Selección de baloncesto de Serbia
Serbia | |||
Ranking | 4 ![]() | ||
---|---|---|---|
Afiliación | 1992 | ||
Zona FIBA | FIBA Europa | ||
Federación | Federación Serbia de Baloncesto (KSS) | ||
Adestrador | ![]() | ||
Xogos Olímpicos | |||
Aparicións | 4 | ||
Medallas | ![]() | ||
Copa do Mundo da FIBA | |||
Aparicións | 6 | ||
Medallas | ![]() ![]() | ||
EuroBasket | |||
Aparicións | 12 | ||
Medallas | ![]() ![]() ![]() | ||
Uniforme | |||
|
A selección de baloncesto de Serbia (en serbio Кошаркашка репрезентација Србије / Košarkaška reprezentacija Srbije) representa óa Serbia nos torneos de baloncesto profesional internacionais. Está organizada pola Federación Serbia de Baloncesto.
O equipo foi coñecido ata abril de 1992como selección de baloncesto de Iugoslavia, e ata xuño de 2006 como selección de baloncesto de Serbia e Montenegro. Cando Serbia se independizou, converteuse no sucesor de Serbia e Montenegro e, polo tanto, os resultados da anterior RF Iugoslavia / Serbia e Montenegro lle pertencen por dereito.[1] Con todo a RF Iugoslavia / Serbia e Montenegro non é considerada a sucesora da República Federal Socialista de Iugoslavia, polo que os resultados anteriores a 1992 non pertencen ao actual equipo.[2][3]
Historia[editar | editar a fonte]
RFS Iugoslavia (1936–1991)[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Selección de baloncesto de Iugoslavia.
RF Iugoslavia / Serbia e Montenegro (1992–2006)[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Selección de baloncesto de Serbia e Montenegro.
A pesar de ser un país notablemente máis pequeno, o equipo nacional de baloncesto continuaou a ser moi competitivo na escena internacional. Gañaron varios campionatos de Europa e do Mundo. Dominaron a escena mundial nos anos 1990, nas xeraciónslideradas por xogadores como Vlade Divac, Peja Stojaković, Aleksandar Đorđević e Dejan Bodiroga, mais atravesou unha crise a principios dos anos 2000.
No Eurobasket gañaron 3 medallas de ouro en 1995, 1997 e 2001, e unha de bronce en 1999. Serbia organizou Eurobasket 2005, mais só puido finalizar no 9º lugar. Tamén conseguiu unha medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1996.
Comité Olímpico Serbio elixiu ao equipo de baloncesto como o mellor equipo masculino cinco veces entre 1995 e 1998, e en 2002.[4]
Serbia (2006–presente)[editar | editar a fonte]
Unha nova xeración, de novo liderada polo adestrador Dušan Ivković recuperou algo da vella gloria conseguindo a medalla de prata no Eurobasket 2009, e a cuarta praza no Campionato do Mundo de Baloncesto de 2010, co equipo máis novo.[5] A finais de 2013, o membro do salón da fama serbio Aleksandar Đorđević foi confirmado como sucesor de Ivković.
Xogadores[editar | editar a fonte]
Equipo actual[editar | editar a fonte]
Equipo para o Campionato do Mundo de Baloncesto de 2019.
Selección de baloncesto de Serbia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "PR no.22: Montenegro becomes 213th FIBA Member". FIBA. Consultado o 26 August 2006.
- ↑ "FIBA Medal table". FIBA. Consultado o 9 June 2013.
- ↑ [1]
- ↑ http://www.oks.org.rs/?page_id=462&lang=sr-latn Arquivado 20 de agosto de 2010 en Wayback Machine.(en serbio)
- ↑ "Duda otpisao Milosavljevića". B92.net (en serbio). BETA. Consultado o 6 August 2012.