Saltar ao contido

Conversa usuario:Albert galiza/Arquivo 5

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arquivo de mensaxes antigas:   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15  

Re: Benvida

[editar a fonte]

Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:02, 6 novembro 2007 (UTC)

Téñoche que avisar de que votaches de novo na proposta de enriba, posto que xa emitiras o teu voto o 24 outubro 2007 ás 14:00. Supoño que sería un erro (todos os cometemos) e non te deches de conta. SAÚDOS --Toliño Fala aquí comigo 17:57, 7 novembro 2007 (UTC)

Xa fixen o que me dixeras, a verdade é que os artigos son iguais do todo. Grazas pola túa axuda. Moi amable!--Caronium 19:23, 7 novembro 2007 (UTC)

Vandalismo

[editar a fonte]

Por unha vez non vexo necesitado de pedir que me concrete a que se refire. Creo sabelo, igual que vostede sabe que ese artigo foi utilizado por vostede para bloquear varias propostas de consenso e despois de votación. Cando lle pedín que me especificara en que se baseaba a mala fe que alegaba a intención e contidos das políticas aludiume a ese artigo na súa versión en inglés, que non é política oficial nese wiki creo, xa coñece os meus problemas co inglés (eu no artigo orixinal só entendo o dibuxiño dunha noz e non lle atopaba sentido co das traducións).

Agora ben, todos sabemos que a galipedia diu un novo xiro fai pouco. Comentouse que cambiaran as cousas e pensei en recuperar a proposta de consellos para traducir que vostede calificara de mala fe principalmente na finalidade que pretendía ao propoñela. Pensei como pensaba que a tradución non é tratada como e debido na galipedia polo que seguíaa considerando útil, pero para recuperala necesitaba saber de que se me acusaba polo que colguei o artigo para tentar traducilo. Amablemente mo traduciron cando ainda non chegara á casa e quedei aliviado cando non atopei nada nas propostas ao que se lle poidese ser aplicado o calificativo de "xogar co sistema".

Digo todo esto porque ese xogar co sistema foi utilizado máis veces en diversas discusións, incluso acompañado as veces co calificativo ese de "crunch" (estou aprendendo unha de inglés con esto). Pedira que mo traduciran e aquí está. Agora quen o usou como referencia que propoña que facer con el, agora non é nada, é pura demagoxia xa que ten o calificativo de wikipedia pero non é nin unha materia en proceso de consenso nin unha política da galipedia, nin tampouco emana dos 5 piares.

Do dos bloqueos sistemas, reximes e demais, se tivera que contar cada vez que se me ten ameazado con bloquearme, cada vez que se ten pedido indulxencia cara a miña persoa, e cada vez que se me ten acusado de actuar de mala fe e de pretender atacar o "sistema" non faría outra cousa que contar. Polo tanto faga o que lle veña en gana pero non me perdoe a vida unha vez máis faga o favor. Faga o que considere, cale cando queira ou non saiba contestar, fale cando lle apeteza ou se considere obrigado a facelo, sexa libre e viva, que os demais tentaremos facer o mesmo. Non mire de quen veñen as propostas senón en que consisten. Grazas. Lansbricae (Ti dirás) 20:47, 7 novembro 2007 (UTC)

Borrado de imaxes

[editar a fonte]

Solicito que se borren as seguintes imaxes que foron cargadas por min e que posúen copyright:

Moitas grazas e espero que entendas que foron cargadas cando non sabía que non se podían subir imaxes con copyright. Agora procedo a borralas eu dos seus correspondentes artigos. UN SAÚDO --Toliño Fala aquí comigo 17:22, 8 novembro 2007 (UTC)

Cambados

[editar a fonte]

Alberte, bota un vistazo ó artigo Cambados. No cadro da dereita hai un dato: teléfono, que non se visualizae segue entre chaves, pero se editas verás que aí está escrito o teléfono. O curioso é que o fax si que se ve, o mesmo que outros datos que metín. A ver se o solucionas. Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 23:08, 8 novembro 2007 (UTC)

¿Por qué lixos?

[editar a fonte]

Por qué son lixos artigos sobre lugares dunha parroquia? Constan no nomenclator e o contido non semella ofensivo nin desaxustado ao que está a relatar. O único que lle vexo é que non teñen formato wiki, pero non será que o editor é novo e non está familiarizado co entorno wiki? Lansbricae (Ti dirás) 22:47, 9 novembro 2007 (UTC)

¿Por qué non son contidos enciclopédicos? Fai un momento era un vandalismo, agora son contidos non enciclopédicos?

