Conversa usuario:Albert galiza/Arquivo 14

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arquivo de mensaxes antigas:   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15  
  • Cando podas teño un choio para o bot, segundo o VOLGa e o Catálogo da RAG a forma correcta é Nova Zelandia polo tanto hai que corrixirir todas as Nova Celandia, Nova Celanda e Nova Zelanda para a forma correcta, facelo a man é un choio de moito coidado. Grazas de antemán.--RNC 12:23, 5 decembro 2009 (UTC)
    • E tamén cando podas a ver se podes arranxar as comas antes dos etécteras. Le isto que falei co RNC e no que estamos de acordo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17:02, 6 decembro 2009 (UTC)

Ola! Comezando a traballar... grazas polos bos desexos, unha aperta!

Táboas para titulacións[editar a fonte]

Ola Alberte. Fai un tempo que estou traballando sobre personaxes de Galiza ou relativos a ela, e agora a cousa estaseme complicando un cacho..Explicome, ando traballando en temas da realeza galega (tema delicado como xa sabes, en canto que coido, somos a única wiki que aporta as dúas -ou ás veces tres versións, dandolle valor á que entendemos como máis coerente-), polo menos para darlle unha coerencia aos artigos. E o caso é que, as táboas actuais para estes monarcas, asi como outros, estanseme a facer xa pouco utís, a dificultade para explicar a sucesión nun mesmo reino de dúas ou máis persoas, ou viceversa ou mesmo xuntar varios títulos nunha táboa, como reinos, monarca consorte, ducados, condados, pertigueiros, meiriños, etc.. mais tamén oficios relixiosos como bispos, papas,etc.. medra constantemente, por iso estiven a facer pesquisas e o mellor que atopei foron estes modelos que emprega a wiki en inglés [1], [2], [3], algúns máis que nos permitirian avanzar moito asi como estar co estandar anglófono, permitindonos cousas como esta: links ou [4]. Levo xa un tempo tentando facelo pero...é me completamente imposible, non atopo o código nin son capaz de reproducilo. Son consciente de que é un choio de grande envergadura, pero queria pedirche se ti saberias facelo, se ti me explicas como facer unha coido que poderei ir facendo restantes para empregalas nos persoeiros galegos e non galegos, a ver que opinas.--Alexandre Vigo 09:35, 9 decembro 2009 (UTC)

Salvatore Nunnari, si puede una traduccion en portugues♥ Gracias de Corazon♥[editar a fonte]

Hola a ti...Saludos desde Campora San Giovanni, te pido si puede ayudarma para la traduccion de mi amigo y Arzobispo Salvatore Nunnari, es el Arzobispo de Cosenza-Bisignano, un hombre muy sabio y gentil...en cambio preguntame una traduccion en italiano...gracias en antelacion...y perdoname mi español feo♥--Lodewijk Vadacchino 18:55, 10 decembro 2009 (UTC)

homónimos[editar a fonte]

Boas, Alberte. Quero crear un artigo sobre as aletas dos peixes, pero aletas hai moitas outras, así que cómpre unha páxina de homónimos. Dime que te parece máis procedente:

  • Aleta: aleta (zooloxía), aleta (aviación), aleta (náutica), aleta (armadura) e logo a aleta do nariz (->nariz), aleta da gorxa (->gorxa), aleta do temón (->temón), aleta do mergullador (->mergullador)
  • Aleta (homónimos): aleta (sen apelidos, que sería a dos peixes), aleta (aviación), aleta (náutica), etc.

É dicir, a páxina de homónimos chamaríase aleta (o que obriga a que logo tódolos artigos leven apelido); ou consideramos a aleta dos peixes como aleta por antonomasia e titulamos así o artigo (aleta, sen máis) e é a páxina de homónimos a que leva o apelido. ¿Explícome? Eu inclínome por esta segunda opción pero espero a túa opinión. Na es:wiki optaron pola primeira. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:29, 13 decembro 2009 (UTC)

Taboas de titulos reais[editar a fonte]

Ola albert galiza Non teño problema en axudarche coas taboas, pero encontrome cun pequeno problema ou máis ben grande, non sei como nombrar as taboas na galega, ademáis algunhas das taboas que che pedían da inglesa xa existen na galega, son taboas que funcionan de forma máis sinxela pero tampouko tan completas como as inglesas, posto que estas ultimas funcionan con parametros automaticos, non sei se explico ben.

