportivo-habanera de Chorens" (en castelán). 12 de maio de 1933. Consultado o 27 de maio de 2020. 
  3. "Noticias y comentarios". Diario de la Marina (en castelán). 21 de xuño de 1929. Consultado o 27 de maio de 2020. 
  4. "Un defensa al Sporting" (en castelán). 1 de febreiro de 1934. Consultado o 27 de maio de 2020. 
  5. "Tópicos futbolísticos". Diario de la Marina (en castelán). 10 de maio de 1934. p. 11. Consultado o 27 de maio de 2020. 
  6. "Chorens es el que manda". Diario de la Marina (en castelán). 9 de maio de 1936. p. 16. Consultado o 27 de maio de 2020. 
  7. "Chorens, el hombre del día". Diario de la Marina (en castelán). 16 de xaneiro de 1936. p. 15. Consultado o 27 de maio de 2020. 
  8. "El jugador más útil". Diario de la Marina (en castelán). 22 de maio de 1936. p. 15. Consultado o 27 de maio de 2020. 
  9. "Ahora queda por resolver quien quedará en el segundo lugar: si el Hispano o el Puentes Grandes". Diario de la Marina (en castelán). 28 de maio de 1940. p. 15. Consultado o 27 de maio de 2020. 
  10. "Cuba, su única victoria mundialista" (en castelán). 9 de xuño de 2018. Consultado o 27 de maio de 2020. 
  11. "Equipo de Cuba no Mundial de 1938" (en castelán). Consultado o 27 de maio de 2020. 
  12. "La boda de mañana". Diario de la Marina (en castelán). 28 de febreiro de 1937. p. 5. Consultado o 27 de maio de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]