Por qué se borraron:

  1. Vandalismo?
  2. Contido non enciclopédico
  3. Artigo excesivamente pequeno

Por cal das causas?, porque falar falouse de todas e eu agás que son curtos non lle atopo máis problema, pero borrar as primeiras aportacións dunha ip por esa causa non semella unha boa benvida, acusalo de vandalismo tampouco... Lansbricae (Ti dirás) 22:57, 9 novembro 2007 (UTC)

Desbotado o vandalismo por razóns obvias só quedan as outras dúas alternativas. O contido é fora de toda dúbida enciclopédico, de xeografía de Galicia, xeografía da parroquia de Goián, concello de Tomiño. Creo que polo tanto só quedaría que o borrado estivese motivado no pequeno tamaño. Se isa é a causa, é lóxico ter tal cantidade de artigos en progreso similares que nin se discuten e proceder ao borrado das primeiras aportacións dunha ip? (Podes ver como exemplo Facultade, onde por riba de ser pequeno contén a grave falsedade de falar da Universidade de París como o exemplo que seguiron as demais, seguramente incluso a de Boloña (máis antiga que ela) ou as italianas... Lansbricae (Ti dirás) 23:17, 9 novembro 2007 (UTC)

Reverter os borrados e axudar a ip a darlle formato aos contidos non sería o máis lóxico, ou borrar todos aqueles que estén na mesma situación? (Sabes que temos moitas imaxes que vulneran dereitos de autor e non somos tan rápidos eliminándoas). Lansbricae (Ti dirás) 23:20, 9 novembro 2007 (UTC)

Borrada a página Viriatovitch. Porquê ?

[editar a fonte]

Sr. Albert, porquê ?


António Viriato Ferreira

Imaxes de escritores

[editar a fonte]

Os escritores proveñen todos de Category:Escritores en lingua galega, non en escritores galegos. Agora as imaxes están tamén nesa categoria. Tes razón que unha subcategoria para as imaxes estaría mellor. Fixen-no simplemente por ilas categorizando. Até agora apenas o fixen pero é unha das seguintes cousas que teño pendentes. --Xosé (✉) 14:12, 11 novembro 2007 (UTC)

a razão da eliminação da página Viriatovitch é simples: A) A página não era em lingua galega, lingua aliás...que não existe !

  O galego ou galaico, deu a sua raiz à lingua portuguesa e não evoluiu no tempo, antes, sofreu a não desejada influência castellana. Ou seja, a evolução e o futuro de uma futura e reconhecida lingua galega reside no acompanhamento evolutivo que têm as suas duas correntes mais fortes (POrtugal e Brasil);

B)O tal sr. Albert, é reconhecido pelos seus disparates e a eliminação prepotente que efectuou não serve os objectvos primeirissimos dos criadores da Wilkipedia.

C)É desejada e recomendável a criação de uma Wilkipedia Galaico-Lusofona e não se continuar pelo caminho trilhado que só leva a desentendimentos e ignorancias desnecessarias.

Escrevo este texto, com a perfeita consciência que o mesmo vai ser CENSURADO e ELIMINADO no todo ou no seu essencial. E viva a Liberdade de expressão !

Texto assinado por:

António Viriato Ferreira

  • O artigo foi borrado porque o nickname que emprega o senhor (você) nos seus blogs que tanto pretende publicitar não (non) é un artigo de interesse (interese) para a Wikipedia. seja (Sexa) esta no idioma que seja (sexa). Isso (Iso) foi un vandalismo TANTO aquí COMO (e na) "China Popular". Deveria (Debería) reconsiderar o que é a Wikipedia, se uma (unha) enciclopedia livre (libre) ou (o) um (un) lugar EM QUE QUALQUER UM (no que cadaquén) pode PUBLICITAR (publicitarse) e facer o que QUER (queira) e logo insultar ó que LEVARIA (repara) AO (a) desastre. AlberteSi, digame? 11:55, 22 abril 2008 (UTC)

Nota de Viriatovitch": És mesmo burro ! Não vês que a tua lingua está comspurcada com a lingua espanhola ? Isso que escreves é que é o Galego !? Vai para a escola, pá !

