Diego Cañamero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDiego Cañamero

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Diego Cañamero Valle Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1957 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Campillos, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
14 de xullo de 2016 – 5 de marzo de 2019

Circunscrición electoral: Jaén (en) Traducir

Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , sindicalista , xornaleiro Editar o valor em Wikidata
Partido políticoIzquierda Unida Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm8218939 Twitter: DcaValle Editar o valor em Wikidata

Diego Cañamero Valle, nado en Campillos (provincia de Málaga) o 23 de xaneiro de 1956, é un sindicalista e político español.[1] Foi secretario xeral do Sindicato de Obreros del Campo (SOC) de Andalucía e portavoz nacional do Sindicato Andaluz de Trabajadores (SAT). Formou parte do Congreso español como deputado por Xaén na coalición Unidos Podemos na XII lexislatura.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É fillo de José Cañamero e Joaquina Valle. Con tres meses, os pais e tres dos seus irmáns trasladáronse ás Marismas do Guadalquivir. Instaláronse na actual Isla Mayor (provincia de Sevilla), que entón se denominaba Villafranco do Guadalquivir, en honra ao ditador. O seu pai atopara emprego na gandaría de touros bravos Concha y Sierra, entón propiedade da familia Pareja Obregón, situada entre Alfonso XIII e Isla Mayor.

Na comarca predominaba o cultivo de arroz, que entón xeraba miles de xornais. Cañamero, con 8 anos, empezou a traballar coidando as plantas de arroz para que non as comesen os paxaros, o que foi o seu primeiro emprego. Con 11 anos, a finais de agosto de 1967, a súa familia trasladouse a El Coronil (provincia de Sevilla).

No verán de 1973 emigrou a Cataluña, a Terrasa (provincia de Barcelona), onde traballou na construción. Aos tres meses tivo que regresar de urxencia debido á doenza do seu pai, quen faleceu de cancro o 9 de decembro de 1973 con 49 anos. Cañamero, o cuarto de 11 irmáns, tivo que facerse cargo xunto á súa nai dos irmáns máis novos, xa que os máis vellos estaban casados. Para manter a familia buscaba traballo nos muíños de aceite durante a recollida da oliva e pedía a quenda de noite para poder rebuscar de día e levar dous xornais á casa.[1]

Sindicalismo[editar | editar a fonte]

O primeiro altercado de Cañamero coa Garda Civil ocorreu en decembro de 1974, cando rebuscaba oliva no Cerro de las Cañas (Montellano, Sevilla). Nesa época, Cañamero xa se empezaba a reunir coa mocidade para falaren da situación de paro e os baixos salarios.[1]

Pouco despois coñeceu a Paco Casero, Diamantino García e Gonzalo Sánchez. Estaban a xestarse as Comisiones de Jornaleros, que posteriormente se converterían no Sindicato de Obreros del Campo (SOC). Daquela, Cañamero era chamado case a diario ao cuartel da Garda Civil.

En xaneiro de 1976 foi un dos promotores dunha folga en El Coronil durante a recolección da remolacha. Esixían xornais de 700 pesetas, (só gañaban 300 pesetas), pois no resto pagaban o dobre. En setembro dese ano foi detido en El Coronil e encarcerado na prisión provincial de La Ranilla (Sevilla), por participar nunha concentración por un convenio xusto no verdeo, a recollida da oliva verde.

En 1977 foi detido de novo en Cantillana (Sevilla) por repartir panfletos. Durante a súa detención afirmou recibir unha forte malleira polos axentes da Garda Civil quen o custodiaban.[2]

Cañamero, cofundador do Sindicato de Obreros del Campo, foi elixido membro da súa Secretaría Permanente no Congreso celebrado en Morón de la Frontera (Sevilla) en setembro de 1977. En setembro de 1983 foi detido e encarcerado por participar nun peche no Concello de El Coronil para esixir diñeiro para as persoas desempregadas. A Garda Civil voou cun pequeno explosivo a porta de entrada que bloquearan. Como protesta, Cañamero levou a cabo unha folga de fame durante os dez días que estivo encarcerado.

En marzo de 1984, no III Congreso do SOC en Villamartín (Cádiz), foi elixido secretario xeral do SOC.

En setembro de 2007, na Asemblea Constituínte do Sindicato Andaluz de Trabajadores (SAT), foi elixido portavoz nacional. En novembro de 2011, no I Congreso do SAT, foi reelixido. En outubro de 2015, durante o II Congreso do SAT, foi substituído no cargo por Óscar Reina Gómez.

Política[editar | editar a fonte]

Foi candidato á alcaldía de El Coronil polo Candidatura Unitaria de Trabajadores—Bloque Andaluz de Izquierdas (CUT-BAI). Posteriormente, cando este se integrou en Izquierda Unida Los Verdes-Convocatoria por Andalucía (IULV-CA), revalidou a candidatura.

Nas eleccións municipais de 1987 conseguiu o mesmo número de votos có candidato á reelección, do PSOE.[3] O desempate resolveuse no pleno municipal de investidura, mediante un sorteo que resultou favorábel para o PSOE. Tras a renuncia do alcalde dous meses despois, Cañamero sucedeuno no cargo o resto da lexislatura.

