Conversa usuario:Norrin strange/arquivo 3

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Copyright da Xunta[editar a fonte]

Creo que non se pode. Na portada da web , abaixo aparece que ten copyright, e no aviso legal indican: Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración autonómica de Galicia. Polo tanto non creo que os contidos sexan libres de ser incluídos na wikipedia. Con todo aviso que ó mellor me trabuco. Alberte Si, dígame? 14:12, 8 maio 2009 (UTC)

Imaxes de Vieiros[editar a fonte]

Se cadra levas razón, Norrin, pero preguntémoslle a Albert galiza, porque sei que nesta páxina de Flickr soamente se poden quitar fotos da 1ª e 6ª opcións. A de Vieiros, segundo eu o vexo sería a terceira. Iso de Non Comercial non sei eu se vale no noso caso concreto. Oxalá, porque se é así teremos solucionados mil problemas. Vieiros ten fotos a esgalla dos máis diversos persoeiros e concretamente sobre a manifestación de hoxe pois tamén moitas. Pregúntasllo ti a Alberte? Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 10:11, 18 maio 2009 (UTC)

Debéchelo esquecer pero tes ese artigo en uso sen editar desde hai meses, non lle retirei o marcador en uso por se tes intención de seguir con el. --RNC 18:31, 24 maio 2009 (UTC)

Francisco Rodríguez[editar a fonte]

Ola Norrin. Vin que no artigo BNG, na táboa das eleccións xerais, engadiches como dato que Francisco Rodríguez e Francisco Jorquera foron candidatos en cadansúas eleccións. Non sei eu se o dato é moi correcto, á vista de que nesas eleccións non hai un candidato único, senón que hai un por cada circunscrición (provincia). No caso de Francisco Rodríguez e Jorquera tan só son os números 1 da lista da Coruña. Mais non só acadaron escano eles, a número 1 por Pontevedra tamén leva saíndo elixida en varias eleccións, e non ten menor rango que o candidato da circunscrición coruñesa. Habería que facer algún tipo de arranxo nese dato. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 15:26, 20 xuño 2009 (UTC)

Voceiro, paréceme ben. Adiante co troco. Saúdos. Alberte Si, dígame? 19:43, 20 xuño 2009 (UTC)

Subdivisións de Italia[editar a fonte]

Boas, Norrin. Telo co marcador Enuso dende decembro. Bótalle unha ollada. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:35, 21 xuño 2009 (UTC)

Conflicto Lingüístico[editar a fonte]

Home eu co do conflicto lingüístico referiame a qeu conviven dúas linguas e a situación dista moito de ser de "bilinguismo harmónico"... a mani de Galicia bilingüe en Compostela foi unha boa proba da súa existencia... por non falar da diglosia qeu ti mesmo apuntas... Que o galego non hai tanto tempo atrás fose a lingua moi maioritaria da Galiza e qeu agora estexa como está (creo recordar ter lido qeu o número de castelán falantes superou fai pouco por primeira vez ao de galego falantes, non estou seguro deste dato pero andaralle preto) é un feito bastante contundente que penso que demostra qeu si qeu hai un conflicto lingüístico. Saúdos--83.42.12.235 20:58, 22 xuño 2009 (UTC)

Galifontes[editar a fonte]

Feito! Feito!. Estaba ben escritos, apenas había dúas ou tres cousas. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 15:48, 23 xuño 2009 (UTC)

Feito! Feito! tamén. --Atobar (conversa comigo) 16:16, 23 xuño 2009 (UTC)

Iparralde[editar a fonte]

Tes o marcador EnUso posto no artigo Iparralde dende hai case ano e medio. Sería bo quitalo. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 15:29, 30 xullo 2009 (UTC)

Norrin, o mesmo pasa con Izquierda Anticapitalista, que está dende hai un par de meses. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 21:52, 4 agosto 2009 (UTC)

Provisional Irish Republican Army[editar a fonte]

Ambrosio[editar a fonte]

Ola, Norrin. A forma en galego é Santo Ambrosio, que xa estaba creada. Podes completala alí, porfis? --Xabier Cid Conversa 07:00, 22 de xuño de 2010 (UTC)

Se empezan por vogal, son santos. Agás o concello de San Amaro. :) --Xabier Cid Conversa 07:07, 22 de xuño de 2010 (UTC)

Miniproxecto "Día das Letras Galegas" 2011[editar a fonte]

Ola, como andamos?

Fixen unha proposta na taberna que igual é do teu interese. Bótalle un ollo.