Prestige

[editar a fonte]

Xa está posta nas efemérides do dia! --Xosé (✉) 22:33, 12 novembro 2007 (UTC)

Ola Albert galiza. Quero agradecerche a mensaxe que me deixaches hai unhas semanas, non o fixera ata agora e quixera deixar constancia do meu agradecemento. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:14, 12 novembro 2007 (UTC)

Alberte, grazas pola súa revisón. Estou aprendendo o galego, quero axudarlles no crescimento da Galipédia. Sempre nos meus sumários, solicito unha revisón do que escribi. Grazas, máis unha vez. Alex Pereira¡digame! 15:44, 14 novembro 2007 (UTC)

Aturándome

[editar a fonte]

Grazas por corrixir as miñas peticións. Do que dis de o/a wiki eu tampouco estou seguro, téñoo lido como masculino, así que por iso o puxen. De paso, pídoche que revises a mensaxe MediaWiki:Logouttext e que vexas se pensas que queda mellor con "estiver" como o puxo Xosé, ou con "estivese" como penso que queda mellor. --Toliño Fala aquí comigo 18:03, 15 novembro 2007 (UTC)

  • Segundo me acaba de informar Alma, é "o wiki" en masculino. Díxome que a ela llo dixera Xosé. Xa se poden facer as modificacións precisas. Por certo, podes revisar todas as páxinas de discusión da MediaWiki de hoxe?, pois hai algúns erros que non corrixiches. Os cambios están aquí (os teus cambios) e mais aquí (as conversas que eu creei). Moitas grazas de novo. --Toliño Fala aquí comigo 20:10, 15 novembro 2007 (UTC)

Votación

[editar a fonte]

Xa fixen a corrección pertinente, Albert. Grazas polo aviso.--Agremon(contacto) 19:30, 15 novembro 2007 (UTC) ... non é unha honra (hai tempo que o de honra non o distingo moi ben de agasallo, ou de algo político, por exemplo). É un merecemento. Polo menos, eso creo.--Agremon(contacto) 20:05, 15 novembro 2007 (UTC)

por querer ser máis papista que o papa, intentei botarvos unha man, e creo que metín a zoca.
mudei artigos de papas (de Papa --> papa), e como non sabía onde rematárades, fun de fin a principio.
Bieito XVI, Xoán Paulo II...
Pero ó chegar a Paulo VI atópome con que se debe fusionar. Decido pospoñelo e deixalo ó voso criterio.
Sigo p'abaixo. Pero ó chegar a Pío VII vexo que hai dous artigos! Pío VI e Pío VI, Papa (movido xa a Pío VI, papa)!! Ave María Purísima!! e iso tamén pasa con León XII e Clemente XIV.
Vendo o percal, decidín deixar o choio antes de que sexa tarde.

espero ter feito algo bo... en calquera caso, perdón por mover o de Pío VI, creo que liei o choio.

mándovos isto a Alberte e a Xosé, que sodes os dous que andades no choio. Faládeo entre vós.

En calquera caso, se podo colaborar co proxecto avisade. Pero antes de seguir facéndoo motu propio, prefiro poñerme á vosa disposición. Dádeme ordes faciliñas, e tentarei seguilas.

Saúde, e pola sombra!! --Estevoaei pa o que queiras...  22:46, 15 novembro 2007 (UTC)

Guerra sucia en Arxentina

[editar a fonte]

Ola Alberte, vin os comentarios que estás a deixar en varios talks dos artigos do Wikiproxecto:Dereitos humanos e quixera respostarte a varias cousas:

  1. .O artigo principal Guerra sucia en Arxentina trouxeno eu da wiki es, ten ese tamaño porque así é o orixinal que é artigo destacado da wiki es, se non estás dacordo co seu tamaño, discúteo na wiki es, é se alí o cercenan, eu dividireino en seccións pero mentres o orixinal teña ese tamaño, quero respetar o artigo orixinal que ten unha calidade impresionante.
  2. .Del penden máis de 200 artigos subsidiarios e moitos principais dos que os membros do Wikiproxecto xa levamos traducidos dos secundarios 100 e pico e quedan moi poucos dos principais.
  3. .A nosa filosofía é se ves un erro, corríxeo, de nada vale estar a sinalar os erros dos demais, máis traballo, menos ruido. De feito, en Guerra Sucia vanse correxindo nomes das persoas, ligazóns.... (é un traballo inmenso) cada día que se fai un artigo novo (por se non te decataras).
  4. .Fáltanos aínda categorizar todos os máis de 100 e pico e os que seguiremos a crear en distintas categorías que de momento están en Cat:Historia de Arxentina. (admitimos propostas no Wikiproxecto)

E xa que falamos de erros, e estos eu non os podo correxir, advertín dous cometidos por ti que penso que non te decataches:

  1. .No teu portal esqueciches sinalar que se abriu o prazo da votación para a elección de administrador de User:Lansbricae e de que se pechou a votación de User:4bot rexeitando a súa petición de bot.
  2. .Esqueciches tamén decirlle a User:Elvire que os seus votos aos tres candidatos non son válidos por non ter un número de edicións suficientes.

