Conversa:Cardeais creados por Bieito XVI
Aparencia
![]() ![]() | Esta páxina incorpora texto traducido da páxina "Cardinals created by Benedict XVI" da Wikipedia en inglés, especificamente na súa versión do día 11 de febreiro de 2014, publicada baixo a licenza Creative Commons Compartir Igual 3.0. Consulta o historial da páxina orixinal para unha lista dos autores. |
![]() | Este artigo é de interese do Wikiproxecto Catolicismo oriental, que ten por obxectivo crear, mellorar, manter, actualizar e ampliar tódolos artigos relativos ás igrexas católicas orientais concordando cos estándares e normas da Galipedia. Consulta a páxina do proxecto para máis información. ??? Este artigo aínda non foi avaliado segundo a escala de calidade. Importancia:Baixa Considerado de Importancia:Baixa segundo a escala de importancia. |
![]() | Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
título
[editar a fonte]Sería máis correcto o título "Cardeais nomeados por Bieito XVI", quizais? --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de febreiro de 2014 ás 11:54 (UTC)
- Non, os cardeais créanse, non se nomean nin designan. --Norrin_strange (Fala-me) 11 de febreiro de 2014 ás 12:01 (UTC)
- Norrin corríxeme se me equivoco pero o proceso de acceso ao cardenalato ten dous momentos, un no que o nomea o Papa e outro no que o Papa crea o cardeal, publicamente nun consistorio, nalgúns casos un cardeal pode permanecer in pectore, sen ser creado (por exemplo se hai persecución no seu país aos católicos) e non accede os dereitos inherentes ao cardenalato. Se a lista é para refirirse aos creados entón o título é correcto se é para incluír tamén os in pectore, se os houbo que non sei, entón non.--Sernostri (conversa) 11 de febreiro de 2014 ás 15:39 (UTC)
- Segundo teño entendido eu (e isto, bastante fiable, confirma) os in pectore tamén son creados. O papa "crea" aos cardeais, no sentido que é algo que depende del en exclusiva, non é un encargo. Dende o momento en que o papa di no consistorio que crea a dous in pectore, por exemplo, eles son xa cardeais, totalmente. --Norrin_strange (Fala-me) 11 de febreiro de 2014 ás 15:52 (UTC)
- [1] Pois tes razón en que os in pectores son tamén creados e aí eu estaba nun erro, pero non produce efectos ata que o Papa anuncia o nome.--Sernostri (conversa) 11 de febreiro de 2014 ás 16:03 (UTC)