Unha aperta--. HombreDHojalata.conversa 19:48, 27 de abril de 2011 (UTC)

Norrin, ao cambiares o modelo habería que adaptar os artigos que o levan. Bótaslle un ollo? Graciñas.

Thor, banda deseñada, Lobeto, Optimus Prime e Spider-Man.

--. HombreDHojalata.conversa 20:17, 10 de agosto de 2011 (UTC)

Tódolos ficheiros a Wikimedia Commons[editar a fonte]

Ola, como andamos?

Hai aberta unha discusión, e unha consulta á comunidade derivada da anterior, relativa ó sistema de carga de ficheiros. De se aprobar suporía un importante cambio na Galipedia. É por iso que sería desexable a participación do maior número de usuarios posibles, tanto no debate coma na votación.

Contamos contigo.

Unha aperta.--. HombreDHojalata.conversa 20:37, 22 de setembro de 2011 (UTC)

Norrin, anímaste a ir comezando o pt:Valentín Paz-Andrade?--. HombreDHojalata.conversa 21:43, 20 de outubro de 2011 (UTC)

Categoría:Páxinas con ligazóns rotas cara a ficheiros[editar a fonte]

Boas!. Mira é unha pequena tontería, resulta que estamos amañando as páxinas que teñen ligazóns rotas a ficheiros e hai unha subpáxina túa que está nesa categoría. A páxina é a Usuario:Norrin strange/Modelo:Tarefa e o sofware Mediawiki métea automáticamente na categoría porque ese modelo usa un nome de ficheiro pasándolle un parámetro e cando se integra no modelo ese ficheiro non existe. Hai unha forma de evitar isto, se cambias o modelo para que non inclúa o uso do ficheiro e na chamada no parámetro {{{progreso}}} lle pasas o ficheiro xa estaría. Podes ver as probas que fixen en Usuario:Elisardojm/Modelo:Tarefa e do uso en Usuario:Elisardojm/Proba tarefa. Se tes calquera dúbida avísame e tento axudarche. Graciñas e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 12:27, 9 de novembro de 2011 (UTC)

Boas Norrin strange, cando teñas un momento, podes revisar a mensaxe anterior para tentar amañar a túa subpáxina?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:03, 19 de marzo de 2012 (UTC)
Graciñas, por certo, sinto non ter explicado mellor o conto ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15:28, 20 de marzo de 2012 (UTC)

Tes que perdoar. Ao non estar o marcador no comezo da páxina senón no medio, a verdade é que nin o vin. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17:27, 10 de marzo de 2012 (UTC)

Páxina da ACE[editar a fonte]

Por que puxo despois de Alternativa Canguesa de Esquerdas as siglas do PP?

Proposta[editar a fonte]

Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:26 (UTC)[responder]

galeguizar[editar a fonte]

Ola! O asunto venche explicado en Wikipedia:A Galipedia é unha enciclopedia en galego, pero non só, a ligazón á que chegas desde o marcador de {{galeguizar}}: "pódese optar por crear un apartado propio dentro do artigo ou, en función do seu volume, un artigo propio. Un exemplo do primeiro pode ser Chateaubriand. Do segundo, Historia da moeda en Galicia".

Así, se consideras que hai material abondo para crear un artigo de seu, sería fantástico. Se non, podería crearse un apartado, como nos artigos Augardente (sección "A augardente en Galicia"), Xudaísmo (sección "Xudaísmo en Galicia") ou Arte románica (sección "A arte románica en Galicia").

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de xuño de 2013 ás 16:13 (UTC)[responder]

Igrexa Católica[editar a fonte]

Boas Norrin strange!! Vexo que tes especial interese nos artigos relacionados coa relixión católica, animaríaste a ampliar e mellorar o artigo sobre a Igrexa Católica Romana (tamén considero que é mellor chamarlle simplemente Igrexa Católica)? É un dos 1.000 artigos que toda wikipedia debería ter e eso axudaría a subir postos na clasificación de Wikipedias atendendo á súa calidade (ademáis da importancia do artigo que fai que debera ser un artigo ben completo). Se xa tiveras moitas ganas poderías mirar de facer algo con Xesús de Nazaret, que ten un marcador de tarefas pendentes. Faríao eu, mais teño moito cos compositores e, a dicir verdade, non teño moita idea de relixión católica, e vendo que ti estás interesado e entendes do tema, propóñocho a ti sen compromiso algún. Unha aperta!!!! Piquito (conversa) 6 de xuño de 2013 ás 15:18 (UTC)[responder]

Non te apures, mellor lento pero seguro!! Grazas a ti polas túas achegas!!! Piquito (conversa) 6 de xuño de 2013 ás 15:38 (UTC)[responder]