Foi reelixido alcalde nas eleccións de 1995 e nas de 1999. En 2001 deixou o cargo para dedicarse en exclusiva ao labor sindical, e foi substituído por José Antonio Núñez, tamén do CUT-BAI. Continuou formando parte activa do Comité Local de IULV-CA en El Coronil até decembro de 2014, cando el e outros membros abandonaron a formación.[4][5]

Cañamero constitúe un importante vencello do sindicalismo andaluz coa esquerda doutros puntos do Estado español, como Euskadi. De feito, ten declarado en varias ocasións o seu apoio á esquerda abertzale.[6]

Nas eleccións xerais do 26 de xuño de 2016, Cañamero foi elixido deputado por Xaén, como cabeza de lista de Unidos Podemos nesta provincia.[7]

Accións sindicais e condenas[editar | editar a fonte]

Ten participado en numerosas accións reivindicativas contra propietarios agrícolas, o que lle ocasionou críticas e denuncias de colectivos como o sindicato ASAJA (Asociación Agraria de Jóvenes Agricultores).[8] Tamén participou en numerosas ocupacións de eidos, entre elas as que anualmente adoita levar a cabo o SAT polo Día de Andalucía e polo Primeiro de Maio.

En 1986 foi condenado a un mes e un día de prisión por participar na ocupación da leira El Garrotal, en El Coronil.[9]

En 2006 foi denunciado por inxurias por afirmar que a duquesa Cayetana de Alba contrataba traballadores de maneira irregular nas súas leiras.[10]

No verán de 2012 varios membros do SAT participaron na subtración de alimentos nun supermercado de Mercadona en Écija e noutro de Carrefour en Arcos de la Frontera para comedores sociais.[11] Por estes sucesos, fortemente cubertos polos medios de comunicación, Cañamero foi convidado a programas de temática política como El gato al agua, de Intereconomía, ou Salvados, de La Sexta, entre outros.

Ese mesmo verán participou en marchas do SAT por toda Andalucía.[12]

A principios de 2013 promoveu en El Coronil unha folga declarada polo SAT no servizo municipal de recollida de lixo, co obxectivo de reactivar unha bolsa de emprego rotativa. A folga provocou que, por primeira vez en España, se decretase a alerta sanitaria nun municipio por acumulación de residuos, estado que se declarou en dúas ocasións.[13][14][15]

Foi detido en Málaga o 9 de xullo de 2013 pola ocupación da leira militar de Las Turquillas un ano antes.[16] De acordo co propio Cañamero, a presenza do SAT nesas terras pretendía que «as terras públicas pasen a concurso para que as cooperativas as poidan adquirir agora que están en desuso». Foi condenado a sete meses de cárcere e unha multa de 1 200 euros.[17]

O seu intenso labor reivindicativo fíxolle acumular numerosas querelas xudiciais. Foi encarcerado en 5 ocasións, acusado nuns 60 xuízos e detido en máis de 50 ocasións. En 2010 Cañamero declarouse, por decisión da dirección do sindicato, «insubmiso xudicial».[18]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Biografía de Diego Cañamero
  2. Planelles, Manuel (4 de abril de 2004). "Diego Cañamero y la Justicia". El País. Consultado o 14 de xaneiro de 2019. Na primavera de 1977, a Garda Civil detívoo en Cantillana (Sevilla) xunto con algúns compañeiros por repartir panfletos reivindicativos. Lembra que, ao entrar no cuartel, o sarxento díxolle ao axente Paco, alias "El Largo": "Ve pegándole a éste que ahora vengo". E o Garda Civil deulle unha malleira que durou tres horas. "No se me olvidará nunca Cantillana". 
  3. "Resultados electorales de El Coronil.". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 15 de febreiro de 2022. 
  4. «Diego Cañamero y varios dirigentes de la CUT dejan Izquierda Unida». El Mundo. 28 de decembro de 2014.
  5. «La CUT de Sánchez Gordillo decide dejar IULV-CA y no integrase en otro partido». El Confidencial. 12 de febreiro de 2015.
  6. «El Sindicato Andaluz de Trabajadores cree que "es hora" de que "los presos vascos estén en la calle en libertad"». Europa Press. 6 de xaneiro de 2013.
  7. «El sindicalista Diego Cañamero encabezará la lista de Unidos Podemos por Jaén» eldiario.es. 19 de maio de 2016.
  8. "Absuelven a Diego Cañamero de coacciones durante una huelga". ABC. 29 de marzo de 2005. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2016. Consultado o 15 de febreiro de 2015. 
  9. José Antonio Carrizosa (1 de setembro de 1986). "3.000 personas pidieron en El Coronil el indulto para Diego Cañamero". El País. Consultado o 15 de agosto de 2012. 
  10. Constenla, Tereixa (5 de marzo de 2006). "El título "ganado" de la duquesa de Alba". El País. Consultado o 15 de agosto de 2012. 
  11. «Sindicalistas se llevan alimentos de dos súper en Andalucía para comedores sociales». Público. 7 de agosto de 2012.
  12. Francisco Artacho. «Histórica marcha del SAT en Sevilla». La Marea. 8 de setembro de 2012.
  13. Manuel Planelles. «Dos carnavales, dos pueblos. El País. 15 de febreiro de 2013.
  14. Eduardo Barba. «El Coronil, las trincheras del subsidio». ABC. 17 de marzo de 2013.
  15. «La Junta declara de nuevo la situación de "riesgo sanitario" en El Coronil». Europa Press. 4 de marzo de 2013.
  16. «Cañamero comparece ante el TSJA, pero elude declarar por la ocupación de la finca». El País. 10 de xullo de 2013.
  17. "Sánchez Gordillo y Cañamero, condenados a 7 meses de cárcel por la ocupación de una finca". El Huffington Post. 21 de novembro de 2013. Consultado o 15 de febreiro de 2015. 
  18. «Cañamero se declara “insumiso judicial”». El País. 15 de outubro de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]