Algunhas taboas das cales pide Alexandre Vigo existen na galega polo que estuben a pescudar, pero non son tan completas. En caso de crear unhas taboas novas haberia que rebisar os artigos para modificalos e introducir as taboas novas e posteriormente eliminar as antigas.

Non cheguei a entender ben o que me estas a pedir, pareceme que o que me pides e que as taboas se oculten polo menos unha parte dela, eu estaba a pensar en facer un modelo novo, de cero, posto que se me ocurre como creala e todo pero nn me interesa copiar o modelo ingles posto que un modelo complexo e cerrado, todos os datos que admite a taboa estan ingresados nunhas listas, non se introducen de forma manual, polo cal volvese moi complexo traer eses modelos a galega, polo cal eu optaria por crear uns modelos novos que nos sirban para o que se busca, posto que traer eses modelos a galega necesitariase moito tempo e posiblemente o traballo coordinado de varias persoas para non tardar demasiado e que sea mais sinxelo a sua creación como o uso dunha tradución correcta. De todas formas podese intentar traer eses modelos a galega pero non o vexo como o mellor metodo para achegar esas taboas a galipedia.

Espero haberme explicado ben.

--David Márquez 12:33, 25 decembro 2009 (UTC)

Re: Troco de nome[editar a fonte]

¡Moitas gracias!--Xosema 15:18, 4 xaneiro 2010 (UTC)

Ola Albert. Que che parece engadir Galinux-Slax e Galinux-Ubuntu ó modelo? --HombreDHojalata Conversa comigo. 19:47, 6 xaneiro 2010 (UTC).

85.91.87.250[editar a fonte]

Ola Albert. Non sei se vai ter un lugar para estas cousas (desculpe se así). A IP Special:Contributions/85.91.87.250 está a vandalizar o artigo Manuel Antonio. Cordiais Saudos, --Dferg 16:42, 15 xaneiro 2010 (UTC)

Breogán[editar a fonte]

O feito cientifico establecido pola arbore xenética -xenética de poboacions- non e discutible en termos de hipotese, polo que de feito non hai hipotese cientifica contraria senon datos da realidade, os estudos anteriores ao xenoma human deben ser ollados dende estes novos achadegos. Non se trata de hipotese ningunha. Son os estudos "historicistas" anteriores os que son cribados por estes achadegos, ou en outros termos, se non dan conta correcta da distribución xenética da poboación non son válidos , e non ao reves.--Suarez ruibal 16:17, 17 xaneiro 2010 (UTC) Para ser claros, o adn e unha proba bioloxica da linea evolutiva, non unha hipotese, podes buscar en google as ligazons dos termos do artigo e comprobaras como os datos xeneticos coinciden punto a punto cas sucesivas poboacións das illas británicas.--Suarez ruibal 17:43, 17 xaneiro 2010 (UTC)

Os ditos estudos existen pero e mais o unico lugar onde se fala de breogán e na saga irlandesa polo que non sentido deixar de falar dos datos que o sustentan como feito historico -o 90 %da poboación irlandesa-, pois dende o seculo primeiro despois de cristo non existe invasión dende as illas britanicas que explique o feito poboacional do haplotipo, como unha posible conquista britanica do noroeste europeo. De todolos xeitos o que quero suliñar e precisamente o caracter denigrante do artigo breogan antes da inclusión dos datos xenéticos -reponden a unha historografía arcaica carente de obxetividade científica e vencellada a historografia do franquismo-.Convidote a votar unha ollada a wikipedia en ingles para comprobar cos teus ollos a veracidade do trancrito, ou a do proxecto genographic do pe do artigo.--Suarez ruibal 19:03, 17 xaneiro 2010 (UTC)

De certo que polo que me comentas non visitaches o enderezo que alguen borrou na bibliografía a Sainero, R. «Orígenes históricos,mitológicos, y literarios de la Península Ibérica» en http://www.brathair.com/revista/numeros/07.02.2007/10.pdf, faille unha visita e pode que mudes de opinión.--Suarez ruibal 21:43, 18 xaneiro 2010 (UTC)

asunto fillos de antón de marcos[editar a fonte]

bueno tío, te has lucido, así si que seguiremos en el lixo, como tu

  • Alberte, cando teñas un momentiño pasa pola miña páxina de conversa e valora se o usuario Rokambolexko debe ser bloqueado. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:28, 19 xaneiro 2010 (UTC)

Ante todo graciñas pola túa axuda no artigo de "O vento que...". Gustaríame subir unha foto de San Xosé de Ribarteme no artigo do mesmo nome (é a miña aldea), que non ten dereitos de autor porque a saquei eu mesmo e que teño no disco duro do meu ordenador, mais non sei como facelo. Poderías indicarme como facelo?