Saúdos e espero que te unas o Wikiproxecto, toda axuda e benvida. Alma (fálame eiquí) 16:38, 16 novembro 2007 (UTC)

Ninguén te está a prohibir nada, só din a miña opinión que é tan válida coma a túa. Difire totalmente do punto de vista de sucursal da española ou cousas similares. Simplemente se trata dun artigo cunha unicidade que conforma un contexto determinado que xustifica o seu tamaño. Como o artigo provén da wiki es, remitínche a que leras o talk da española. Debido ao ton que estás a empregar comigo, dou pola miña parte por pechada esta conversa. Alma (fálame eiquí) 17:25, 16 novembro 2007 (UTC)

Voto de administradores

[editar a fonte]

Grazas, xa me dei conta diso, por iso o borrei. É xusto que haxa esas normas, de feito eu só votaba un porque cos outros dous non tivera ningún tipo de contacto. Saúdos.

Voto en Wikipedia: elección á administración

[editar a fonte]

Moitas grazias Alberte ! Grazas polo informe. Aos poucos vou coñecendo as regras da comunidade da *Galipedia. Non cumpria, pero aínda compróbasme hoxe que es moi responsable e moi atento. Bo pois pa chegar a 700 edicións hoxe, non me queda mais que encher a tua paxina con 210 edicións agora mesmo (*lol). Para ser seria direiche que iso de 700 paréceme moi ben, e engado que pola miña conta serian regras de 1000 edicións e 6 meses. Asi que xa sabes, acepto moi ben as regras e sinto non nas haber lido antes de meter a pata. Un saúdo agradecido ElviraConversa con mi 18:13, 16 novembro 2007 (UTC)

E que sexan moitos máis. E para ti tamén. --PortoFaládeme aquí 18:37, 16 novembro 2007 (UTC)

Ola Albert galiza. Andei seguindo as túas pegadas no dos aniversarios, os meus parabéns por lembrares a dous colaboradores que tanto fixeron por este proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:56, 16 novembro 2007 (UTC)

Seguíndome a aturar

[editar a fonte]

Xa rematei coa revisión de todas as mensaxes do sistema! (espero non ter deixado pasar ningún erro por alto). Ao que ía: queríache pedir que acabases de corrixir o que revisei hoxe (está aquí). Moitas grazas por deixar que abuse de ti para facer esta tarefa ;).

Re: aniversario

[editar a fonte]

Olá, Albert! Obrigado pela mensagem referente aos meus 3 anos como colaborador da Galipedia! Pretendo continuar a ampliação dos artigos sobre o Brasil, e sobre geografia e história em geral. Um grande abraço desde São Paulo, Brasil, Joao Xavier 13:18, 18 novembro 2007 (UTC)

Guerra sucia en Arxentina

[editar a fonte]

Fixen unha proposta que creo que se axusta o que plantexábades, está en Wikipedia:Wikiproxecto Dereitos humanos/Caso de Arxentina, para facilitarvos o participar nela tratei de incorporar polo menos todos aqueles artigos que penden de Guerra sucia en Arxentina, tanto aqueles nos que xa comezamos a traballar como nos que pensamos en traballar. Espero que así te animes a colaborar, por certo en canto os nomes de Guerra Sucia podes estar tranquilo, xa están revisados. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 19:25, 18 novembro 2007 (UTC)

Entendo e tiveno en conta, pero nalgúns casos esa clasificación pode dar lugar a equívoco e polémica e a unha sobrecarga de categorías que penso é innecesaria. Bastaría con poñerlle a Escritores de Galicia tamén a categoría Escritores por procedencia para que estivesen ao mesmo nivel sen ter que porlle dúas categorías a un artigo que son redundantes, galego polo tanto español, non ten que ver con poñer ao mesmo nivel as categorías. Poden estar ao mesmo nivel sen estar obrigados a non relacionalas. Non incluir seguindo ese criterio aos escritores de Galicia nos de España, cando tamén poden estar a un tempo ao mesmo nivel como dis, é unha solución pouco operativa e que pode levar a engano aos lectores ou quen procure nos escritores entrando a través dun interwiki de Escritores de España. Non atoparía aos españoles. A conclusión dun malpensado podería ser o afán separatista destes galegos e non entrar a valorar os criterios de ordeamento.

Resumindo: Propoño que Escritores de Galicia colgue ao mesmo nivel que escritores de Galicia pero que a un tempo tamén colgue de Escritores de España. Estarían ao mesmo nivel e evitariamos poñer dúas categorías que se superpoñen. Qué che parece? Lansbricae (Ti dirás) 20:03, 18 novembro 2007 (UTC)

Supoño que xa o liches na miña páxina: *Dirixinme a ti porque ti quitaches a categoría e despois te dirixiches a min para explicalo, por ningunha outra razón. O criterio do que falas sabes que se cumpre nos artigos principais pero non está tan claro noutros, pero se ti o dis criterio é. Como sabes levo bastante tempo quitando categorías que consideraba redundantes e nunca se me dixo nada en contra do criterio que utilizaba, eseo debeu facer que fixese o cambio por consideralo normal, desculpas. De momento non vou propor o tema na taberna xa que teño bastantes experiencias negativas ao respecto. Axustareime ao concordado. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 20:18, 18 novembro 2007 (UTC)

Visto o teu comentario na Taberna, comento-che que se abriu unha discusión acerca dos portais na que posibelmente queiras opinar. Un saúdo. --Xosé (✉) 20:40, 19 novembro 2007 (UTC)

Wikipedia talk -> Conversa Wikipedia

[editar a fonte]

En progreso, avísote cando remate :D --Banjo tell me 14:27, 22 novembro 2007 (UTC)

  • Feito (creo). Volveuseme algo tolo o bot co cambio de nomes dos espazos, pero creo que xa tá. Cambiei só as páxinas de Wikipedia, Wikipedia talk e as páxinas de conversa dos artigos, non entrei nas páxinas de usuario. Os modelos e os artigos en sí non os toquei tampouco, non creo que haxa ligazóns ahí. Para calquera outra cousa xa sabes por onde estou :D --Banjo tell me 16:55, 22 novembro 2007 (UTC)

Templates enroladores

[editar a fonte]

Non sei. Eu instalei MediaWiki no meu ordenador, fixen as probas nel antes de pasar á Galipedia e funcionaba sen problemas (empreguei caixas dentro de caixas para forzar o sistema - as de Vigo que teño como subpáxinas), pero aqui non vai e eu no meu sistema non coloquei nada diferente, son as mesmas caixas que eu tiña. O da francesa que mencionas é un método distinto do que tentara eu. Hai varios, pero algúns están desaconsellados porque foron aparecendo outros mellores. --Xosé (✉) 15:57, 25 novembro 2007 (UTC)

interwiki

[editar a fonte]

Ola Albert ! Teño a mania de por interwikis. A razon de por alguns e que me util pa navegar cando empezo un artigo. Estaba pa renunciar cada vez que non me util xa que os bots fan o traballo. Hoxe fixen unha proba co artigo Zurbarán. E un caso onde o fixen unicamente por pasearme no artigo o 19 de novembro, por mania puxen interwikis na Galipedia e na wiki francesa. Iste artigo foi empezado no outubro do 2006 sin ningun interwiki ... e hasta o novembro do 2007 ningun bot o veu apañar pa espallalo pola rede. Polo 20 de novembro do 2007 salta nas outras wikis (lol). Pareceche unha proba que os bots solo buscan nas "gordas" wikis ? Ou Zurbarán é un caso orixinal ? ElviraConversa con mi 21:58, 25 novembro 2007 (UTC)

Gracias Albert ! Ata mais novedades sigo ca mania ! Un saúdo ElviraConversa con mi 22:36, 25 novembro 2007 (UTC)

Moitas grazas pola mensaxe meu, o día da xuntanza celebrámolo por ahi! :D --Banjo tell me 18:49, 27 novembro 2007 (UTC)

Artigo Abelardo Miguel

[editar a fonte]

Seica segundo Xabier Cid cando eu recuperei o artigo de Abelardo Miguel foi nunha situación de conflito contigo, na súa páxina de conversa específica do Caso Abelardo Miguel expliquei exactamente como foi e penso que non faltei á verdade en nada e que eu saiba ti e máis eu nese tema non tivemos problema ningún, ou seica si e dixechesme o contrario e agora resulta que si hai problemas. Agradeceríache que lle aclaraches como fora a cousa porque eu penso que ti e máis eu o falamos ben e non tiveramos problema ningún, de feito co tempo dinche a razón de que non o ía traducir pero non por falta de ganas senon por problemas coa lingua como deixou claro no talk e eu fixeno como quedara contigo en facelo, de feito ademais fala de gloria va, cando as ligazóns externas incluinas eu con posterioridade ao artigo orixinal como ben sabes e ben se pode comprobar no historial. Un saúdo. Alma (fálame eiquí) 12:44, 1 decembro 2007 (UTC)

Perdoa, non me dera conta cando editei, subiuseme o cursor e pensei que non afectara ao que ti puxeras, pero xa que te estou a falar, onde se supón que falei eu de vergonza, Alberte, porque por moito que busco, de veras que non o atopo, penso que entendiches mal, e perdoa de novo por borrar parte do teu, foi sen querelo. Alma (fálame eiquí) 17:03, 1 decembro 2007 (UTC)

quítome o sombreiro. fedellara por aí, e sabía que por aí ían os tiros, pero non caera da burra. Un millón.
Saúde, e pola sombra!! --Estevoaeipa o que queiras... 14:16, 1 decembro 2007 (UTC)

Vandalismo e respeto

[editar a fonte]

Ola Albert ! Veño de sacarme desta conversa Conversa:Abelardo Miguel porque non son capaz de segila. Non impide qua isto [1], llamaselle vandalismo é que un administrador teria que facer algo. Non é vandalismo si é un novo que empeza nas wikipedias, ou un contribuyente que o fixo sin darse conta, por error de teclado e que reconce a gravedade. Xa que eres tu a victima do vandalismo, ten que ser un administrador axeno as discusions da paxina e o artigo que ten que explicarse con Alma. Supoño que eso esta feito pero como se pode ver si os administradores fixeron o seu traballo ? Non e tanto por iste caso de Alma, pero mais ben que veño de felicitar a dous novos administradores e doume conta que non sei vixiar os administradores. Saúdos ElviraConversa con mi 21:32, 1 decembro 2007 (UTC)

Non te preocupes Albert, eu non me desanimo polas conversas. Nonlle faltei de respeto a Alma, nin lle supuñen mala fe, nin na acusei de nada . Saúdos ElviraConversa con mi 22:28, 1 decembro 2007 (UTC)

Grazas pero te estás a equivocar de pleno

[editar a fonte]

Grazas polas túas palabras pero o meu ton é de incredulidade, enriba do que eu estou escribindo outra usuaria acúsame de vandalismo e ti nin sequera lle dis que iso é unha falta de respecto, evidentemente agora sí estou enfadada, pola arbitrariedade que estades a adoptar. Cando falei de ignorancia, referíame a que cando un discute que un artigo non é enciclopédico ten que probar que iso é así, non ao revés, parece que dende todo o día, a cousa é ao revés, para Xabier Cid, a Gran Enciclopedia Gallega non é unha fonte, os libros tampouco, para Elvire o problema era que o pintor non merecía un artigo porque non tiña un cuadro nun museo, cando vas demostrando que todo son mentiras e que efectivamente hai un cuadro no museo de Ourense e que o resto da súa obra está en coleccións particulares como moitos dos cuadros de Laxeiro, cala e atácame con algo no que eu xa che pedira desculpas a ti. Onde estase a aplicar o de presupoñer a boa fe? A que administrador me teño que dirixir para que se lles esixa tanto a Xabier Cid (coas súas mentiras demostradas) como á usuaria Elvire (que se non te decatas é moi grave acusarme de vandalismo) para que faga valer os meus dereitos, o mínimo e debido respecto persoal que esixe o 4º piar. A onde ides chegar, ao extremo incrible de cambiar as tornas e acusarme a min de que?? de que ton? Dime onde acusei eu a alguén de vandalismo, dime onde de ter enfrontamentos cun administrador, dime onde de revertir unha acción esaxerada, de traducir un artigo con copyright sen demostralo, podería botar toda a noite pero non paga a pena. Alá vos, a min dame pena todo o que estades a consentir e a facer, de todas formas direite que teño moita brea e moito por facer aínda na Galipedia, así que cousas tan tristes coma estas non me desaniman. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 22:32, 1 decembro 2007 (UTC)

Modelo:Software

[editar a fonte]

Grazas. Creo que o que estaba nin sequera precisa cambios. Xa me estrañara a min que con tanto informático por aquí non houbese xa un. Deica logo --GallaecioE logo? 17:51, 2 decembro 2007 (UTC)

  • Perdoa. Non sabía que desenrolador fose incorrecta (que como ben dixeches, o é). O de rodapé, sigo sen estar seguro de se é ou non correcto, pois tal significado non o contemplan nin o meu diccionario nin o da RAG (claro que o desta decepcionoume bastante en contido). De todas formas, o de "rodapé" -> "lenda" fixérao porque noutros modelos (non vin moitos, para que negalo) usaban esa forma, e por seguir.
  • Se desfás dende a miña primeira edición, procura facer ti unha e engadir unha marxe con respecto ao texto (eu púxeno de 10px), e se cadra transformar o de "Lanzamento: 1.5 / 2005" por "Última versión: 1.5 (2005)" ou unha forma similar, xa que "Lanzamento" parece que fai referencia máis á data en si que á versión e que non contempla a posibilidade de que houbese máis dunha versión.
  • Grazas polo aviso, e as miñas máis sinceiras desculpas, GallaecioE logo? 18:43, 2 decembro 2007 (UTC)

Conversa

[editar a fonte]

Ola de novo. Acabado o proceso de votación relativo a miña persoa, quéroche pedir que me sinales onde pensas te tiven insultado, para que poida pedirche desculpas ou aclararche o sentido do que escribín. Grazas e saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 19:57, 2 decembro 2007 (UTC)

Novo portal e portada

[editar a fonte]

Boas meu, Xosé moveu a portada e o portal novos. Eu rematei de mover os modelos dos anuncios, maña se podo reviso todo un pouco para categorizar os modelos e demáis chollo. Ademáis hai que poñer os interwikis da portada, tamén os mirarei mañá. Revisa as túas subpáxinas de usuario que quedaron como redireccións, quizáis sería mellor borralas non? Queda a túa elección :D. Nada máis, vou durmir que xa é hora --Banjo tell me 00:36, 3 decembro 2007 (UTC)

Ola, non sei se vos dechedes conta, pero tanto a portada como o portal quedaron na categoría de materias en proceso de consenso. Non sei cal era a que levaban antes, así que só quería dicircho por se non vos derades conta. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 10:05, 3 decembro 2007 (UTC)

  • Poñer a de 2007 non era necesario realmente, xa que é a actual. Vou-na eliminar. A de 2005 ten os datos actuais porque van variando a Imaxe da Semana, etc. Non importa porque o que hai que lembrar é o deseño e o tipo de contidos. --Xosé (✉) 14:16, 3 decembro 2007 (UTC)

Grazas pola acollida Parabéns a todos polos 30.000 --Súalaxe 20:40, 4 decembro 2007 (UTC)

Direitos

[editar a fonte]

Ola Alberte ! Estando de pasada pa aproveitatar os novos portales, cain eiqui, con este tipo de politicas eu non estaria nin na Galipedia, nin na wiki francesa (solo estaria na española e na asturiana)....e loxicamente din a miña opinion como puide .... e votei ! Si non teño direito de votar, saqua o meu voto da paxina, da forma appropriada que tu vexas. Non te preocupes por min, si metin a pata, por favor barre ! Elvira é unha burra. Ando muy apurada, quero ir a Galica a fin do mes! (lol)ElviraConversa con mi 00:05, 6 decembro 2007 (UTC)

Retranca

[editar a fonte]

este debate é moi pertinente.
Penso que Retranca (revista) é o mellor. Desbotaría Revista Retranca porque o nome é Retranca a secas. Pero está claro que é unha revista, moito máis específico que o de publicación.

En calquera caso, vexo tamén moi importante crear o artigo Kiko da Silva. Púxeno en solicitados hai un tempiño, e mirei de crealo, pero non dou feito algo máis que bosquexos.

Saúde, e pola sombra!! --Estevoaeipa o que queiras... 16:26, 6 decembro 2007 (UTC)

Eu teño aquí dous números. Un para lelo e o outro aínda sen sacar do plástico, para dentro de 50 anos vendela por 3.000.000 de ouros!! Na librería Paz de Pontevedra seguro que a teñen. Se che coincide vir... En breve debería saír o nº 2. --Estevoaeipa o que queiras... 16:35, 6 decembro 2007 (UTC)

un pouquiño de traducion

[editar a fonte]

Ola Alberte ! Estou a facer unha pouquiña traducion no artigo sobre o Che. Cando paré avisoche pa que valles pór orden. Non toques hasta o meu aviso. Grazas ElviraConversa con mi 23:23, 6 decembro 2007 (UTC)

Podes volver traballar no artigo cando queiras, acabei coa traducion, pero xa sabes pa mín "O traballo dos wikipedistas debe ser libre ...". Puxen unha opinion eiqui. Saúdos ElviraConversa con mi 23:40, 7 decembro 2007 (UTC)

Ola, son Chabi. Fa tempo que non falamos polo mns. Dichesme a non aceptar? Quería-te pedir axuda cas taboas dos municipios, non as encontro. --Chabi 13:33, 7 decembro 2007 (UTC)

Puxen nise artigo as duas letras copiando da Galipedia, e unha IP veu corrixir a ortografia. A IP ten a razon ? Podo lexitimamente reverter as modificacions ? ElviraConversa con mi 23:55, 7 decembro 2007 (UTC)

Contas colectivas

[editar a fonte]

Ola, realicei algunhas modificacións na redacción das normas antimonicreques, no que respecta ás contas colectivas. Bótalle un ollo a ver se cres que a redacción recolle ben o que propuñas. --Xabier Cid 16:17, 9 decembro 2007 (UTC)

Categoría:Obras literarias en inglés

[editar a fonte]

Ola Alberte ! Pasei dar unha voltiña. Movin O código Da Vinci movida a O Código Da Vinci pa que se puxera ben no orden alfabetico da Categoría:Obras literarias en inglés [2] é non vexo o resultado : o artigo queda na ultima na lettre c, en debe de porse na O ou na C. Haber si tu podes facer algo. Saúdos ElviraConversa con mi 23:02, 12 decembro 2007 (UTC)

Moitisimas gracias e pola sombra ! ElviraConversa con mi 23:31, 12 decembro 2007 (UTC)

botós nas edicios

[editar a fonte]

Ola Alberte ! Os botos da caixa de edicion engadidos fai pouco tempo pa ter o modelo de finais de paxina xa non estan cando edito. Podes decirme si e problema do meu nevegador ou si é problema eiqui ? A min servianme moito e sintome orfa (lol)ElviraConversa con mi 12:21, 15 decembro 2007 (UTC)

  • Se desfacer a miña edición o soluciona deixoche darme unha colleja na cea :D --Banjo tell me 12:33, 15 decembro 2007 (UTC)
  • Nunca te fíes dun informático, a informática éche moi caprichosa... Ireime preparando para recibila... :D --Banjo tell me 12:46, 15 decembro 2007 (UTC)
  • Pois probei, e esta arranxado pa mín si volvo navegar con Internet Explorer (que habia abadonado fai meses por andarme con estorias de bogs), mais con Mozilla Firefox (que polo o momento era o meu amigo que poño o dia) sempre me queda sin os bótos tan queridos (lol). Por outra banda son curiosa e ando escoitando as conversas : non comprendo o que é unha colleja ? E por encima como son un pouco criticona, pois digo que non debe ser bóo galego levando esa palabra unha j (E non virme co arroseur arrosé (lol) ). Saudos ElviraConversa con mi 13:14, 15 decembro 2007 (UTC)

Wikipedia:como crear unha páxina vandalizado por Usuario:DOA

[editar a fonte]

Ola. eliminei a redirección e recuperei o texto, pero non o historial, eso supoño que o teredes que facer vos. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 17:39, 15 decembro 2007 (UTC)

Podes conectarte o IRC? Teño que marchar, mandeiche un correo. Grazas. Alma (fálame eiquí) 15:37, 16 decembro 2007 (UTC)

boas, Alberte!! xa vin o problema da :es, por iso puxen, amais do marcador de entradución, o de enuso, para editalo e melloralo... que boa falta lle fai. Por suposto, calquera axuda é benvida. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 15:08, 17 decembro 2007 (UTC)

... non hai por onde coller certas partes do artigo. Creo que me precipitei ó traducilo, porque agora necesita unha gran labor de redacción que me queda grande. ¿Bótaslle un ollo? --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 17:58, 20 decembro 2007 (UTC)

En canto votedes en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votos_para_lugares para o lugar da cea, xa vou reservar se aínda hai posibilidade. Confirma a miña asunción co teu voto explícito. -- Sobreira (parlez) 01:27, 18 decembro 2007 (UTC)