Topónimos[editar a fonte]

Ola, Norrin. Parto da base de que por tentalo, non pasa nada. Véxolle dous problemas: un, que é probable que non nos respondan, ou que nos contesten prás quendas gregas. Non por nada, senón porque teñen o seu calendario de traballo, e a análise de topónimos... ben, non foi algo prioritario nas últimas tres décadas de codificación. Tamén hai un problema que ten que ver co propio código da Wikipedia. Aínda que non ten ese propósito a norma de "a wikipedia non é unha fonte primaria" e "non fagas investigación", podería ser interpretado dese xeito. É dicir, tería que quedar claro que esa non é unha consulta privada, senón pública, e que se vai poñer na web o correo ou a carta que nos manden. Iso crea aínda máis dificultades, imaxino, para eles. A min paréceme ben, dende logo, enviarlles unha lista de países (por empezar por algures) onde existen dúbidas importantes (e que son basicamente os países de Asia Central e algún máis). Os nomes dos países e dos seus habitantes (xentilicios). Logo, se iso vai ben, nunha segunda tanda abordaría cidades capitais, por exemplo. E nunha terceira quizais ríos, arquipélagos, cadeas montañosas... e así. Paréceche? Quizais sexa útil pedirlle consello ao Sobreira. Como non se conecta moito ultimamente, quizais sexa boa idea enviarlle un correíño --Xabier Cid Talk 2 me, please 14 de xuño de 2013 ás 10:33 (UTC)[responder]

URXENTE: Modelo cidade[editar a fonte]

Boas Norrin, os cambios que fixeches no modelo cidade co tema da bandeira e o escudo están dando problemas, agora unhas cidades aparecen ben e outras mostran no artigo o texto Ficheiro e outra basura (mira Moscova), e isto afecta a un cento de artigos. Supoño que como ese era o formato antigo haberá moitos máis artigos nese formato co cal, se non se poden manter os dous ó mesmo tempo, penso que será mellor desfacer ese cambio e amañar só as cidades que non teñan o do Ficheiro. Se concordas con iso eu podería adicarme a amañar as cidades que non estén ben. A maiores nalgúns artigos sae tamén un } que non pinta nada pero non sei se é por este cambio ou polo cambio dos nomes oficiais (mira Atenas - Αθήνα), poderías revisalo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de xuño de 2013 ás 11:56 (UTC)[responder]

Ok, perfecto. Só unha nota, antes de cambiar un modelo que se usa en tantas páxinas é convinte probalo nas subpáxinas, para facer isto o que podes facer é copiar o modelo nunha subpáxina túa, modificalo aí e logo utilizalo noutra subpáxina túa, así, desta forma, os cambios e probas que fagas só afectarán ó artigo que tes na túa subpáxina.
Pouco a pouco irase facendo todo o que pasa é que últimamente non sei o que pasou que saltaron un cento de cousas ó mesmo tempo, está o de Oza-Cesuras, está o dos topónimos e agora está tamén isto. Hai que ir ós poucos, todo ó tempo non se pode :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xuño de 2013 ás 07:21 (UTC)[responder]

Nin idea. :) Amañado. --Xabier Cid Talk 2 me, please 1 de xullo de 2013 ás 13:49 (UTC)[responder]

topónimos[editar a fonte]

Bótalle un ollo, please: Wikipedia:Wikiproxecto Exotopónimos. --Xabier Cid Talk 2 me, please 2 de xullo de 2013 ás 10:59 (UTC)[responder]

RE:Lixo en artigos válidos de pouco contigo[editar a fonte]

Primeiro de todo, márcoos como lixo no canto de borralos directamente por se alguén ten algunha obxección e segundo, non creo que mereza quedar na Galipedia un artigo que só diga "é unha illa nas Illas Salomón, é unha das illas Olu Malau (Tres Irmás) situada na provincia de Makira-Ulawa." ou " foi un periódico editado no Porriño entre 1930 e 1931.". Xa que achegan moi pouca información aos que leen o artigo e non demostran cumprir cos criterios de notoriedade. Unha illa da que non se sabe nin a superficie, que é un illote de 200 metros e deshabitado? un periódico que se editou no Porriño tan só un ano, que tiña unha tirada de cincuenta exemplares? Dos que marquei como lixo, só hai un con referencias, e di que é unha illa en Tonga con cen habitantes e dunha superficie de 1km2, tampouco creo que cumpra esta relevancia. --JaviP96 11 de xullo de 2013 ás 12:06 (UTC)[responder]