Graciñas[editar a fonte]

Graciñas pola información, pero saéme que a función de suba de ficheiros está desactivada. Intentareino mañá a ver se vai. Procurarei non volver esquecerme de asinar os meus comentarios!! Un saúdo, Alberte!!--Paradanta 22:34, 26 xaneiro 2010 (UTC)

edicion Cristina Pato[editar a fonte]

Ola! Simplemente queria editar a informacion sobre Cristina Pato. Os outros artigos das outras wikipedias tamen os estou a editar eu, pero ao final sempre me desaparece a edicion. Que tenho que correxir? Mil grazas pola tua axuda

Cristina Pato (nada en 1980 en Ourense, Galicia) é gaiteira, compositora e pianista.

A primeira muller galega en gravar un disco en solitario como gaiteira en España, publicou tres discos en solitario e colaborou con artistas internacionales como The Chieftains, Chicago Symphony Orchestra, Hevia, Yo-Yo Ma , Silk Road Ensemble,Osvaldo Golijov ou Orquesta Sinfonica de Tenerife e en máis de vinte grabacions como artista invitada.

Cristina Pato deu máis de 400 concertos en España, India, Portugal, Reino Unido (Celtic Connections, Glasgow), Francia, Italia (Etnofestival, San Marino), Alemania (Ibero-Amerikanisches Institut, Berlín), México (Palacio de Bellas Artes) ou EEUU (Carnegie Hall, Lincoln Center, Metropolitan Museum)moitos deles gravados e emitidos por medios como a BBC, TVG, PBS ou TVE e aclamados por medios gráficos como The New York Times, El País, La Voz de Galicia ou The Scotsman. Colaborou con Yo-Yo Ma no seu álbum "Songs of Joy and Peace" (2008) e en programas de TV como Colbert Report (Comedy Central) ou The Early Show (CBS). Como membro do Silk Road Ensemble de Yo-Yo Ma tocou no Carnegie Hall, Harman Center, na ONU e no Lincoln Center (PBS Live From Lincoln Center Series). Cristina Pato participou en estreas absolutas de obras sinfónicas como "Rose of the Winds" de Osvaldo Golijov, coa Chicago Symphony Orchestra e o Silk Road Ensemble (2007). Cristina Pato é Doctor of Musical Arts en Collaborative Piano pola (Rutgers University). --Albunquerque 22:40, 27 xaneiro 2010 (UTC)Albunquerque

Encontro de wikimedistas[editar a fonte]

Boas. Non sei si te enteraches, puxen varios avisos polos cafés, de que temos pensado facer un encontro de wikimedistas nuns días en Santiago. Gustaríanos que, si che é posible, pasaras por alí xa que uns dos temas que queremos tratar é o de cómo facer entre todos o capítulo de Wikimedia España. Púxenche esta mensaxe porque vin que estás apuntado entre os interesados da creación do capítulo de Wikimedia Galiza e poderíamos falar deste tema e outros do teu interés. Tes toda a información en meta e si queres saber algo máis tamén podes deixarme unha mensaxe na miña páxina de discusión. Un saúdo, --Elisardojm 23:39, 7 febreiro 2010 (UTC)

