Idiomas de Dinamarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linguas de Dinamarca
Lingua oficial Dinamarqués >90%
Linguas minoritarias oficialmente recoñecidas Alemán, Feroés, Groenlandés
Principais linguas de inmigrantes
Principais linguas estranxeiras Inglés 86%, Alemán 58%, Francés 12%[1]

O Reino de Dinamarca ten só unha lingua oficial en todo o seu territorio, o dinamarqués, a lingua nacional dos dinamarqueses, pero hai varias linguas minoritarias faladas no territorio, e oficiais nas súas respectivas zonas. Estas son o alemán, o feroés e o groenlandés. Unha grande maioría dos dinamarqueses tamén fala inglés como segunda lingua.

Linguas minoritarias oficiais ou recoñecidas[editar | editar a fonte]

Alemán[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Lingua alemá.
Antigo condado de Xutlandia Sur, onde residen a maioría dos falantes de alemán.
Coñecemento da lingua alemá en Dinamarca, 2005. Segundo o Eurobarómetro[2], 58% dos que responderon din saber alemán abondo para ter unha conversa. Destes, o 15% (por cento, non en puntos porcentuais) din ter moi bo coñecemento do idioma mentres que o 33% teñen bo coñecemento e un 52% nocións básicas de alemán.

O alemán fálase no antigo Condado de Xutlandia Sur (na Rexión Syddanmark), que era parte do Imperio Alemán antes do Tratado de Versalles. Entre 15,000 e 20,000 alemáns viven en Xutlandia do Sur, dos cales arredor de 8,000 empregan o alemán a diario. Non é lingua oficial pero un tratado asinado con Alemaña en 1955[3] recoñece dereitos lingüísticos e culturais á minoría de lingua alemá en Schleswig-Holstein. Fóra de Xutlandia do Sur, calcúlanse en 25.000 os alemáns residentes en Dinamarca[4], e os membros da Escola de San Pedro de Copenhaguen empregan o alemán na Igrexa, na súa páxina web[5] e na escola que dirixen.

Feroés[editar | editar a fonte]

Modelo:APLingua feroesa

Selos en feroés.

O feroés, unha lingua xermánica (como o dinamarqués), é a lingua propia das Illas Feroe, un territorio autónomo dende 1948, onde tamén é a primeira lingua oficial. Tamén é falado polos emigrantes feroeses na Dinamarca continental. É falada pola totalidade dos 50,000 habitantes das illas.

Groenlandés[editar | editar a fonte]

Modelo:Lingua groenlandesa

Variantes do Inuit no Ártico. Nótese a distribución en Groenlandia.

O groenlandés (kalaallisut) é a primeira lingua dos 54,000 Inuit que viven en Groenlandia, que é, como as Illas Feroe, un territorio autónomo. Ten status de oficialidade dende 1979. Arredor de 7.000 persoas falan groenlandés na Dinamarca continental.

Linguas non oficiais[editar | editar a fonte]

Bornholmsk[editar | editar a fonte]

Illa de Bornholm á dereita

O bornholmsk é falado na illa de Bornholm. Comparte moitas características co sueco, e pode ser considerado un subdialecto do escaniano.

Linguas dos inmigrantes[editar | editar a fonte]

O turco é a principal lingua dos inmigrantes en Dinamarca con 40.000 falantes, o árabe, o serbio e o croata son outras linguas amplamente faladas no país. Ningunha delas ten status oficial pero os falantes teñen dereito a ter ensino da súa lingua, recibir información oficial e dereito a asistencia de intérpretes nos tribunais[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]
  2. http://ec.europa.eu/public_opinion/archives/ebs/ebs_243_en.pdf
  3. Li-ann Thio Managing Babel: The International Legal Protection of Minorities in the Twentieth Century, Martinus Nijhoff Publishers, 2005, páxina 117
  4. Ulrich Ammon et al. Sociolinguistics: An International Handbook of the Science of Language and Society Walter de Gruyter, 2006
  5. [2]
  6. Ulrich Ammon et al. Ob. cit.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Modelo:Commonscat:Languages of Denmark