Saltar ao contido

Operación Cóndor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Operación Condor»)

Operación Cóndor, en inglés Operation Condor,[1] é o nome co que é coñecido o plan de intelixencia e coordinación entre os servizos de seguridade das ditaduras militares do Cono Sur de América -Arxentina, Chile, Brasil, Paraguai, Uruguai e Bolivia- e a CIA na década de 1970, que se constituiría nunha organización clandestina internacional para a práctica do terrorismo de Estado e que tivo como resultado o asasinato e desaparición de gran número de opositores ás mencionadas ditaduras.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

No marco da guerra fría, establecéronse moitas operacións destinadas a facer desaparecer opositores e a usalos como parte da propaganda de medo. Unha destas operacións foi a Operación Fénix en Vietnam. Todas elas estiveron baseadas no Decreto Noite e Néboa de Adolf Hitler.

A profesora Patrice McSherry, da Long Island University, mediante un documento secreto da CIA datado en xuño de 1976, confirmou o secuestro e tortura de refuxiados chilenos e uruguaios en Bos Aires. Segundo McSherry, os devanditos plans emanaron nos anos 60 na Escola das Américas e as Conferencias de Exércitos Americanos, mediante as cales Estados Unidos ensinou aos oficiais instruídos nelas, accións "preventivas" na rexión. Un documento desclasificado da CIA con data 23 de xuño de 1976, explica que xa "a principios de 1974, oficiais de seguridade da Arxentina, Chile, Uruguai, Paraguai e Bolivia reuníronse en Bos Aires para preparar accións coordinadas en contra de brancos subversivos".

Polos arquivos desclasificados da CIA, sóubose que Manuel Contreras, xefe da DINA en Chile, foi convidado en 1975 ao cuartel Xeral da CIA en Langley Virginia, por 15 días[2]. Logo desa visita, Contreras aparece como "creador" da Operación Cóndor. O xornalista e investigador Cristopher Hitchens vincula a Henry Kissinger como o ideólogo da devandita operación.[3] O asasinato do xeneral chileno Carlos Prats na Arxentina e do exministro do goberno de Salvador Allende, Orlando Letelier nos Estados Unidos, foron parte da operación [2] mentres que Bernardo Leighton escapou xusto dunha tentativa de asasinato en Roma, organizada polo terrorista italiano Stefano Delle Chiaie, que era un membro da Operación Gladio. Quen accionou a metralladora que feriu gravemente a Bernardo Leighton e á súa esposa, foi o terrorista de orixe cubana Orlando Bosch Ávila, implicado con Luis Posada Carriles na sabotaxe cunha bomba de C4 dun avión da Cubana de Aviación, que estalou fronte ás costas de Barbados en 1976 (morreron 73 persoas). Os axentes da Operación Cóndor actuaron tanto en países de América Latina como nos Estados Unidos e Europa. En Madrid intentaron secuestrar a líderes do MIR chileno mentres que en Roma operaron contra disidentes políticos arxentinos.

Con Vincenzo Vinciguerra, o italiano Stefano Delle Chiaie falou sobre os asasinatos de Prats e Letelier; segundo eles, participou nas dúas operacións o cidadán estadounidense Michael Townley ex axente da CIA. O terrorista cubano-estadounidense Luis Posada Carriles tamén participou na reunión na que se decidiu asasinar a Orlando Letelier, quen se exiliou nos Estados Unidos de América. Ademais, segundo investigacións actuais, pode ser que Eduardo Frei Montalva fora asasinado por veleno creado na Colonia Dignidad.

Segundo os Arquivos do Terror descubertos por Martín Almada na cidade de Lambaré, Paraguai, en 1992, o plan Cóndor deixou un saldo de 50.000 mortos, 30.000 desaparecidos e 400.000 presos. O Plan Cóndor foi dado como un exemplo similar á estratexia da tensión utilizada en Italia nos anos 70, que estaba dirixida pola chamada Operación Gladio, na cal Licio Gelli foi un membro.