Boeno, unha mágoa, outra vez será, de tódolos xeitos, ¿estarías interesado en participar si habilitamos unha canle de IRC?. Gustaríanos ter opinións de usuarios da galipedia e acábaseme de ocorrer esta forma de participación. Aínda non estou seguro de que sexa factible, pero si vos interesa podo preguntar a ver cómo se podería facer.
Outra cousa, aínda non houbo ningún comentario no café nin na páxina de meta. Xa vin que o café non ten moito movemento e por iso non sei de forma segura si o aviso chegou á comunidade, si é que non interesa, si hai algún problema ou si se está a debatir noutro lugar que descoñezo. O que che quero comentar é que a xente que estamos tentando levar isto a diante queremos que esta asociación sexa de tódolos wikimedistas interesados en promocionar o coñecemento libre. Por iso queremos saber qué vos parece o proxecto, coñecer as vosas ideas, críticas, melloras, todo, para facer unha asociación para todos e de todos. Por iso si hai outro sitio onde poda comunicar e debatir esta mensaxe ou algún usuario que penses que pode estar interesado agradeceríache que mo comentaras. Pois iso, quedo á túa disposición para o que necesites, un saúdo, --Elisardojm 13:03, 8 febreiro 2010 (UTC)
Hola!, acabo de poñer no aviso do galencontro da taberna de que é posible que se faga unha parte da reunión de Santiago a través de IRC ou Skype, para permitir que os usuarios que non podan asistir presencialmente podan participar nela. Coméntocho por si che pudera interesar, cando teña máis detalles publicareinos na taberna, e si queres tamén podo avisarche directamente. Saúdos, --Elisardojm 01:16, 12 febreiro 2010 (UTC)
Xa teño máis información sobre a conexión mediante Skype. O Skype permite multiconferencia así que, en principio, imos a usalo neste primeiro encontro. A única pega que ten é que só permite ter 5 persoas simultáneamente. Si coñeces algún programa do estilo que permita conectar máis xente sería un puntazo :). Si che interesa usar este sistema avísame para saber cánta xente se apunta a el. Hai algúns detalles máis no café e tamén podes contactar comigo para o que sexa. Saúdos, --Elisardojm 21:58, 6 marzo 2010 (UTC)

Boas outra vez. Ó final non dimos organizado o encontro neste mes, xa está a rematar e pareceunos demasiado precipitado facelo esta fin de semana, estivemos liados cos debates da lista de correos e con viaxes e fóisenos o santo ó ceo. O mes de abril comeza coas vacacións e como moita xente marcha xa non imos propor esas datas polo que imos tentar que podamos xuntarnos a fin de semana do 9 ó 11 de abril. Avísoche por si che pudera interesar porque si todos os interesados están libres algún día dese fin de semana xa será nesas datas, si queres indicar os días que che veñan ben podes facelo na páxina de meta ou avisarme a min. Tamén está medio preparada a conferencia por Skype, a ver si funciona. Si che interesa busca o meu usuario, elisardojm, e méteo nos teus contactos e avísame a min para facerche a invitación de Skype. Un saúdo e a ver si podemos falar pronto, --Elisardojm 00:30, 25 marzo 2010 (UTC)

PEDRO MADRUGA[editar a fonte]

Ola Albert Galiza! Existe unha moi boa novela histórica sobre a figura de Pedro Madruga, chamada O soño do falcón, de Xabier Iglesias, e quixera engadir unha referencia a ela no artigo do personaxe. Ía facelo engadíndoa na sección de Bibliografía, mais penseino mellor e non o fixen, porque entendo que a bibliografía refírese á documentación que foi consultada para elaborar o artigo, o cal non é o caso. Que me aconsellas? Engádolle un novo apartado estilo "Estudos posteriores" ou "Pedro Madruga na literatura" ou engádoa na bibliografía sen máis? Graciñas!--Paradanta 17:51, 12 febreiro 2010 (UTC)

moitas grazas pola benvida, alberte

aínda estou afaceéndome ao sistema. levaba tempo con ganas de empezar a colaborar, tanto na castelá como sobre todo na galega. aínda ten o seu aquel afacerse a todos os métodos, :).

está ben ter alguén a quen poder pedir socorro, :D

unha aperta ruben --Rubenbaston 23:11, 13 febreiro 2010 (UTC)

Artigo Skacha[editar a fonte]

Boas, Alberte. Preséntome: son Roberto, ex-guitarrista de Skacha e Skárnio. Tentei completar con datos completamente certos o artigo adicado a Skacha e todos foron borrados. Por favor, explícame porqué e agardo poder realizar esa edición en breve. Saúdos!

Lingua baixo saxoa[editar a fonte]

Ola, Alberte. Moitas grazas polo aviso, agora reviso a edición polo miúdo a ver que tal. Saúdos e grazas de novo!--Adorian (fálame) 22:36, 22 febreiro 2010 (UTC)

Nere blokeoa hemen berdin zait zentzurik ez baitu (zuon ume jokamoldea ez bada iritzi ezberdinak ez onartzean) eta ez nau kaltetzen, eskatzegatik, bilbotar gisa jarrita: behin betiko blokeoa izan dadila, ea horrela zuon Perter Panen sindromea baretzen duzuen. Nere lankidetza hemen Euskarazko Wikipediaren artikulua idaztera mugatzen da, eta nere asmoa jadanik burutu dut. Gero arte.

