Diego Antonio Cernadas Castro
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de marzo de 1702 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 30 de marzo de 1777 ![]() Fruíme, España ![]() |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Formación profesional | teoloxía |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, sacerdote católico ![]() |
Xénero artístico | prosa e verso |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Diego Antonio Cernadas y Castro, máis coñecido como O Cura de Fruíme, bautizado en Santiago de Compostela o 18 de marzo de 1702[1] e finado en Fruíme (Lousame) o 30 de marzo de 1777, foi un sacerdote e escritor galego en lingua galega e lingua castelá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi fillo de Antonio Zernadas, escribán da Universidade de Santiago de Composela, e de María de Castro. Coma o seu pai, adoitaba escribir o seu primeiro apelido con zeta (Zernadas). Foi bautizado na Igrexa de San Frutuoso de Santiago. Estudou latín cos xesuítas,[2] foi ordenado sacerdote e acadou o grao de bacharel en Teoloxía pola USC o 31 de xaneiro de 1729. Tomou posesión do curato de Fruíme con 28 anos, manténdose na parroquia ata a súa morte.[2]
Foi arcipreste de Posmarcos de Arriba e fomentou na parroquia o cultivo do millo.


Os seus restos, atopados en 1958, consérvanse na capela das Dores da igrexa parroquial de San Martiño de Fruíme, baixo unha lápida cunha loanza dos veciños. Na súa honra leva o seu nome o CPI de Lousame, construído en 1977 no lugar da Silva.[3]
Obra literaria
[editar | editar a fonte]Escribiu obras de teatro sinxelas, coas que ensinaba a ler á veciñanza e explicaba algúns dos misterios da relixión. Gañou un premio poético en Murcia. Foi autor tamén de obras en prosa e en verso na defensa de Galicia e das inxustizas en xeral.[2]
Logo da súa morte imprimíronse en Madrid as súas Obras (1778-1781), coleccionadas polos seus amigos en sete volumes.[4] Inclúen doce (ou trece, segundo o criterio) textos en lingua galega.[5] Xosé María Álvarez Blázquez engadiu outros tres atopados nos papeis de Salvador Cabeza de León.[5] Pardo de Neyra encontrou un manuscrito nunha biblioteca particular da Coruña con tres composicións máis, ademais doutras cinco nun documento achado na biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Herrera Navarro, Jerónimo. "Diccionario Biográfico Español" (en castelán). Real Academia de la Historia. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2018. Consultado o 21 de setembro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2025-06-19.
- ↑ CPI plurilingüe Cernadas de Castro Xunta de Galicia.
- ↑ Ibarra, J., ed. (1988) [1778-1781]. Obras del cura de Fruíme (facsímile). 7 vols. Lugo [Madrid]: Alvarellos. ISBN 84-85311-74-4. Consultado o 21 de setembro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Pena, Xosé Ramón (2013). Historia da literatura galega I. Das orixes a 1853. Edicións Xerais de Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Cernadas Castro, Diego Antonio". Diccionario enciclopédico galego universal 15. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 24. ISBN 84-7680-429-6.
- "Cernadas Castro, Diego Antonio". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 245.
- "Cernadas y Castro, Diego Antonio". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 483. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Cernadas Castro, Diego Antonio". Enciclopedia Galega Universal 5. Ir Indo. 1999-2002. p. 205. ISBN 84-7680-288-9.
- Blanco Pérez, Domingo (1992). A poesía popular en Galicia. 1745-1885. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-686-6.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-54). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) 1. Bibliófilos Gallegos. p. 276.
- Fernández del Riego, F. (1971) [1951]. Historia da Literatura Galega (2ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. pp. 71–72.
- —————— (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 90. ISBN 84-7492-465-0.
- Fernández Salgado, Xosé A. (2017). Cincuenta décimas contra don Diego de Zernadas. Laiovento. ISBN 978-84-8487-364-8. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2018. Consultado o 20 de setembro de 2018.
- Gómez, Anxo; Queixas, Mercedes (2001). Historia xeral da literatura galega. A Nosa Terra. p. 88. ISBN 84-95350-79-3. Arquivado dende o orixinal o 02/07/2017. Consultado o 19/09/2018.
- Marco, Aurora (2005). "Cernadas y Castro, Diego Antonio". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Pardo de Neyra, Xulio (2002). O labor lírico do ilustrado cura de Fruíme. Edicións Laiovento. ISBN 84-8487-011-1. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2018. Consultado o 20 de setembro de 2018.
- Rivas Troitiño, José Manuel (1977). Diego Antonio Zernadas y Castro un precursor del galleguismo. Porto y Cía.
- Tarrío Varela, Anxo (1994). Literatura galega. Aportacións a unha Historia crítica. Universitaria. Xerais. ISBN 84-7507-778-1.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 135. ISBN 84-8288-019-5.
- Varela Jácome, Benito (1951). Historia de la literatura gallega (en castelán). Santiago de Compostela: Porto y Cía.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diego Antonio Cernadas Castro ![]() |
![]() |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Diego Antonio Cernadas Castro |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1702
- Finados en 1777
- Nados en Santiago de Compostela
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Poetas de Galicia
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Séculos Escuros
- Sacerdotes católicos de Galicia
- Escritores de Galicia coa obra no dominio público
- Poetas en lingua galega
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela