Salvados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Salvados
Salvados.png
Formato Reportaxes
Desenvolvido por Sergio Castro,
Jordi Gago,
Santiago González,
Xavier Navarro,
Pepe Tienda
Presentado por Gonzo
Día(s) de emisión Domingos
Horario de emisión 21:25 h
Cadea La Sexta.svg laSexta
Día da estrea 24 de febreiro de 2008
Nº de temporadas 13

Salvados é un programa de televisión producido por El Terrat, emitido pola cadea laSexta e presentado por Gonzo. Estreouse o 24 de febreiro de 2008 como unha serie de programas especiais temáticos presentados por Jordi Évole. Co inicio da segunda tempada, o 19 de outubro de 2008, abandonou o seu carácter temático e pasou a emitirse semanalmente. O programa evolucionou dende uns inicios nos que o humor era unha das súas principais características até centrarse cada vez máis na información e nas reportaxes sobre temas de actualidade.

Historia e emisións[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Lista de episodios de Salvados.

Primeira etapa[editar | editar a fonte]

Na súa primeira etapa, emitiuse como unha serie de especiais co obxectivo de achegarse con humor e dun xeito fresco, atrevido e sen complexos a algúns dos acontecementos, institucións e hábitos máis arraigados da sociedade española, como a Igrexa, o fútbol, a televisión ou as touradas.[1] No transcurso desta primeira tempada emitiron os seguintes capítulos: Salvados por la campaña, Salvados por la iglesia, Salvados por la Eurocopa, Salvados por los toros, Salvados por la tele e Salvados por las vacaciones. Salvados por la campaña consta de dúas partes, emitidas respectivamente o 24 de febreiro e o 2 de marzo de 2008. Debido ó éxito de audiencia empezaron a gravar máis programas. Tres meses despois sae Salvados por la Iglesia, que tamén constaba de dúas partes. A mediados de xuño chega Salvados por la Eurocopa, en xullo, polos Sanfermines, chega Salvados por los Toros, primeiro programa que consta dunha soa parte. Posteriormente chegaría Salvados por la Tele, tamén dunha parte e finalmente Salvados por las Vacaciones, coa que conclúen a primeira tempada.

Segunda etapa[editar | editar a fonte]

Trala renovación para unha segunda tempada na cadea, Salvados pasou a se converter nun programa de emisión semanal regular e deixou o seu carácter temático.[2] Nesta nova etapa, o programa mantivo algunhas seccións da primeira tempada, como as entrevistas en profundidade, pero tamén se engadiron outras novas.

Controversias[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Audiencias[editar | editar a fonte]

Os datos de audiencias corresponden ós ofrecidos por FormulaTV.

Tempada Episodios Estrea Final Audiencia media
Espectadores Porcentaxe
1 6 24 de febreiro de 2008 20 de xullo de 2008 889 000 5,2%
2 22 19 de outubro de 2008 15 de marzo de 2009 1 253 000 6,5%
3 14 5 de setembro de 2010 19 de decembro de 2010 1 228 000 6,6%
4 15 9 de xaneiro de 2011 22 de maio de 2011 1 200 000 6,1%
5 15 4 de setembro de 2011 18 de decembro de 2011 1 249 000 6,6%
6 17 29 de xaneiro de 2012 10 de xuño de 2012 1 760 000 8,0%
7 14 16 de setembro de 2012 16 de decembro de 2012 2 756 000 13,5%
8 16 3 de febreiro de 2013 2 de xuño de 2013 3 041 000 14,8%
Total - 24 de febreiro de 2008 - - -

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]