Zuon jokamoldeak zuoi bakarrik eta ez besteri ez diela kaltetzenerrepikatzen dizuet: Atobar bezalako administratzaileek galiziar askoren Portugeserazko Wikipediarako ihesa sortzen du (jada ihesaldi kasu batzuk ezagutzen ditut) Euskal Wikipediak harrapatu dizuen punturaino, eta Euskarazko Wikipediarekin duzuen harremanan, zuon jokabide berri ematekoa asmoa baidut. Zuen esku. Ongi izan.

Mi bloqueo aquí me es indiferente ya que no tienen sentido alguno (más que vuestro comportamiento infantil al no respetar opiniones diferentes) ni me perjudica, por pedir, me pondre bilbaino: que sea un bloqueo indefinido, si así calmais vuestro sindrome de Peter Pan al leer opiniones diferentes a las vuestras. Mi única colaboración aquí se limita a escribir ese artículo sobre la Wikipedia en Euskara, y ya he cumplido con mi proposito. Repito que vuestro comportamiento sólo y únicamente os perjudica a vosotros, en estos temas: los administradores como Atobar hacen que muchos galegos se fuguen a la Wikipedia Portuguesa, para escribir allí sus artículos en galego (ya conozco varios casos de fuga) hasta el punto de que la Wikipedia Vasca ya os ha alcanzado, y repercutira en vuestra relación con la Wikipedia Vasca, porque tengo intención de informar sobre vuestro comportamiento. Vosotros mismos. Ongi izan.

--Euskalduna 0:11, 23 febreiro 2010 (UTC)

Boa tarde, Alberte. A ver se tes un momento para poñer en marcha o bot é que pase todos os ligazóns externOS a ligazóns externas. Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16:41, 23 febreiro 2010 (UTC)

Dereitos do neno[editar a fonte]

Ola, Alberte. Puxemos novamente o texto dos Dereitos do neno porque non é a versión completa, senón unha adaptación moito máis sinxela.

artigos de marzo[editar a fonte]

Alberte, lembra pecha-las votacións dos artigos do mes de marzo (mañán!). Tanto Vigo como Haumea teñen xa votos suficientes. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 15:40, 28 febreiro 2010 (UTC)

  • PD. O "+28" quere dicir que os ciclos se repiten cada 28 anos. Curioso, ¿non? Pedro --Lameiro (conversa) 15:42, 28 febreiro 2010 (UTC)

petición para o bot[editar a fonte]

Boa tarde, Alberte! Vin que tes o bot a funcionar; poderías dicirlle que mude EEUU por EUA, que é a abreviatura galega? Un saudiño. --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:28, 28 febreiro 2010 (UTC)

Mover un artigo[editar a fonte]

Ola. Podías mover o artigo Bank of China Tower, polos motivos que falamos na páxina de conversa? Saúdos. --Iago dime 10:09, 2 marzo 2010 (UTC)

Traballo para o bot[editar a fonte]

Homónimos[editar a fonte]

Ola, Albert! Penso que no artigo Paradanta habería que facer un artigo de homónimos, xa que este topónimo pode facer referencia a tres elementos dferentes: a comarca, a cadea montañosa e o monte concreto. Poderías facer con este artigo o mesmo que fixeches co de Cabeza de Manzaneda para deixar espazo para o artigo de homónimos?Grazas!--Paradanta 11:15, 5 marzo 2010 (UTC)

Boa noite! Poderías dicirlle ao bot que mudase xen a xene? O singular éche así. Un millón! --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:53, 6 marzo 2010 (UTC)

EE UU/EUA[editar a fonte]

Cando a sigla representa un sintagma que se enuncia en plural, duplícanse as súas letras se está formado por dúas palabras e separaranse por un espazo: EE UU (Estados Unidos) Mais, se o sintagma estiver formado por tres ou máis palabras, a sigla formarase só coas letras iniciais: EUA (Estados Unidos de América).[5] Páx. 75. --Atobar (conversa comigo) 16:19, 6 marzo 2010 (UTC)

Boa tarde, Alberte; Non atopo lugar algún onde se determine, pero por exemplo o Atlas Xeográfico e Histórico de Galicia e do Mundo de Cumio (2009) usa EUA en diversas ocasións (para dar diversos datos históricos, fala de dólar EUA...) pero ningunha EEUU/EE.UU./EE UU. Ademais, creo que é máis adecuado incluír o "A" para especificar que son os Estados Unidos de América. Actualmente o artigo Estados Unidos redirixe aos EUA, pero antes era un artigo de seu onde falaba dos diversos países formados por unha confederación de estados. Comprendo a túa postura, claro. Mellor estar seguro. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:39, 6 marzo 2010 (UTC)

