Bojan Dubljević

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bojan Dubljević
Valencia Basket  – No. 14
Información persoal
Nacemento 24 de outubro de 1991 (32 anos)
Iugoslavia Nikšić, Iugoslavia
Nacionalidade Montenegro Montenegro
Altura 2,05 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 110 kg (243 lb)
Posición Ala-pivote / Pivote
Información da carreira
NBA Draft 2013 / Rolda: 2 / Elección: 59
Por Minnesota Timberwolves
Carreira 2009−presente
Historial de equipos
Lovćen (2009–2010)
Budućnost (2010–2012)
Valencia Basket (2012–presente)

Bojan Dubljević, nado o 24 de outubro de 1991 en Nikšić, é un xogador profesional de baloncesto montenegrino que xoga para o Valencia Basket da Liga ACB. Cunha altura de 2,05 metros pode xogar nas posicións de ala-pivote e pivote.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 20 de xuño de 2012, Dubljević asinou un contrato por tres anos co Valencia Basket da Liga ACB.[1] Na tempada 2016-17, conseguiu o título da ACB co Valencia e foi nomeado mellor xogador das Finais da ACB.[2]

O 27 de xuño de 2013, foi elixido na 59ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Minnesota Timberwolves.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Valencia Basket llega a un acuerdo con el pívot Bojan Dubljevic por 3 años. Arquivado 28 de maio de 2018 en Wayback Machine. ACB.com, 20 de xuño de 2012
  2. "Bojan Dubljevic, MVP Movistar del Playoff Final de la Liga Endesa". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2018. Consultado o 28 de setembro de 2018. 
  3. "Timberwolves draft Montenegrin F Bojan Dubljevic at pick No. 59". Minneapolis Star Tribune. 27 de xuño de 2013. Consultado o 30 de xuño de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]