Enes Kanter Freedom
![]() | |
Houston Rockets – No. 13 | |
Posición | Pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 20 de maio de 1992 (30 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 116 kg (255 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Stoneridge Preparatory School (Simi Valley, California) |
NBA Draft | 2011 / Rolda: 1 / Elección: 3 Por Utah Jazz |
Carreira | dende 2008 |
Historial de equipos | |
Fenerbahçe (2008–2009) Utah Jazz (2011–2015) Oklahoma City Thunder (2015–2017) New York Knicks (2017–2019) Portland Trail Blazers (2019) Boston Celtics (2019–2020) Portland Trail Blazers (2020–2021) Boston Celtics (2021–2022) Houston Rockets (2022–presente) |
Enes Kanter Freedom, nado coma Enes Kanter o 20 de maio de 1992 en Zúric, Suíza, é un xogador turco de baloncesto profesional que xoga nos Houston Rockets da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Turquía[editar | editar a fonte]
Na tempada 2008-09, Kanter foi reserva no Fenerbahçe Ülker da liga turca. Xogou nove partidos, catro na Euroliga e cinco en liga. Fenerbahçe e Olympiacos BC ofrecéronlle contratos profesionais, pero Kanter decidiu xogar no instituto e na universidade nos Estados Unidos.
NBA[editar | editar a fonte]
Kanter foi elixido na 3ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Utah Jazz. Asinou o seu contrato cos Jazz o 9 de decembro de 2011.[1] Na súa tempada coma rookie, Kanter acadou 4.6 puntos en 13.2 minutos por partido.
O 19 de febreiro de 2015, Kanter foi traspasado ós Oklahoma City Thunder nun traspaso entre os Jazz, os Thunder e os Detroit Pistons.[2]
O 25 de setembro de 2017, Kanter foi traspasado xunto a Doug McDermott e unha elección da segunda rolda do Draft de 2018 ós New York Knicks, a cambio de Carmelo Anthony.[3] O 7 de febreiro de 2019, foi cortado polos Knicks.[4]
O 17 de xullo de 2019, Kanter asinou cos Boston Celtics un contrato por dous anos e 10 millóns de dólares.[5]
O 20 de novembro de 2020, Kanter foi traspasado ós Portland Trail Blazers nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Memphis Grizzlies.[6]
O 13 de agosto de 2021, Kanter asinou de novo cos Boston Celtics.[7]
O 10 de febreiro de 2022, Kanter Freedom foi traspasado xunto a Dennis Schröder e Bruno Fernando ós Houston Rockets a cambio de Daniel Theis.[8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Jazz Signs 2011 Lottery Picks". NBA.com. 2011-12-09. Consultado o 2011-12-10.
- ↑ "Thunder Acquires Kanter, Novak, Augustin, Singler and Draft Pick". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 20 de febreiro de 2015.
- ↑ "Knicks Trade Carmelo Anthony To Oklahoma City". NBA.com. 25 de setembro de 2017. Consultado o 25 de setembro de 2017.
- ↑ Knicks waive Wesley Matthews, Enes Kanter
- ↑ "Celtics Sign Enes Kanter". NBA.com. 17 de xullo de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2019.
- ↑ "Trail Blazers acquire Enes Kanter in three-team trade". NBA.com. Consultado o 2020-11-20.
- ↑ "Celtics Sign Enes Kanter". NBA.com. 13 de agosto de 2021.
- ↑ "Rockets Complete Four Player Trade with Boston". NBA. Consultado o 10 de febreiro de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 22 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1992
- Nados en Zúric
- Xogadores de baloncesto de Turquía
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Utah Jazz
- Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto)
- Xogadores dos Utah Jazz
- Xogadores dos Oklahoma City Thunder
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores dos Portland Trail Blazers
- Xogadores dos Boston Celtics