Categoría[editar a fonte]

Alberte, estou tratando de facer unha análise realista do proxecto e quero comentar a situación actual das categorías, pero xa sabes que non é o meu forte. Amais, as páxinas que atopo con información e índices ao respecto están desactualizadas (son de hai un ano). Será que non sei buscar. Pois iso, a ver se me podes informar de cantas categorías raiz temos, cantas no total dos totales e como estamos con respecto a outras wikis, sobre todo aquelas de lingua romance e as que están ao noso redor, dende a vasca até a nepalí ou grega. Todo o que me poidas dicir, benvido será. Esta mensaxe mensaxe deixeilla tamén a Xas e a Iago Pillado, porque polo que vexo sodes os tres que máis andades co asunto. Graciás de antemán. --Atobar (conversa comigo) 17:39, 8 marzo 2010 (UTC)

É dicir, que no índice temos sete categorías a partir das cales se estruturan todas as demais. E a pregunta é: en última estancia, cantou centos ou miles de categorías temos? Saberíasmo dicir? Pódese atopar nalgún lugar? Estamos ao nivel co resto das wikis, mellor, peor? Calquera dato de máis a máis, heicho agradecer ben. --Atobar (conversa comigo) 19:31, 8 marzo 2010 (UTC)

Non intúo de que vai un problema coas imaxes[editar a fonte]

Ola Alberte. É normal, inda que non frecuente, que non entenda algo sobre as imaxes, o que me sorprende é que non dou nin sequera intuído o que ocorre con Ficheiro:Cunitz Marie rtf 2a65cff3.png. A imaxe non está na Wikipedia galega (repara na pestana "crear") e non se emprega en ningún artigo. É un duplicado exacto dunha imaxe de Commons (File:Kepler-second-law.png). O sorprendente é que aparece na listaxe das imaxes sen uso da Galipedia. ¿Poderías intentar borrala, inda que non exista, a ver que pasa? Esperemos que non ocorra isto con moitas imaxes. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  19:06, 8 marzo 2010 (UTC)

Non sei, non che podo dicir porque non o entendo. Tampouco é grave, non perdas o tempo. Non debería haber imaxes seu uso na Galipedia e estaba botando unha ollada para saber por que hai tantas. Estou levando a sorprresa de que as 10 ou 20 primeiras non teñen que ver con Galicia. Tampouco pasa nada por estar aí esa imaxe, pero é moi estraño. Graciñas-- Lmbuga / Conversa comigo  19:17, 8 marzo 2010 (UTC)
Grazas de novo-- Lmbuga / Conversa comigo  19:34, 8 marzo 2010 (UTC)

Por favor[editar a fonte]

Por favor atende o expresado en http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia%3ATaboleiro_dos_administradores%2FVandalismo&action=historysubmit&diff=1461752&oldid=1345867 (esta comunicación fágolla a tódolos administradores)

Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  23:35, 8 marzo 2010 (UTC)

Grazas polas palabras que tiveches hoxe no comentario dunha imaxe da semana en que eu estaba a participar. Sabes que as túas palabras me tranquilizan porque teñen sobre min unha especial influencia (inmediatamente abandonei a páxina). Quizais sexa a influencia da confianza. Así e todo rogaríache que botases unha ollada a algunhas das últimas imaxe propostas para botar como imaxes da semana. Especialmente á do alfareiro. Se che parece inadecuada, vota en contra, aducindo calquera criterio ou algún dos que Xoacas e mais eu observamos. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  23:42, 10 marzo 2010 (UTC)

Moi boas Alberte!. Andiven a mirar as últimas edicións e vin que existan algunhas imaxes de selos. Teño unha boa colección deles dos meus anos mozos e quería preguntarte como vai o da licenzas desas imaxes e se as podería subir sen moitos problemas. Un saúdo. --Beninho 04:31, 11 marzo 2010 (UTC)

Pois teño de bastantes países, aínda que a maioría son españois. Voulle botar unha ollada ás ligazóns e poreime a subir as imaxes que poida aos poucos. Moitas grazas pola información. Un saúdo. --Beninho 23:05, 11 marzo 2010 (UTC)

Imaxe non presente en Commons[editar a fonte]

Ola, é a primeira vez que me poño en contacto con alguén, aínda que xa levo tempo colaborando coa Wikipedia. O problema ven porque a imaxe http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Escultura_Xo%C3%A1n_Pi%C3%B1eiro.JPG non aparece listada dentro de Commons cando intento engadila no artigo de Xoán Piñeiro Nogueira en español.

