Nemanja Nedović
![]() | |
Panathinaikos – No. 26 | |
Base / Escolta | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 16 de xuño de 1991 (29 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
Peso oficial | 87 kg (192 lb) |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2013 / Rolda: 1 / Elección: 30 Por Phoenix Suns |
Carreira | dende 2008 |
Historial de equipos | |
KK Crvena zvezda (2008–2012) Lietuvos Rytas (2012–2013) Golden State Warriors (2013–2014) → Santa Cruz Warriors (2013–2014) Valencia Basket (2014–2015) Unicaja Málaga (2015–2018) Olimpia Milano (2018–2020) Panathinaikos (2020–presente) |
Nemanja Nedović, nado o 16 de xuño de 1991 en Nova Varoš, é un xogador serbio de baloncesto profesional que xoga no Panathinaikos BC da A1 Ethniki.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Europa[editar | editar a fonte]
Nedović comezou adestrando co Ascoli italiano cando tiña 11 anos, xa que o seu pai xogaba ó balonmán nun equipo desa cidade. Despois diso, adestrou dous anos en Nova Varoš, a súa cidade natal. No ano 2005, con tan só 15 anos, fichou polo Estrela Vermella de Belgrado, onde se converteu en campión co seu equipo xuvenil.
Máis tarde foi ascendido ó primeiro equipo, onde debutou de forma profesional. Xogou no Estrela Vermella ata xuño de 2012, cando fichou polo BC Lietuvos Rytas lituano.[1] Alí debutou na Euroliga, onde fixo 9.8 puntos, 2.5 rebotes e 2.1 asistencias por partido.
NBA[editar | editar a fonte]
O 27 de xuño de 2013, Nedović foi elixido na 30ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Phoenix Suns, quenes o traspasaron ós Golden State Warriors. Asinou cos Warriors o 9 de xullo de 2013.[2] Durante a súa tempada coma rookie, foi asignado varias veces ós Santa Cruz Warriors, afiliado de Golden State na NBA Development League.
Volta a Europa[editar | editar a fonte]
O 14 de novembro de 2014, Nedović asinou un contrato de dous anos co Valencia Basket da Liga ACB.[3] En cinco partidos xogados na Euroliga co Valencia, acadou 8 puntos e 3.6 asistencias por encontro. O 2 de xullo de 2015, Nedović e o Valencia romperon a súa vinculación.[4]
No mesmo día que deixaba o Valencia, Nedović asinou un contrato dun ano co Unicaja Málaga.[5]
O 13 de xullo de 2020, Nedović asinou co Panathinaikos BC da A1 Ethniki e da Euroliga.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Lietuvos Rytas inks Nedovic". Euroleague. Consultado o 4 de agosto de 2012.
- ↑ Golden State Warriors Sign Nemanja Nedovic to Contract
- ↑ "Valencia, Nedovic agree until June of 2016". Euroleague.net. 14 de novembro de 2014. Consultado o 14 de novembro de 2014.
- ↑ "Nemanja Nedovic, Valencia Basket part ways". sportando.com. 2 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2015. Consultado o 2 de xullo de 2015.
- ↑ "Nedovic, segunda incorporación del Unicaja". unicajabaloncesto.com. 2 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2015. Consultado o 2 de xullo de 2015.
- ↑ "Nemanja Nedovic is a newcomer of Panathinaikos". Sportando. 13 de xullo de 2020. Consultado o 13 de xullo de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1991
- Nados no distrito de Zlatibor
- Xogadores de baloncesto de Serbia
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Bases de baloncesto
- Escoltas de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Phoenix Suns
- Xogadores do KK Crvena zvezda
- Xogadores do BC Lietuvos Rytas
- Xogadores dos Golden State Warriors
- Xogadores do Valencia BC
- Xogadores do CB Málaga
- Xogadores do Olimpia Milano
- Xogadores do Panathinaikos BC