Unha cousa son os lugares de Galicia, que poden ter relevancia aquí (aínda que eu non estou a favor dalgúns que case non conteñen información), e outra tres illas nas Illas Salomón das que non se sabe o tamaño ou se están habitadas e cuxo texto é utilizado palabra por palabra en tres artigos distintos, a Galipedia non debe conter toda a información dispoñible, senón só a que teña relevancia. Por outra parte, na frase de "Artigos moi curtos fóra de contexto." non sei que se entende por fóra de contexto, creo que sería mellor reformala, se se creara o artigo casa só poñendo "Unha casa é un edificio", estaría fóra de contexto? simplemente non ten sentido ter artigos así. Os artigos curtos de máis deberían ser borrados, senón sería permisible por exemplo crear 200 artigos nun par de horas todos co mesmo contido, cousa que fixo un usuario sen ningún coñecemento de galego fai uns meses. --JaviP96 11 de xullo de 2013 ás 19:17 (UTC)[responder]

proposta de tradución[editar a fonte]

Ola! Como sei que che gustan os artigos sobre o catolicismo, vouche facer unha proposta: anímaste a traducir os artigos Xornada Mundial da Xuventude de 1989 (es:) e Baltasar Moscoso Sandoval (es:)? Xa me contarás. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de xullo de 2013 ás 20:36 (UTC)[responder]

Ola, Norrin; Consúltoche porque quería buscar unha información, mais non sei onde: buscando información sobre Buciños, Carballedo, vin que alí se celebra a romaría de San Pegerto; ao parecer na igrexa parroquial consérvanse as cinzas de San Pegerto Mártir, atopado en febreiro de 1823 nas catacumbas de San Calisto de Roma. Os restos foron doados en 1832 polo bispo de Valladolid José Antonio de Ribadeneira, natural desta parroquia, xunto cun vaso de sangue e a lápida de pedra do seu sepulcro anterior. Os datos tomeinos da web da diocese de Lugo e da web do concello de Carballedo (podes mirar as ligazóns no historial do artigo). Ben, pois non atopei máis información sobre San Pegerto: non sei nin de que época era, nin cal é o seu nome en galego, nin nada. Apetéceche investigar un pouco? Xa me contarás. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22 de agosto de 2013 ás 14:48 (UTC)[responder]

Nome de santos[editar a fonte]

Boas Norrin!! Vendo o artigo da Catedral de Santiago de Compostela vin que no apartado de outras capelas unhas veces aparece "san ..." e outras "santo ...", como se deben denominar? Outra cousa, san ou santo non deberían ir con maiúsculas? Un saúdo!! Piquito (conversa) 21 de xullo de 2013 ás 19:37 (UTC)[responder]

Ola Norrin strange. O artigo Xoán Fisher leva máis dun mes co modelo {{en uso}}, posto por ti. Saúdos.

Xuntanza[editar a fonte]

Boas, propuxen na taberna facer unha xuntanza de galipedistas, se che interesa o tema comenta por alí o que che parece e o lugar e datas que estarías libre. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de setembro de 2013 ás 09:11 (UTC)[responder]

Fixen un pequeno resumo da reunión na conversa da taberna, amaña ou comenta o que vexas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de decembro de 2013 ás 02:41 (UTC)[responder]

Proposta nova[editar a fonte]

Boas Norrin! Deixei unha proposta na taberna, se podes e queres pásate a opinar e aportar as túas ideas e aportacións sobre os temas que máis controles, chega con que vaias a Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_que_a_Galipedia_debera_ter. Unha aperta!! Piquito (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 13:48 (UTC)[responder]

Proposta na taberna[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para tentar organizar un traballo conxunto da comunidade, se che interesa comenta alí o que che parece, a proposta está aberta e se a comunidade o decide pode ser adaptada ó que faga falta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 09:27 (UTC)[responder]

Batalla das Navas de Tolosa[editar a fonte]

Boas Norrin, estiven tentando amañar o artigo Batalla das Navas de Tolosa para ver se podía quitarlle o marcador de atención pero como non controlo bastante o tema non llo vou quitar. Collín cousas da wiki en castelán e inglés e trouxen referencias e bibliografía das dúas pero non estou seguro de que todo quedara ben. O artigo aínda pode ampliarse bastante pero a miña intención só era que o contido que hai non teña os problemas que indica o modelo. Como ti lle puxeches o aviso quería pedirche que cando teñas un momento revises a ver se pode valer así e que se é o caso que llo quites ti. Pero non hai présa, faino cando che veña ben e teñas un momento libre. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xaneiro de 2014 ás 10:26 (UTC)[responder]