A pesares da licenza CC non estou seguro de se non se atopa en Commons porque realmente non a querías poñer aló (tes outras que sí están en Commons). Por iso, se a subes ti ou me dis cómo facer xa non terei problemas. Abur.--Dfreijeiro 18:32, 11 marzo 2010 (UTC)

Vandalismos[editar a fonte]

Véxovos atarefados desfacendo vandalismos absurdos. Polo que a min respecta podedes pasar de preocuparvos por iso, con todo, grazas. Os que levamos un tempo sabemos de onde poden provir (eu sei de onde exactamente proveñen). Quizais teñades razón e non sexan adecuados para a boa marcha do proxecto, pero como eu estou enleado agora en Commons e a punto de rachar con todo por falta de seriedade dos administradores de Commons, iso impórtame pouco. Sexa como sexa, grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  03:54, 15 marzo 2010 (UTC)

Teño un dato que pode ser significativo, pero non científic e nin moitomenos seguro. Do que estou convencido é de que se podería acudir á policía. Mándoche un correo máis tarde ou mañá e falamos-- Lmbuga / Conversa comigo  19:40, 16 marzo 2010 (UTC)

Historia da pintura na Prehistoria[editar a fonte]

Ola, Alberte. Vin que desfixeches a última edición de Historia da pintura na Prehistoria, feita por min. Gustaríame saber cal foi o teu criterio para facelo, porque eu tiven bastantes conflitos antes de propoñer a fusión dese artigo e a súa desaparición, pero tampouco vexo que haxa que mantelo como estaba. Xoacas(Góstache o pemento?) 21:50, 19 marzo 2010 (UTC)

Novoneyra[editar a fonte]

¡Señor, si, señor! Tomo nota e calculo que mañán poderei meterme coa túa encarga. Pero antes déixame rematar cos baldaquinos. E non deixes de mandarme as ligazóns a onde poida extraer información. Saúdos e... pa o queiras. Pedro --Lameiro (conversa) 22:20, 19 marzo 2010 (UTC)

Vandalismo[editar a fonte]

Ao parecer a nova usuaria Rakasa ayat Alien está a exercer vandalismo nas páxinas de filmes de Disney, ao introducir neles de xeito sistemático a indicación de borrado, que xa me encarguei eu de reverter. Prégoche que se podes Albert lle deas un toque de atención ou tomes medidas. Un saúdo e grazas ;) --Nonso91 23:49, 20 marzo 2010 (UTC)

Vese que tes razón a meirande parte deles están nun galego moi depauperado e en moitos casos custa entender o que se quixo dicir neles. Pero de todos os xeitos, eu acho que cun pouquiño de esforzo poden quedar ben, malia que teñamos que borrar algunhas partes, pero nunca borralos enteiramente xa que se pode aproveitar algo segundo o meu parecer. Un saúdo. --Nonso91 00:32, 21 marzo 2010 (UTC)

The Simpson Movie[editar a fonte]

Unha conta anónima, malia que semella ser o mesmo individuo que leva vandalizado as páxinas de Disney xunto coas nosas páxinas de conversa, vén de me pedir deixando pegado na miña páxina de conversa o texto de The Simpson Movie, para que cree con ese texto o artigo (cousa que en si mesmo o seu artigo non está mal se depuro os erros sintácticos, morfolóxicos e demais). Pero como vexo que xa levas borrada esa páxina moitas veces, coméntocho primeiro, se se quere se pode permitir, quitando os erros que contén, senón simplemente bloquea o usuario. Saúdos!! --Nonso91 20:12, 21 marzo 2010 (UTC)

Paréceme ben, é máis, veño de borrar o "artigo" que pegou na miña páxina de conversa. Suxíroche que, se aínda che quedan folgos [;)], antes que volva atacar bloquees o seu enderezo IP co cal me deixou iso, velaquí o tes: 68.220.174.199. Grazas Albert e ánimo! Que antes de que cansemos nós ha de cansar el, xa que non acho que poida haber persoa neste mundo que goce facendo o que el fai, e dure moito tempo. Xa cansará...Saúdo! --Nonso91 21:06, 21 marzo 2010 (UTC)


O artigo sobre a CIG ten numerosas incorrecións, o texto modificado estaba tirado da propia web da CIG, actualizando os seus principios, estrutura, organismos. O precedente insisto era obsoleto e tiña numerosos erros. Non comparto que o borrases deixando o anterior. Solicitoche que deixes o que incluin cos datos tirados da propia fonte.

