Saltar ao contido

Diamantino García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDiamantino García
Biografía
Nacemento24 de outubro de 1943 Editar o valor en Wikidata
Ituero de Azaba, España (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte9 de febreiro de 1995 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Sevilla, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Outros nomesLe Curé des Pauvres
El Cura de los Pobres Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, Padres operários (pt) Traducir, operário agrícola (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSindicato de Obreros del Campo
Asociación Pro Derechos Humanos de Andalucía (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1184616

Diamantino García Acosta, nado en Ituero de Azaba (Salamanca) o 24 de outubro de 1943 e finado en Sevilla o 9 de febreiro de 1995,[1] coñecido como "o cura dos pobres", foi un sacerdote obreiro e un sindicalista español, membro fundador do Sindicato de Obreros del Campo. Súa irmá Asunción é presidenta da Asociación Pro Dereitos Humanos do Menor.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa familia, de orixe salmantina, emigrou a Sevilla. Estabeleceuse no barrio de Cerro del Águila, netamente obreiro e de emigrantes do rural, arredor da fábrica téxtil HYTASA.

Diamantino estudou o bacharelato no instituto San Isidoro e posteriormente ingresou no seminario de Sevilla. Para custear os estudos, traballou de obreiro en Barcelona, nas minas de Asturias e nunha fábrica de conservas en Bélxica. Tras ser ordenado, foi enviado á comarca da Sierra Sur de Sevilla, cun nomeamento conxunto e en equipo pastoral con outros tres compañeiros: Enrique Priego a Pedrera, Juan Heredia a Gilena, Miguel Pérez a Martín de la Jara e Diamantino a Los Corrales, unha poboación de 4.000 habitantes, formada por latifundios, xornaleiros sen terra e emigrantes temporeiros. Alí comezou a súa actividade ao servizo da xente pobre, xunto a outros curas como Esteban Tabares, párroco de Aguadulce. Ao ver como gran parte da poboación de Los Corrales marchaba a Navarra para a recollida do espárrago por mor do desemprego masivo da zona, decidiu unirse como xornaleiro e temporeiro e renunciou ao seu soldo de cura.[1]

En 1976 fundou xunto cun grupo de xornaleiros, entre eles Diego Cañamero e Juan Manuel Sánchez Gordillo, o Sindicato de Obreros del Campo (SOC), a prol das loitas dos traballadores do campo en Andalucía.[1] En 1979 creou a Candidatura Unida de los Trabajadores (CUT), brazo político do sindicato, para presentarse ás eleccións municipais dese ano.[2]

En 1991 fundou a Asociación Pro Dereitos Humanos de Andalucía (APDHA), pola que foi recoñecido coa Medalla de prata de Andalucía en 1993.[1] Presidente da mesma até o seu pasamento, dedicou os seus últimos anos á defensa dos dereitos humanos, á erradicación da pobreza e ao traballo a prol dos inmigrantes. Compaxinou eses labores cos de párroco das localidades de Los Corrales e Martín de la Jara.[1]

Sempre rexeitou postos políticos. Un deles, por exemplo, foi o de Defensor do Pobo Andaluz, que lle propuxeron uns meses antes de morrer de cancro en 1995.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]