Cambiei a redacción para poñela en pasado e amañei algunhas cousas máis, se a ves ben así quítolle o marcador de atención. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de xaneiro de 2014 ás 19:20 (UTC)[responder]
Grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2014 ás 09:09 (UTC)[responder]

RE: Modelo Compositor e Artista musical[editar a fonte]

Boas Norrin!! A verdade é que eu son técnicamente nulo. Non sei ao que te refires e dende logo non sei cómo se fai. Os meus coñecementos técnicos son limitadísimos, se fora algo sobre o contido de algún artigo sobre compositores ou intérpretes podería dicirche algo, pero de técnica non podo aportar nada ao proxecto. Síntoo. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 27 de xaneiro de 2014 ás 15:13 (UTC)[responder]

Prelatura[editar a fonte]

Boas, vexo que estas posto no tema do cristianismo. Se podes bótalle unha ollada ao artigo Prelatura persoal para ver en que categoría podería ir. --AMPERIO (conversa) 27 de xaneiro de 2014 ás 17:02 (UTC)[responder]

Referencias[editar a fonte]

Moitas grazas!! Tereino en conta para o futuro!! Piquito (conversa) 31 de xaneiro de 2014 ás 11:13 (UTC)[responder]

Proposta de categorización[editar a fonte]

Boas Norrin!! Fixen unha proposta na taberna para organizar as categorías sobre entidades de poboación. Se queres podes opinar. Piquito (conversa) 3 de febreiro de 2014 ás 15:39 (UTC)[responder]

Boas Norrin!! Estou a traballar entre outros no artigo de Krzysztof Penderecki, na wiki en inglés indica que a súa avoa era armenia e que el ía á en:Armenian Apostolic Church; que nome lle debo poñer a eso na nosa wiki? Eu non che sei nada de igrexas e non quero meter a zoca traducindo literalmente, porque ademais pola extensión do artigo nesa wiki semella ser importante. Moitas grazas!!! Apertas!!! Piquito (conversa) 6 de febreiro de 2014 ás 19:18 (UTC)[responder]

Grazas!! Vendo os artigos teus vin que o tema é complicado e eu non sei nada do tema, se me encontro con algún outro caso xa te preguntarei ;). Piquito (conversa) 7 de febreiro de 2014 ás 08:27 (UTC)[responder]

Calendario romano xeral[editar a fonte]

Se podes botarlle un ollo a ver se engadín ben o que comentas na conversa e aínda que teña o enuso eu hoxe ata polo menos as 20:00 h. non vou poder editar, polo que se queres engadir ou modificar algo no artigo non hai problema--Sernostri (conversa) 10 de febreiro de 2014 ás 17:10 (UTC)[responder]

cardeais[editar a fonte]

Ola, Norrin! Abrín un fío en Conversa:Cardeais creados por Bieito XVI sobre o título do artigo, e gustaríame coñecer a túa opinión, pois non teño moita idea sobre o asunto. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de febreiro de 2014 ás 11:55 (UTC)[responder]

Grazas polo dato! Incluíno como referencia no corpo do artigo, quizais era bo explicalo tamén no propio artigo de Cardeal. Saúdos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de febreiro de 2014 ás 12:37 (UTC)[responder]

Por se te animas[editar a fonte]

Boas Norrin! Mirando por ahí vin que hai un posible papa galego, animaríaste a melloralo? Vexo que tes moito choio, cando remates coas túas prioridades. Apertas!! Piquito (conversa) 15 de febreiro de 2014 ás 01:11 (UTC)[responder]

Calendario romano xeral[editar a fonte]

Rematei o artigo sobre o calendario romano xeral, se tes tempo agradecería que lle botases un ollo por se hai algunha inexactide, erro ou calquera cousa que corrixir.--Sernostri (conversa) 15 de febreiro de 2014 ás 18:40 (UTC)[responder]

Opinión[editar a fonte]

Boas Norrin strange! Poderías opinar sobre esto? Graciñas! Piquito (conversa) 4 de marzo de 2014 ás 10:37 (UTC)[responder]

Nomes propios[editar a fonte]

Para min é fundamental o seguinte parágrafo do documento de nomes propios elaborado polo SNL da USC [1] "Nos casos en que a tradución literal non aclare a función da institución, é moi habitual empregar o termo que na lingua propia designa a entidade ou a figura equivalente"; rada tradúcese habitualmente por consello, pero iso non aclara a función da institución; un consello en galego non é unha asemblea lexislativa. Pero iso si a tradución de supremo si aclara a que se refire (grao máximo, por riba das demais).--Sernostri (conversa) 6 de marzo de 2014 ás 15:23 (UTC)[responder]