Outras fontes e documentos, din:

  • "O Plan Cóndor deixou un saldo de máis de 100 mil mortos e desaparecidos na rexión, de modo que a sentenza, que Paraguai está obrigada a cumprir, é máis que trascendente", (Almada, Premio Nobel Alternativo 2001)(mercosursocialsolidario.org)
  • “Máis de 400 mil latinoamericanos foron vítimas de políticas de Estado terroristas, cuxa base estivo deseñada en Washington. E isto non é ideoloxismo fatuo. Abonda con reconstruír a historia de ditadores como Anastasio Somoza, Fulgencio Batista, Jorge Ubico e outros, e unila coas ditaduras do chamado Cono Sur para comprobar de onde, por que xurdiron e que poder os sostiña." (Stella Calloni: Operación Cóndor Pacto Criminal)

O 6 de marzo de 2001, o New York Times publicou un documento desclasificado: un cable de 1978 remitido polo embaixador dos EEUU en Paraguai, Robert E. White, que dicía que os servizos secretos dos países membros de Cóndor "están en contacto entre eles por unha instalación de comunicación dos EEUU, localizada na zona da Canle de Panama" ("keep in touch with one another through a U.S. communications installation in the Panama Canal Zone which covers all of Latinoamérica").

Novas documentacións e achados

[editar | editar a fonte]

A historiadora J. Patrice McSherry publicou unha investigación baseada en documentos desclasificados recentemente pola CIA que mostran que a operación se iniciou dous anos antes do previsto, en 1973. McSherry determinou que ...un documento da CIA, con data do 23 de xuño de 1976, comproba que un ano antes do xurdimento oficial do Plan Cóndor, oficiais de seguridade da Arxentina, Chile, Uruguai, Paraguai e Bolivia "reuníronse en Buenos Aires para preparar accións coordinadas en contra de brancos subversivos".[4][5]

  1. University of Oxford (2022-02-11). "Unravelling Operation Condor, a campaign of state terror in 1970s South America". Consultado o 2024-11-10. 
  2. [1]
  3. ...Los archivos desclasificados por Estados Unidos, a partir de la cantidad de juicios abiertos en el Cono Sur, el descubrimiento de los Archivos del horror de Paraguay (1992), la detención de Augusto Pinochet en Londres a solicitud del juez español Baltasar Garzón, que juzga el genocidio en América Latina -y en ese encuadre investiga la Operación Cóndor-, muestran no sólo la vinculación de Kissinger sino sus órdenes directas. También en Argentina se piensa citarlo en el juicio contra la Operación Cóndor. Visitando París lo sorprendió la citación del juez Roger le Loire, el mismo que ordenó la detención en Roma el año pasado del militar argentino Jorge Olivera por el secuestro y desaparición de Anne Marie Erize, una joven de origen francés. Olivera fue liberado poco tiempo después, mediante una maniobra que incluye pruebas falsificadas, lo que dejó mal parada a la justicia italiana. La aparición del libro "The Trial of Henry Kissinger", del periodista e investigador británico Cristopher Hitchens, es tan revelador como otros libros y documentos acumulados en los últimos tiempos sobre el papel del ex secretario de Estado de dos gobiernos de su país, los de los republicanos Richard Nixon y Gerald Ford. "Kissinger y su equipo idearon el proyecto destinado a asesinar al general chileno René Schneider, que no sólo era líder de las fuerzas armadas de Chile sino que no hubiera aceptado el golpe de Estado", di Hitchens, nunha entrevista co correspondente de Página 12 en París. Agrega: "Se trata de una atrocidad absoluta y nosotros contamos con todos los detalles del atentado planeado por Kissinger y que le costó la vida a Schneider. Hay que decir también que se trata de una atrocidad contra la democracia chilena. Durante 25 años Kissinger impidió que los chilenos eligieran a su presidente". máis en Documentación demuestra la intervención de Kissinger en el golpe de Estado de Pinochet.
  4. "Documentos da CIA desvelan que a Operación Cóndor se creou dous anos antes do que se creía.". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2009. Consultado o 13 de xaneiro de 2009. 
  5. EE.UU. xestou Operación Cóndor, revelan documentos desclasificados.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]