Gran idea[editar a fonte]

Gran idea o do son, eu xa o tiña pensado, pero non sabía como agregalo á galipedia; gracias por mostrarme o camiño! Un saudo.--Carronada 17:10, 26 marzo 2010 (UTC)

Eucalipto (xénero) e Eucalipto azul[editar a fonte]

Ola Alberte, fai unhas semanas mudei a información do artigo Eucalipto a Eucalipto azul (o eucalipto que medra en Galicia), quedando o artigo Eucalipto referido ao xénero da especie. Unha vez eliminada a información do artigo referido ao xénero non ten sentido que sexa artigo da semana, xa que é o outro, o referido ao Eucalipto azul o que agora recolle o traballo realizado por Lameiro.--Hugo22 18:08, 26 marzo 2010 (UTC)

  • Entendo o que dis Alberte, pero o artigo que a xente votou foi o da Especie que habita en Galicia non o do xénero. A información que tan ben recopilou Lameiro referíase á especie Eucalipto azul, a que habita en Galicia. De feito unha vez feita a mudanza toda a información recollida por Lameiro atópase no outro artigo. O único que fixen foi mudar toda a información a Eucalipto azul, xa que o artigo Eucalipto a secas non tiña sentido ningún, xa que era unha mestura de dous conceptos diferentes Xénero e Especie. Sendo un pouco basto é como se creo un artigo sobre a familia Laridae (Gaivotas) e no artigo limítome unicamente a describir á Gaivota escura por exemplo. Facendo referencia ao que dis de presentalo o mes que vén ou cando sexa, dáme exactamente igual, isto non é unha carreira por ver que presenta máis artigos, se fixen a mudanza foi porque era o máis axeitado, e, segundo o meu criterio, presentar un artigo cuxa estructura mistura dous conceptos non cumpriría os requisitos mínimos de calidade que un artigo de portada debería ter.--Hugo22 18:39, 26 marzo 2010 (UTC)
    • Creo que Hugo ten toda a razón e que esta é unha ocasión excelente para poñer en práctica ese piar que recomenda saltarse as normas se for necesario para a causa. Non podo votar nin muda-lo voto, e non teño de todo claro que teña o dereito a opinar neste artigo, pero non parece ilóxico crer que, logo dos movementos de texto, o que apoiaron os votantes é o que hoxe se chama eucalipto azul. A decisión é difícil e a solución complexa, pero de algo tiña que servi-lo sentidiño, ¿non? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:46, 26 marzo 2010 (UTC)
    • Metendo o fuciño onde non me chaman: eu votei neutro ao artigo Eucalipto expresando que consideraba que debía segregarse en dous, é dicir, de ser hoxe tería votado positivo. Téñase en conta, xa que non o meu voto, si a miña opinión: a votación feita hai que considerala sobre o artigo Eucalipto azul, o outro veu logo. --Xoacas(Góstache o pemento?) 21:16, 26 marzo 2010 (UTC)

Créditos da exposición 'A ciencia ten nome de muller'[editar a fonte]

Ola.

En relación á Conversa:Créditos da exposición 'A ciencia ten nome de muller', fixen unha proposta aquí.

Chao. --HombreDHojalata conversa 22:00, 28 marzo 2010 (UTC)

Esqueciches asinar. --HombreDHojalata conversa 15:15, 29 marzo 2010 (UTC).

  • Pensei que non ía haber controversia con este tema. Desfago a mudanza, entón, aínda que non o teño nada claro. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 16:24, 29 marzo 2010 (UTC)
  • Si, estou de acordo contigo en seguir a denominación maioritaria da historiografía galega. Mais cando un lector atento comeza a ver a lista dos reis, comproba o salto de Afonso VII a Afonso IX (co Fernando II polo medio, que non ten que ver) e dirá e logo onde vai o VIII? Mais concordo. Ata o López Carreira que apunta o erro neste rei, despois usa Afonso X. Penso que deixando a nota deste salto numérico en Afonso IX (que xa está posta), chega (polo menos, mentres así sigan nomeando os historiadores galegos). Saúdos e saúde. --Xoán Carlos Fraga 16:43, 29 marzo 2010 (UTC)