Daniel Ortega
José Daniel Ortega Saavedra, nado en La Libertad (Chontales) o 11 de novembro de 1945, é un ex-guerrilleiro e político nicaraguano, presidente electo do seu país.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Daniel Ortega foi un dos comandantes da guerrilla do Fronte Sandinista de Liberación Nacional (FSLN), organización que combateu a ditadura de Anastasio Somoza Debayle até que o 19 de xullo de 1979 conseguiu derrotala militarmente (Revolución Sandinista) instaurando un goberno de unidade nacional que tomou o nome de Xunta de Reconstrución Nacional (goberno do que forma parte Daniel Ortega) no que, ademais dos sandinistas, estaban representados as principais formacións contrarias á ditadura.
Desfeito o goberno de unidade por diferenzas internas, Ortega foi escollido presidente do país en 1984. O seu goberno, de orientación claramente progresista, conseguiu mellorar a calidade de vida da poboación pero tivo que facer fronte á oposición armada das forzas contrarevolucionarias de dereitas, contras, instruídas pola CIA e financiadas polo Goberno dos Estados Unidos.
Nas eleccións presidenciais de 1990 Ortega foi derrotado por unha escasa marxe de votos, debido a unha alianza de 14 partidos políticos antisandinistas liderados por Violeta Chamorro.
Dezasete anos despois nas eleccións do 5 de novembro de 2006, Daniel Ortega foi novamente escollido presidente.
En novembro de 2021, Daniel Ortega foi reelixido para un cuarto mandato de cinco anos co 75% dos votos, segundo os primeiros resultados oficiais parciais publicados polo Consello Supremo Electoral.